Archivo para 9 septiembre 2011

A verdade sobre o meu despido

Levo máis dun mes sopesando se escribir isto e como enfocalo en caso de facelo. Dende hai algunhas noites desperto con retazos para este post e non consigo quedarme novamente durmida. Por iso, porque quero voltar a durmir con normalidade necesito contar como foron os despidos de Diego e meu.
Todo comezou a mediados de Xullo cando Pablo García nos anunciou que se ían producir despidos, e que, tíñamos todas as papeletas, unha sorte a verdade!

Cando mo notificou tiven unha sensación moi rara, non era dor, era alivio, sentinme aliviada. Dende que entrara Pachi Vázquez na Secretaría Xeral as cousas na Rúa do Pino cambiaran moito para Diego, para min, e, para outras persoas que non vou mencionar por respeto a elas. Dende o primeiro momento, Pablo García baixo o mandato de Pachi nos fixo a vida, cando menos, complicada, nos retirou funcións, nos apartou, restrinxiunos o acceso aos censos e a toda a documentación, fíxolle unha auditoría informática a Diego, todo isto complicaba o traballo. E facíache sentir mal, moi mal porque levábamos moito traballado polo PSdeG, moitos quilómetros feitos e moitas horas roubadas ao sono, era doloroso.

Pachi Vázquez trouxo a súa propia xente, algo que me parece ata lóxico, a dicir verdade. Trouxo ao Xefe de Gabinete, ao Xefe de Prensa, un chofer, dúas persoas máis para prensa, unha secretaria, dous asesores, un encargado para xestionarlle as redes sociais e unha persoa para estar nos actos. No Pino tamén se quedou con Teresa e Agustín, como secretaria e chofer respectivamente. En total chegou a ter ao seu servizo exclusivamente ata dez persoas, máis dos que traballábamos para o Partido. Sobra dicir que, a maioría deles, non militantes. Coa chegada da crise mandou marchar aos dous asesores, ao rapaz que lle xestiona as redes sociais e a rapaza que tiña para os actos.

Cando Pablo falou conmigo argumentoume que era por causas económicas, “non hai cartos”, me repetía continuamente. A conversación entraba en “bucle” porque eu lle argumentaba,e non porque non quixera que me despediran senón para que me recoñecera a verdade dos nosos despidos,o seguinte:”se é por unha cuestión económica, o máis lóxico sería que comezaras polas xubilacións, Moas ten 74 anos, a vida resolta e pode xubilarse, e, senón queres xubilar a Moas entón comeza polos contratos temporais que comezaron despois ca Diego e ca min, que son en total cinco persoas do gabinete de Pachi” pero no, iso tampouco lles valía, esas persoas eran necesarias. Nun momento da conversación eu lle cheguei a dicir, “neste momento hai seis persoas para prensa e Polítca Municipal se queda sen ninguén, agora, neste momento que os compañeiros e compañeiras están aterrizando nos Concellos e, moitos deles, por primeira vez” ao que Pablo me respostou “podemos prescindir dalguén para Política Municipal pero necesitamos a todos os da prensa….xa buscaremos a alguén que o xestione” doeume tanto, tanto, que sentín unha patada no estómago e me botei a chorar, foi o único momento neste proceso que chorei por dor, non por min, polo desprezo aos compañeiros e compañeiras que andan polos concellos adiante.

A primeira carta de despido era un despropósito, mal redactada, sen sentido, na que poñía “ por desavenenzas de la dirección con el trabajador, sin que estas sean imputables ni causa del mismo…. Procedemos a su despido”. Diego e eu non a asinamos, por iso non teño copia para mostrárbola. Fomos a xunta Pablo a preguntarlle se nos estaban “puteando”, e, procederon a redactar a actual que dispón: “(…) Las causas que determinan la extinción de su contrato de trabajo son de carácter organizativo (…), como usted bien sabe, en los dos últimos meses se han reíncorporado a la plantilla (…) tres tabrajadores que se hallaban en situación de Excencia Forzosa (…) ello ha provocado duplicidad de personal contratado con las mismas o similares funciones.
Reconociendo la improcedencia del despido ponemos a su disposición desde este momento (…)

Trátase dun despido improcedente recoñecido, convertible en despido NULO, xa que, o que se argumenta é que, pola incorporación de compañeiros que desempeñan iguais ou similares funcións …., e, iso non é certo, os compañeiros que se incorporan son Blas,que nunca saíu do Pino, co cal xa tiña as súas funcións propias, e, nunca chocarón coas nosas. Teresa que cobraba da Deputación de Lugo,  e que, é a secretaria de Pachi,polo tanto, xa estaba tamén no Pino; e, Javi que xa viña unha vez a semana e leva a contabilidade. Por tanto de funcións similares nada de nada, xa que eu estaba en PolÍtica Municipal e actos, e Diego era o informático, entre outras moitas cousas.

Diego e eu decidimos renunciar a acudir ao Procedemento Xudicial; en primeiro lugar porque quen ía pagar as consecuencias non serían nin Pachi nin Pablo senón o Partido, e, en segundo porque o despido NULO implicaría voltar para o Pino e ningún dos dous queremos iso.

Durante o proceso, unha das persoas que ten unha alta responsabilidade no Partido nos dixo claramente (e ademais temos probas): “o voso foi un por mis cojones …”. Pois vale, a min  gustaríame que non se buscasen excusas estúpidas, eu sei perfectamente que lle caio mal a Pachi e as súas “mans dereitas” porque son amiga de Lage, de Mar, de Iván, de XSG…; son consciente, e, o sensato sería que Pachi viñese a onda min e me dixera: “mira, non te soporto, me caes mal, e non quero verte diante, por eso te vou a despedir…”. Eu pensaría “ole tus narices…” e nunca escribiría isto, pero o certo é que, Pachi despedíu a dous dos seus traballadores e non tivo a coraxe nin de falar connosco nin de mirarnos á cara, e,  iso non está ben, nada ben, para un dirixente dun partido SOCIALISTA e OBRERO.

Pachi é rico, xa lle ven de cuna (según din), Diego e eu somos fillos de obreiros, emigrantes, xente traballadora e moi honrada, que nunca lle fixeron mal a ninguén, e menos, conscientemente; sempre poderemos decir isto. Sempre poderemos ir coa cabeza alta e mirando aos ollos porque non entramos na Rúa do Pino por ser do Carballiño, amigo dun familiar de Pachi, irmán de …, marido de …, prima de …, entramos polos nosos méritos e saímos con eses méritos reforzados e a dignidade intácta.

Marchei triste polo trato dispensado, e que creo que non o mereciamos; pero no fondo tamén contenta e coa cabeza alta, porque sei que nestes catro anos cumplín coa miña responsabilidade e tratei a todos os compañeiros e compañeiras o mellor que sabía e podía, sen discriminar a ninguén. E tamén poido decir que coñecín a moitas persoas estupendas e maravillosas que traballan diariamente polo Partido Socialista, moitas veces poniendo cartos do seu bolsillo e perdendo tempo de estar coa súa familia. Esas son as persoas que realmente valen a pena, e polas que ten sentido ser socialista.


Post máis vistos

septiembre 2011
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Páginas