A verdade sobre o meu despido

Levo máis dun mes sopesando se escribir isto e como enfocalo en caso de facelo. Dende hai algunhas noites desperto con retazos para este post e non consigo quedarme novamente durmida. Por iso, porque quero voltar a durmir con normalidade necesito contar como foron os despidos de Diego e meu.
Todo comezou a mediados de Xullo cando Pablo García nos anunciou que se ían producir despidos, e que, tíñamos todas as papeletas, unha sorte a verdade!

Cando mo notificou tiven unha sensación moi rara, non era dor, era alivio, sentinme aliviada. Dende que entrara Pachi Vázquez na Secretaría Xeral as cousas na Rúa do Pino cambiaran moito para Diego, para min, e, para outras persoas que non vou mencionar por respeto a elas. Dende o primeiro momento, Pablo García baixo o mandato de Pachi nos fixo a vida, cando menos, complicada, nos retirou funcións, nos apartou, restrinxiunos o acceso aos censos e a toda a documentación, fíxolle unha auditoría informática a Diego, todo isto complicaba o traballo. E facíache sentir mal, moi mal porque levábamos moito traballado polo PSdeG, moitos quilómetros feitos e moitas horas roubadas ao sono, era doloroso.

Pachi Vázquez trouxo a súa propia xente, algo que me parece ata lóxico, a dicir verdade. Trouxo ao Xefe de Gabinete, ao Xefe de Prensa, un chofer, dúas persoas máis para prensa, unha secretaria, dous asesores, un encargado para xestionarlle as redes sociais e unha persoa para estar nos actos. No Pino tamén se quedou con Teresa e Agustín, como secretaria e chofer respectivamente. En total chegou a ter ao seu servizo exclusivamente ata dez persoas, máis dos que traballábamos para o Partido. Sobra dicir que, a maioría deles, non militantes. Coa chegada da crise mandou marchar aos dous asesores, ao rapaz que lle xestiona as redes sociais e a rapaza que tiña para os actos.

Cando Pablo falou conmigo argumentoume que era por causas económicas, “non hai cartos”, me repetía continuamente. A conversación entraba en “bucle” porque eu lle argumentaba,e non porque non quixera que me despediran senón para que me recoñecera a verdade dos nosos despidos,o seguinte:”se é por unha cuestión económica, o máis lóxico sería que comezaras polas xubilacións, Moas ten 74 anos, a vida resolta e pode xubilarse, e, senón queres xubilar a Moas entón comeza polos contratos temporais que comezaron despois ca Diego e ca min, que son en total cinco persoas do gabinete de Pachi” pero no, iso tampouco lles valía, esas persoas eran necesarias. Nun momento da conversación eu lle cheguei a dicir, “neste momento hai seis persoas para prensa e Polítca Municipal se queda sen ninguén, agora, neste momento que os compañeiros e compañeiras están aterrizando nos Concellos e, moitos deles, por primeira vez” ao que Pablo me respostou “podemos prescindir dalguén para Política Municipal pero necesitamos a todos os da prensa….xa buscaremos a alguén que o xestione” doeume tanto, tanto, que sentín unha patada no estómago e me botei a chorar, foi o único momento neste proceso que chorei por dor, non por min, polo desprezo aos compañeiros e compañeiras que andan polos concellos adiante.

A primeira carta de despido era un despropósito, mal redactada, sen sentido, na que poñía “ por desavenenzas de la dirección con el trabajador, sin que estas sean imputables ni causa del mismo…. Procedemos a su despido”. Diego e eu non a asinamos, por iso non teño copia para mostrárbola. Fomos a xunta Pablo a preguntarlle se nos estaban “puteando”, e, procederon a redactar a actual que dispón: “(…) Las causas que determinan la extinción de su contrato de trabajo son de carácter organizativo (…), como usted bien sabe, en los dos últimos meses se han reíncorporado a la plantilla (…) tres tabrajadores que se hallaban en situación de Excencia Forzosa (…) ello ha provocado duplicidad de personal contratado con las mismas o similares funciones.
Reconociendo la improcedencia del despido ponemos a su disposición desde este momento (…)

Trátase dun despido improcedente recoñecido, convertible en despido NULO, xa que, o que se argumenta é que, pola incorporación de compañeiros que desempeñan iguais ou similares funcións …., e, iso non é certo, os compañeiros que se incorporan son Blas,que nunca saíu do Pino, co cal xa tiña as súas funcións propias, e, nunca chocarón coas nosas. Teresa que cobraba da Deputación de Lugo,  e que, é a secretaria de Pachi,polo tanto, xa estaba tamén no Pino; e, Javi que xa viña unha vez a semana e leva a contabilidade. Por tanto de funcións similares nada de nada, xa que eu estaba en PolÍtica Municipal e actos, e Diego era o informático, entre outras moitas cousas.

Diego e eu decidimos renunciar a acudir ao Procedemento Xudicial; en primeiro lugar porque quen ía pagar as consecuencias non serían nin Pachi nin Pablo senón o Partido, e, en segundo porque o despido NULO implicaría voltar para o Pino e ningún dos dous queremos iso.

Durante o proceso, unha das persoas que ten unha alta responsabilidade no Partido nos dixo claramente (e ademais temos probas): “o voso foi un por mis cojones …”. Pois vale, a min  gustaríame que non se buscasen excusas estúpidas, eu sei perfectamente que lle caio mal a Pachi e as súas “mans dereitas” porque son amiga de Lage, de Mar, de Iván, de XSG…; son consciente, e, o sensato sería que Pachi viñese a onda min e me dixera: “mira, non te soporto, me caes mal, e non quero verte diante, por eso te vou a despedir…”. Eu pensaría “ole tus narices…” e nunca escribiría isto, pero o certo é que, Pachi despedíu a dous dos seus traballadores e non tivo a coraxe nin de falar connosco nin de mirarnos á cara, e,  iso non está ben, nada ben, para un dirixente dun partido SOCIALISTA e OBRERO.

Pachi é rico, xa lle ven de cuna (según din), Diego e eu somos fillos de obreiros, emigrantes, xente traballadora e moi honrada, que nunca lle fixeron mal a ninguén, e menos, conscientemente; sempre poderemos decir isto. Sempre poderemos ir coa cabeza alta e mirando aos ollos porque non entramos na Rúa do Pino por ser do Carballiño, amigo dun familiar de Pachi, irmán de …, marido de …, prima de …, entramos polos nosos méritos e saímos con eses méritos reforzados e a dignidade intácta.

Marchei triste polo trato dispensado, e que creo que non o mereciamos; pero no fondo tamén contenta e coa cabeza alta, porque sei que nestes catro anos cumplín coa miña responsabilidade e tratei a todos os compañeiros e compañeiras o mellor que sabía e podía, sen discriminar a ninguén. E tamén poido decir que coñecín a moitas persoas estupendas e maravillosas que traballan diariamente polo Partido Socialista, moitas veces poniendo cartos do seu bolsillo e perdendo tempo de estar coa súa familia. Esas son as persoas que realmente valen a pena, e polas que ten sentido ser socialista.

O Alcalde de Mazaricos: ignorancia masiva ou moito morro?

Acabo de ler o seguinte : «El regidor de Mazaricos, José Manuel Santos Maneiro, reconoció que para los próximos cuatro años tienen un reto muy importante, como es la creación de empleo. En este sentido, la intención del grupo de gobierno entrante es la construcción de una planta de biomasa. También prevé rematar el PXOM y el polígono industrial».

Despois de ler isto xa non sei que pensar, pero polo de pronto teño dúas opcións:

  1. Que o alcalde pensa que os/as Mazariquenses son todos/as igual de tontos/as, ignorantes ou parvos/as…
  2. Que o alcaldable está de coña…

Resulta que Santos Maneiro promete traer emprego para Mazaricos, cunha planta de Biomasa, o PXOM e o Polígono Industrial, pero, Señor Alcalde, leva vostede prometendo esto mesmo dende fai anos e anos, por que non o fixo ata o de agora? por que o volta  a prometer?   Sinceiramente, despois de 16 anos na Alcaldía deulle tempo a facer o PXOM, o Polígono Industrial, traer 10 plantas de Biomasa, e de mil cousas máis, e, se non o fixo en épocas de bonanza como vamos a crer que as vai facer agora? É tomarnos por tontos/as…

Como xa comentei en anteriores ocasións de vez en cando miro un pouquiño, aínda que con moita dificultade porque ao non estar no Concello investigar sempre resulta moito máis complicado, para ver como andan todas esas promesas.

  • Sobre a central de BIOMASA; en xuño do 2010 a Xunta de Galicia fixo unha preseleción de 12 anteproxectos, entre eles o presentado por Enel Unión Fenosa Renovables para Mazaricos, deso fai xa case un aniño, e, daquela a Conselleira xa dixera textualmente «larga tramitación administrativa que no garantiza, en absoluto, que se obtenga la autorización para su puesta en marcha», e, cada quen que  interprete isto como queira…pero bueno tamén é certo que o Señor Alcalde nos pode explicar como está o tema…
  • Sobre o Polígono Industrial, este tema a min particularmente paréceme de «coña», cantos anos se leva a voltas con este proxecto?  eu xa nin me lembro…pero sei que no 2002 se fixeron as canalizacións da auga, de modo que as expropiacións foron moi anteriores. Pois ben, que sabemos desto? pouco, hai por aí un  Plan de Sectorización do Polígono 1- Sector -2, realizado por ESPOAGRO con data de outubro de 2009, pero bueno tamén é certo que o Señor Alcalde nos pode explicar como está o tema…
  •  Sobre o PXOM, outro proxecto que leva anos e anos as voltas nos despachos,  pois ben,  saberedes que hai unha Adxudicación definitiva do Contrato de Administrativo para a redacción do PXOM, realizado en decembro de 2008, e que se adxudicou pola friolera de 140.580 €, pero bueno tamén é certo que o Señor Alcalde nos pode explicar como está o tema…

Todo esto o sei obviamente porque teño a documentación, pero por suposto, o ideal sería que o Señor Alcalde nos explique el mesmo coa súa documentación como se atopan realmente estes proxectos…e, dado que xa levan comezados dende fai anos e anos sería dun «nefasto xestor» non rematalos dunha vez e poñelos en marcha, por tanto, pouco mérito ten o que anda a «requeteprometer» cando xa pasaron 16 anos da súa entrada no Concello…

En canto ao tema do PSdeG en Mazaricos e a situación na que quedamos agora…pois máis adiante o reflexionarei, só podo dicir que, durante un momento vin cambio en Mazaricos pero esfumouse!!!

P.A.M

Ir a todos os enterros non é suficiente para ser un bo Alcalde

Fai dous meses empadroeime en Ames porque é ahí onde vivo, polo tanto, xa non son veciña de Mazaricos, alúmenos no sentido «legal» da palabra, aínda que, si veciña de «morriña».

Onte cando íamos para a casa escoitanto, como todos os días HORA 25 na Cadena Ser, de repente soa o nome de Mazaricos.  MAZARICOS en HORA 25, diredes que estou tola pero sentín emoción, sentín emoción porque o que foi o meu concello é un lugar esquencido e descoñecido. Cantas veces teño explicado onde está Mazaricos, pois moitas, cando estaba na Universidade a cada un que coñecía lle tiña que explicar onde era, cando se achegaban os rapaces a ligar  o mesmo, cando traballaba en Pontevedra, cando comecei no partido…, levo anos e anos ubicando un concello de todo «anónimo», e agora sae en HORA 25 por un caso de «corrupción», seino, pero, aínda así me fai sentir algo por dentro.

Mazaricos é un concello que se está a empobrecer considerablemente e non precisamente polas súas xentes senón polas malas xestións que se veñen encadeando dende fai tempo. Perde poboación a pasos axigantados, non hai tecido industrial nin empresarial, non hai unha rede de servizos sociais, non hai un Plan Xeral, non hai tecnolóxia, non hai Policía Local, non hai servizo de urxencias, non hai unha infraestructura comercial, non hai oportunidades, non hai futuro, pero agora saímos nos medios non polo que non temos senón polo que presuntamente si hai, falsedade documental, cohecho, prevaricación. Pero, os medios de comunicación non se dan conta de que estos son delitos de concellos ricos e con progreso?

Goberna José Manuel Santos, que é do PP,  dende fai dezaseis anos con maioría absoluta, é unha boa persoa, vai a todos os enterros, funerais e eventos nos que se require a súa presenza,  nunca che di que non a nada do que lle pides, sempre che saúda e fala contigo, che paga a ronda no bar e ten un bo xesto, pero, iso non é suficiente para ser un bo alcalde, e, parece que en Mazaricos ninguén se quixo dar conta alúmenos ata hoxe.

E por que digo isto? pois porque lendo os comentarios de La Voz de Galicia doume conta de que hai máis xente que pensa coma min, que sinte pena e tristeza por todo o que está a pasar. Por iso nun día como o de hoxe quero reproducir o que din algunhas xentes de  Mazaricos, e que, explica porque a maioría dos rapaces e rapazas nos tivemos que ir, porqué en Mazaricos non hai futuro.

«Boas tardes, son do ayuntamento de Mazaricos. Nun día coma hoxe dame vergoña decir isto. Aínda que hai que admitir que iba sendo tempo que pasara algo neste concello, as razóns verán explicada máis para diante. Eu abandonei o C.P.I. A Picota fai 2 anos e non podo crer ese colexio estivera completamente descoidado, nunhas circunstancia que son de todo menos favorables para o estudo de menores de idade que en moitos casos queren facer algo da súa vida. Aínda me acordo como se fora onte: Se ibas polos pasillos e sen querer lle tocabas a un asulejo este inmediatamente caía. As fosas sépticas dos baños estaban rotas e coma isto moito máis… E que fai o alcalde? Nada mellor que facer un parque xusto diante da gasolinera do Pino do Val. Podemos ubicar esta zona para os nenos afastada. Nun sei en que condicións estará o colexio primario do Pino do Val, pero non pode estar en mellor condicións e con moitas necesidades dun parque infantil. Por outra banda está aí o lugar onde vivo, que por circunstancias non quero decir onde queda ubicado. O que si podo decir que estamos no Siglo XXI e que aínda non temos teléfono por cable, que me parece unha vergoña. Eu, que son estudante de Bacherelato, non podo acceder a Internet por culpa de non ter teléfono por cable. Ademáis que lle pedias un favor imprescindible para o teu lugar, ou simplemente para o teu benestar na túa vila, e claro que este señor non che iba decir que non, pero nunca chegaba a realizar esa promesa. Desde o meu punto de vista a maior culpa non é deste tan respetado señor en Mazaricos. A culpa é dos cidadans que o botan. Fai tempo sabemos que o noso querido aiuntamento ten moitas débedas pero coma sempre calamos a boca…e aínda máis, nos como monos aplaudímoslle a súa corrupción! Non sei a donde queremos chegar con isto… Como xa dixen, son de Mazaricos, e nun día coma hoxe dame vergoña dicilo»

«Por fin chegou algo de legalidade a este pobo!!!porque con 16 anos de alcaldia sabiao todo mundo menos a xustiza(seria porque non lle interesaba).»

«O parecer ser un dos alcaldes imputados e o noso, o de Mazaricos, basicamente e unha vergonza para nos porque coma quen di solo se nos reconoce por causas malas, por noticias drásticas»

«decian todos,non e bo alcalde pro e tan boa persona…como podian decir eso mentras os nosos fillos caian nos buratos do chan do parque»infantil»,cando o colexio ten que ser pintado polos rapaces,cando temos un supercampo de futbol para os concelleiros no que alumian uns proyectores toda a noite cara o cesdped e sen embargo o colexio ten a calefaccion racionada.Seamos honestos é un autentico sinverguenza.»

A min xamais me dará vergoña decir que son de Mazaricos, só unha gran pena.

P.A.M

«Quérome ire»

«Quérome ire e quérome ire e para onde non o sei,

céganme os ollos a brétema para onde hei de coller,

nacougo cunha inquietude que non me deixa vivir,

quero e non sei que quero que todo é igual para min,

quérome ire e quérome ire e para onde non o sei,

quérome ire din os que a morrer van,

hai quen anda a fuxir da morte e a morte con eles vai…»

Quérome ire de Uxía

Esta é unha canción que me impactou fai moitos anos, e, hoxe sen saber porque, voltou a miña cabeza, é triste e maravillosa.

P.A.M

Hoxe decidín celebrar o «día da muller traballadora»

Onte tivemos enterro. Ultimamente os Domingos estanse a converter en días de ir a misa para min, e non precisamente porque eu sexa de misa de Domingo, senón porque coincídeme de termos traballo na funeraria en fin de semana, que é cando estou eu.

Morreu a Señora Magdalena, que era unha veciña de onde nacín eu, na Gris (Negreira), unha moi pequeniña aldea, de seis casas de veciños, moi ben levados, bueno todos menos un, os de San porque o fillo solteiro que quedou na casa é un túzaro. Sra. Magdalena tiña 96 anos, e, como se di na miña zona » a ninquen nos gusta dar os nosos, pero foi nunha edá moi bonita».  A Sra. Magdalena, ao parecer levaba dous días despedindo, e, miña tía Lusdivina (Mari Luz segundo o carné de identidade), non sei porque pero estaba na casa acompañando aos familiares neste momento,  contounos que a familia da moribunda chamou ao cura, supoño que para darlle a «Extrema Unción» (extremaución), e mentres a Sra. agonizaba nos seus últimos momentos, o párroco  non paraba de repetir as fermosas frases de «que Dios che acolla»,» que vaias aos ceos», «recemos para que ….», e cousas polo estilo.  Miña tía ofendeuse moito, ela tamén digamos que é un pouquichiño «herexe», e, como ten a teoría de que se oe todo ata o mesmo momento en que morres, seguramente a Sra. Magdalena estaba a escoitar todo, e, dado que estaba inconsciente dende facía días, nese momento foi plenamente consciente, gracias ao noso cura, de que chegara a súa morte. Total, que miña tía é un pouco, digamos….sincera, e xa lle espetou ao cura onte, que non lle parecera nada ben o que fixera , ao final tivo «gresca» con el, miña tía que é así..

Cando chegamos a igrexa, sorprendéronme unhas voces, voces fimininas, algo excepcional. Eu non sei como se fai nas vosas parroquias, pero, nas que eu frecuento, para os enterros, funerais e misas, van cantar sempre o que lle chamamos os «cantores, que veñen sendo un ou dous homes, cun órgano e un par de voces. Sempre homes, sempre alúmenos dende que eu recordo; digamos que este é un gremio practicamente masculino por onde eu me criei. De aí que me sorprendera escoitar voces de mulleres, pois si, cando entramos comprobei que se trataban de dúas rapazas duns 19 anos que se acompañaban dun órgano. Resultoume chocante pero ao mesmo tempo grato, acabábase de romper unha hexemonía masculina dentro da parafernaria da igrexa, non é algo progre pero alúmenos é algo diferente.

E, como xa sabedes, eu non fun partidaria de celebrar o «día da muller traballadora» porque creo que hai cousas que non se deberían ter que celebrar cando non hai un motivo, eu hoxe si teño un motivo para facelo, e por iso hoxe celebro o día da muller, hoxe si, e fareino cada vez que vexa algún avance ou diferenciación por pequena que sexa.

«Hai que ver no que nos convertimos»

Penso que nunca vos falei do que vou contar agora.

Eu, como xa sabedes, nacín nunha familia humilde que  pouco a pouco foi «facendo vida», meu pai comezou como camionero e co paso do tempo montamos un almacén de abonos, materiais de construción, etc, pero un día de xa fai bastantes anos xurdiunos a oportunidade de comprar un novo negocio, trátase dunha funeraria, si … dunha funeraria. Hai moita xente a que lle da «repelús» este tema pero dígovos que a todo te acostumas, a todo menos á tristeza e a dor dos demais.

A min de vez en cando, como é lóxico, tócame o traballo de «amortaxar» a algún defunto. A fin de semana pasada, sen ir máis lonxe, fomos miña nai, meu pai e máis eu á morgue do Gil Casares a recoller un morto. Chegamos alí, a morgue é pequena, triste, ruinosa e penosa; sacámolo da nevera na que estaba e cando abrimos o sudario meu pai só puido expresar: «hai que ver no que nos convertimos».  É certo, cando te enfrentas a un corpo inerte, desnudo e indefenso, pasan pola túa cabeza centos de cousas. O primeiro sentimento é de profunda lástima, e logo chega a compasión e incluso a dor por ese ser que apenas coñeces pero que agora está a túa «merced».

Neste momento pensas, por que as veces seremos tan crueles cos demais? Por que nos gusta facer dano intencionadamente? Por que nos encanta cotillear e xulgar sen coñecer?  Se ao final só vamos a ser un corpo desnudo, inerte e frío nas mans doutras persoas.

A min, particularmente, sempre me «jodeu» moitísimo que me tacharan de «pija» sen coñecerme. Só polo feito de que me gusta arreglarme, maquillarme e vestir dunha determinada maneira, e, máis aínda cando se utiliza como un mero insulto, porque calquera persoa que me coñece sabe que non o son. E, non o son por unha sinxela razón, cando era adolescente non o fun porque non me podía permitir ese luxo, xa que me mantiña a miña familia, e dende logo era demasiado humilde para poder eu aspirar a ser «pija». E, agora de maior, e sendo independente, segue sendo un luxo que non me podo permitir, xa que os meus ingresos non me dan para costearme unha vida de «pija».

Pero con todo, sei que hai xente que cando non ten un motivo ou outro tipo de descalificativo tira deste tan socorrido, e que como ben comprederedes a estas alturas da miña vida me «resbala» bastante.

E diredes, e a que se debe todo isto? Pois a nada, sinxelamente a que me apetecía liberarme desta etiqueta, e a que só me gustaría que o día que se abra o meu sudario alguén sinta a suficiente compasión como para decir con lástima «hai que ver no que nos convertimos».

P.A.M

O video censurado de Feijoo, pero dende outro punto de vista

Teño que confesarvos que eu deste video censurado polo PP, faime máis gracia os comentaristas que o propio Feijóo, e mira que é difícil a cousa.

Estanme encantando as réplicas dos «chavales», eu creo que son uns inflitrados.

Exemplos:

Di o PRESIDENTE :» queriamos ver o futuro de Galicia e futuro de Galicia está aquí»

Resposta dos CHAVALES: » mecajoendios, vas bo, vas bo…»

PRESIDENTE: -Despois de mofarse do PSOE e do BNG- espeta: » Pero como nos como non somos nin do PSOE nin nacionalistas non falamos mal de ninguén»

Resposta dos CHAVALES: «Nada….noooooooo apenas»

E, a partires deste momento é cando o Presidente empeza no seu papel de » chulo – baboso» de Discoteca intentando ligar coa tal María en CASTELLANO, porque é máis fisno claro, pero os chavales xa debían estar un pouco pasadiños, ou non, e empezan a corear, insistindo,  «en injles, en injles….».  Bueno, salvo un que é o que di,  -dende o meu punto de vista do máis razonable-: » Un sinverjuenza, un payaso, había que reventarlle a cara polas tonterías que di oooohhh,saca «dahi» cala a boca ohhh»

Siguen: » En Injles, en Injles…, trilinjuismo, pois veña»

Bueno, a verdade, entre Feijóo e os chavales eu sen dúbida quedome cos últimos.

P.A.M

Orgullosa da Secretaría de Política Municipal

Mar Barcón colleu a Secretaría de Política Munipal fai xa case un aniño. Dende entón as cousas foron pouco a pouco cambiando, paeseniñamente.

Eu levo nesta Secretaría pois, a verdade non me lembro moi ben, sobre seis meses dunha forma intensiva. E, teño que decir que me sinto moi orgullosa do traballo que se está a desenrolar. Mar rodeouse, dende o meu punto de vista, dun bo equipo:Blas que se encarga do Boletín de Política Municipal e de deseñar os Boletíns para as agrupacións, xunto con Javi Carnota -encargado das entrevistas-, Nachete -recopilando novas-, Víctor – para o que faga falta- e eu que lle boto unha man cando podo.  Nachete é o autor do Blog, que lle quedou como un pincel, e no que tamén colabora Blas aportando os videos, porque é el tamén o que se encarga de gravar os videos, cortalos, editalos…-entre nós, encántalle todo o que ten que ver coa imaxe-,digamos que é o «debuxante» das ferramentas.

E, logo está o Banco Muncipal de Prácticas Socialistas, no que máis participo eu.

Todas elas son unha base moi importante para coñecer mellor aos nosos compañeiros, e que Mar quixo impulsar dende un primeiro momento.

Estos días, por exemplo,  estivemos gravando varias entrevistas, Víctor, Blas e eu collemos o coche, e cando pode acompañannos tamén Mar e Dieguiño, a cámara de video, os micros e a cámara de fotos e alá nos vamos a coñecer como traballan os compañeiros e compañeiras, serveunos para estar co alcalde de Negreira, coa alcaldesa de Portomarín e cos concelleiros da Pobra do Caramiñal.

Aínda que, sexa como sexa, todas estas ferramentas non poderían existir sin a colaboración de tod@s e tod@s @s que participades «no» e «do» proxecto.

P.A.M

El mundo y sus estúpidas contradicciones

Hoy es uno de esos días en que no salgo de mi asombro. Noticia que leo, veo o escucho me perpleja más. ¿Qué está pasando, el mundo se ha vuelto del revés?.

Telecinco, ABC, Público, El País: «El vocal de Seguridad Vial, presidente de Nuevas Generaciones del Partido Popular, Nacho Uriarte dimite al ser ‘cazado’ borracho al volante«. Bien, bien, bien. Que cosas tiene la vida, ya es mala suerte que el día que sales y te chuzas tengas un accidente y tráfico te haga el control…Supongo que en ese momento piensas:  « Le voy a decir al picoleto este: ¿acaso no sabes quién soy?, soy el vocal de seguridad vial del PP», pero claro, eso no te exime de la multa, con lo cual reflexionas de nuevo: «sabiendo lo que me prima tomarme los cubatas con Borja Mari, y Pocholina, por qué coño no habré elegido la Comisión Mixta Congreso-Senado para el estudio del problemas de las Drogas, que de esta seguro que no tengo que dimitir, jo».

ABC, Público, Cadena Ser, El País: » El presidente de la Generalitat valenciana, Francisco Camps, cuyo sueldo anual asciende a 79.546 euros, asegura en la declaración de bienes y actividades publicada ayer por las Cortes autonómicas que es propietario junto a su esposa de un piso en Valencia con un valor catastral de 110.339 euros, que dispone de una cuenta bancaria propia con 905 euros de saldo y tiene un coche con una antigüedad de 15 años»:  SEÑOR CAMPS DIMITA USTED POR INCOMPETENTE!! Yo, mileurista, de una familia humilde, mujer (por lo tanto con un salario el 25% inferior al de los varones), más joven que usted y desde luego con amigos no tan ricos como los suyos; leñe! tengo casi tanto patrimonio como usted!!!, lo que me demuestra que es un pésimo GESTOR, porque si con todo lo que gana no es capaz de conseguir más en la vida, está claro que no sirve como Presidente de una Comunidad Autónoma. Es decir, en proporción,yo y miles de mileuristas como yo, seríamos infinitamente mejores Presidentes de la Generalitat que usted porque conseguimos tener lo mismo con una setenta y novena parte de lo que usted gana.

El País, ABC, La Voz de Galicia: » El arzobispo de Toledo, Braulio Rodríguez, ha cesado al cura párroco de las localidades de Noez y Totanés, que podría haberse gastado unos 17.000 euros en líneas eróticas, páginas de contenido sexual«.  El colmo de los colmos, porque además ABC (periódico nada sospechoso), añade el siguiente titular «Un cura abierto a todo excepto al sado». Analicemos esto fríamente. Resulta que el chiquito se anunciaba como gigoló, haciendo hincapié en sus dotes varoniles, -digámoslo así-, y con un precio, pues oye, dentro de lo razonable, entre 50€ y 120€. Pues bien, mi conclusión es: » que malo debía ser el pobre en eso de las artes amatorias porque a pesar de sus dimensiones y asequibilidad aún tuvo que tirar del cepillo para consumir….», si es que tanto Seminario no puede ser bueno, pobrecito, si es que eso le pasa por no haber hecho las prácticas de empresa antes de empezar a trabajar como indefinido…

TVG, La Voz de Galicia, Xornal de Galicia, El Correo Gallego:: «Zapatero podría ser gallego en el sentido peyorativo» y a continuación añado » La diputada pidió a La Voz que la gente tenga «sentido del humor» ante una expresión que ya había usado antes»  Sra. Rosa Díez, los gallegos tenemos un gran sentido del humor, es más somos conocidos por nuestra retranca, así que no se preocupe porque cuando nos venga a pedir el voto a Galicia, nos reiremos en su cara en el más amplio sentido peyorativo de la expresión.

Y, os preguntareis, por qué este post está en castellano si yo siempre escribo en gallego, pues porque a veces uno mismo puede caer en sus propias contradicciones sin que resulten estúpidas o descalificativas.

 

P.A.M

«Algo pequeñito, algo chiquitito»

Levo moito tempo sen escribir, porque normalmente gústame facelo sobre algo que me chama especialmente a atención, ese algo chegou….,eso sí, é «Algo pequeñito, algo chiquitito».

Eu, que non son nada partidaria dos concursos, que non me soen gustar as cancións nacidas para festivais,que me aburren os realitys, de repente chegou algo que me fixo pararme a escoitar, trátase da canción que vai representar a España en Eurovisión, pareceume dulce, difente, gustame porque é orixinal, e, para min eso xa significa algo máis, e por iso queria compartila.

Vamos, que este ano, alomellor ata vexo Eurovisión e todo…

P.A.M


Post máis vistos

abril 2024
L M X J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Páginas