Archive for the 'PSdeG-PSOE' Category

A verdade sobre o meu despido

Levo máis dun mes sopesando se escribir isto e como enfocalo en caso de facelo. Dende hai algunhas noites desperto con retazos para este post e non consigo quedarme novamente durmida. Por iso, porque quero voltar a durmir con normalidade necesito contar como foron os despidos de Diego e meu.
Todo comezou a mediados de Xullo cando Pablo García nos anunciou que se ían producir despidos, e que, tíñamos todas as papeletas, unha sorte a verdade!

Cando mo notificou tiven unha sensación moi rara, non era dor, era alivio, sentinme aliviada. Dende que entrara Pachi Vázquez na Secretaría Xeral as cousas na Rúa do Pino cambiaran moito para Diego, para min, e, para outras persoas que non vou mencionar por respeto a elas. Dende o primeiro momento, Pablo García baixo o mandato de Pachi nos fixo a vida, cando menos, complicada, nos retirou funcións, nos apartou, restrinxiunos o acceso aos censos e a toda a documentación, fíxolle unha auditoría informática a Diego, todo isto complicaba o traballo. E facíache sentir mal, moi mal porque levábamos moito traballado polo PSdeG, moitos quilómetros feitos e moitas horas roubadas ao sono, era doloroso.

Pachi Vázquez trouxo a súa propia xente, algo que me parece ata lóxico, a dicir verdade. Trouxo ao Xefe de Gabinete, ao Xefe de Prensa, un chofer, dúas persoas máis para prensa, unha secretaria, dous asesores, un encargado para xestionarlle as redes sociais e unha persoa para estar nos actos. No Pino tamén se quedou con Teresa e Agustín, como secretaria e chofer respectivamente. En total chegou a ter ao seu servizo exclusivamente ata dez persoas, máis dos que traballábamos para o Partido. Sobra dicir que, a maioría deles, non militantes. Coa chegada da crise mandou marchar aos dous asesores, ao rapaz que lle xestiona as redes sociais e a rapaza que tiña para os actos.

Cando Pablo falou conmigo argumentoume que era por causas económicas, “non hai cartos”, me repetía continuamente. A conversación entraba en “bucle” porque eu lle argumentaba,e non porque non quixera que me despediran senón para que me recoñecera a verdade dos nosos despidos,o seguinte:”se é por unha cuestión económica, o máis lóxico sería que comezaras polas xubilacións, Moas ten 74 anos, a vida resolta e pode xubilarse, e, senón queres xubilar a Moas entón comeza polos contratos temporais que comezaron despois ca Diego e ca min, que son en total cinco persoas do gabinete de Pachi” pero no, iso tampouco lles valía, esas persoas eran necesarias. Nun momento da conversación eu lle cheguei a dicir, “neste momento hai seis persoas para prensa e Polítca Municipal se queda sen ninguén, agora, neste momento que os compañeiros e compañeiras están aterrizando nos Concellos e, moitos deles, por primeira vez” ao que Pablo me respostou “podemos prescindir dalguén para Política Municipal pero necesitamos a todos os da prensa….xa buscaremos a alguén que o xestione” doeume tanto, tanto, que sentín unha patada no estómago e me botei a chorar, foi o único momento neste proceso que chorei por dor, non por min, polo desprezo aos compañeiros e compañeiras que andan polos concellos adiante.

A primeira carta de despido era un despropósito, mal redactada, sen sentido, na que poñía “ por desavenenzas de la dirección con el trabajador, sin que estas sean imputables ni causa del mismo…. Procedemos a su despido”. Diego e eu non a asinamos, por iso non teño copia para mostrárbola. Fomos a xunta Pablo a preguntarlle se nos estaban “puteando”, e, procederon a redactar a actual que dispón: “(…) Las causas que determinan la extinción de su contrato de trabajo son de carácter organizativo (…), como usted bien sabe, en los dos últimos meses se han reíncorporado a la plantilla (…) tres tabrajadores que se hallaban en situación de Excencia Forzosa (…) ello ha provocado duplicidad de personal contratado con las mismas o similares funciones.
Reconociendo la improcedencia del despido ponemos a su disposición desde este momento (…)

Trátase dun despido improcedente recoñecido, convertible en despido NULO, xa que, o que se argumenta é que, pola incorporación de compañeiros que desempeñan iguais ou similares funcións …., e, iso non é certo, os compañeiros que se incorporan son Blas,que nunca saíu do Pino, co cal xa tiña as súas funcións propias, e, nunca chocarón coas nosas. Teresa que cobraba da Deputación de Lugo,  e que, é a secretaria de Pachi,polo tanto, xa estaba tamén no Pino; e, Javi que xa viña unha vez a semana e leva a contabilidade. Por tanto de funcións similares nada de nada, xa que eu estaba en PolÍtica Municipal e actos, e Diego era o informático, entre outras moitas cousas.

Diego e eu decidimos renunciar a acudir ao Procedemento Xudicial; en primeiro lugar porque quen ía pagar as consecuencias non serían nin Pachi nin Pablo senón o Partido, e, en segundo porque o despido NULO implicaría voltar para o Pino e ningún dos dous queremos iso.

Durante o proceso, unha das persoas que ten unha alta responsabilidade no Partido nos dixo claramente (e ademais temos probas): “o voso foi un por mis cojones …”. Pois vale, a min  gustaríame que non se buscasen excusas estúpidas, eu sei perfectamente que lle caio mal a Pachi e as súas “mans dereitas” porque son amiga de Lage, de Mar, de Iván, de XSG…; son consciente, e, o sensato sería que Pachi viñese a onda min e me dixera: “mira, non te soporto, me caes mal, e non quero verte diante, por eso te vou a despedir…”. Eu pensaría “ole tus narices…” e nunca escribiría isto, pero o certo é que, Pachi despedíu a dous dos seus traballadores e non tivo a coraxe nin de falar connosco nin de mirarnos á cara, e,  iso non está ben, nada ben, para un dirixente dun partido SOCIALISTA e OBRERO.

Pachi é rico, xa lle ven de cuna (según din), Diego e eu somos fillos de obreiros, emigrantes, xente traballadora e moi honrada, que nunca lle fixeron mal a ninguén, e menos, conscientemente; sempre poderemos decir isto. Sempre poderemos ir coa cabeza alta e mirando aos ollos porque non entramos na Rúa do Pino por ser do Carballiño, amigo dun familiar de Pachi, irmán de …, marido de …, prima de …, entramos polos nosos méritos e saímos con eses méritos reforzados e a dignidade intácta.

Marchei triste polo trato dispensado, e que creo que non o mereciamos; pero no fondo tamén contenta e coa cabeza alta, porque sei que nestes catro anos cumplín coa miña responsabilidade e tratei a todos os compañeiros e compañeiras o mellor que sabía e podía, sen discriminar a ninguén. E tamén poido decir que coñecín a moitas persoas estupendas e maravillosas que traballan diariamente polo Partido Socialista, moitas veces poniendo cartos do seu bolsillo e perdendo tempo de estar coa súa familia. Esas son as persoas que realmente valen a pena, e polas que ten sentido ser socialista.

O video censurado de Feijoo, pero dende outro punto de vista

Teño que confesarvos que eu deste video censurado polo PP, faime máis gracia os comentaristas que o propio Feijóo, e mira que é difícil a cousa.

Estanme encantando as réplicas dos “chavales”, eu creo que son uns inflitrados.

Exemplos:

Di o PRESIDENTE :” queriamos ver o futuro de Galicia e futuro de Galicia está aquí”

Resposta dos CHAVALES: ” mecajoendios, vas bo, vas bo…”

PRESIDENTE: -Despois de mofarse do PSOE e do BNG- espeta: ” Pero como nos como non somos nin do PSOE nin nacionalistas non falamos mal de ninguén”

Resposta dos CHAVALES: “Nada….noooooooo apenas”

E, a partires deste momento é cando o Presidente empeza no seu papel de ” chulo – baboso” de Discoteca intentando ligar coa tal María en CASTELLANO, porque é máis fisno claro, pero os chavales xa debían estar un pouco pasadiños, ou non, e empezan a corear, insistindo,  “en injles, en injles….”.  Bueno, salvo un que é o que di,  -dende o meu punto de vista do máis razonable-: ” Un sinverjuenza, un payaso, había que reventarlle a cara polas tonterías que di oooohhh,saca “dahi” cala a boca ohhh”

Siguen: ” En Injles, en Injles…, trilinjuismo, pois veña”

Bueno, a verdade, entre Feijóo e os chavales eu sen dúbida quedome cos últimos.

P.A.M

Orgullosa da Secretaría de Política Municipal

Mar Barcón colleu a Secretaría de Política Munipal fai xa case un aniño. Dende entón as cousas foron pouco a pouco cambiando, paeseniñamente.

Eu levo nesta Secretaría pois, a verdade non me lembro moi ben, sobre seis meses dunha forma intensiva. E, teño que decir que me sinto moi orgullosa do traballo que se está a desenrolar. Mar rodeouse, dende o meu punto de vista, dun bo equipo:Blas que se encarga do Boletín de Política Municipal e de deseñar os Boletíns para as agrupacións, xunto con Javi Carnota -encargado das entrevistas-, Nachete -recopilando novas-, Víctor – para o que faga falta- e eu que lle boto unha man cando podo.  Nachete é o autor do Blog, que lle quedou como un pincel, e no que tamén colabora Blas aportando os videos, porque é el tamén o que se encarga de gravar os videos, cortalos, editalos…-entre nós, encántalle todo o que ten que ver coa imaxe-,digamos que é o “debuxante” das ferramentas.

E, logo está o Banco Muncipal de Prácticas Socialistas, no que máis participo eu.

Todas elas son unha base moi importante para coñecer mellor aos nosos compañeiros, e que Mar quixo impulsar dende un primeiro momento.

Estos días, por exemplo,  estivemos gravando varias entrevistas, Víctor, Blas e eu collemos o coche, e cando pode acompañannos tamén Mar e Dieguiño, a cámara de video, os micros e a cámara de fotos e alá nos vamos a coñecer como traballan os compañeiros e compañeiras, serveunos para estar co alcalde de Negreira, coa alcaldesa de Portomarín e cos concelleiros da Pobra do Caramiñal.

Aínda que, sexa como sexa, todas estas ferramentas non poderían existir sin a colaboración de tod@s e tod@s @s que participades “no” e “do” proxecto.

P.A.M

Remataron os Congresos Provinciais, a foto final

Como levo facendo dende que comezamos a andanza dos Congresos, estiven comentando as impresións, as anécdotas e as cousiñas que ían pasando en cada un deles.

Este Sábado rematamos o periplo en Ourense, e, a partires deste momento comeza unha andanza nova, cunha estructura diferente e que nos vai levar a vivir unha experiencia nova no PSdeG-PSOE.  Elexín precisamente  esta foto porque é a última que se fixo, a derradeira dos Congresos e que ademais pecha unha etapa e abre outra nova.

Sobre o Congreso de Ourense pouco que contar, tan só que quero dar a noraboa a María e Osorio porque teñen moi merecido o posto que lles tocou, son do mellor que hai en Ourense.  E,  lamentar a morte do chófer de Leire, Felix, nun accidente de tráfico cando se desplazaba dende Vigo a Madrid. Unha verdadeira lástima.

 P.A.M

O Congreso de A Coruña: tal cual unhas Muncipais

4082971838_d56369cfa4[1]

Este Congreso comenceino con mal pé.

O día anterior fómonos para  Coruña para deixar todo o máximo organizado posible e, non ter que andar a correr o Sábado. Ben, fomos directos para o PALEXCO, estivemos alí ata as dez e pico, logo cenamos e  marchamos para o Hotel.

Desfago o bolso, e….., leñe non collín calcetíns, bueno non pasa nada….ten arreglo. Sigo colocando todo e,  de repente, ostras!!! o neceser do maquillaxe…Isto xa é moito máis grave que o dos calcetíns, isto non ten arranxo, eu sen maquillaxe, e agora….pois nada, toca esperar ao sábado e ir a unha das droguerías da Calle Real, pero claro non abren ata as dez, bueno olle pois si non hai máis remedio toca esperar ata as dez. Así que o Sábado antes do Congreso percorrín a Calle Real como 10 veces, pero iso non é o peor, no, o peor é que chovía, e moito. Ao final abriu IF, estaba salvada!, comprei o que necesitaba e de volta para o Hotel, as 10:20 estaba lista e no Congreso.  E pensaredes, esta tía está mal da sesera, tanta complicación polo maquillaxe, pois si, e que para min forma parte da rutina diaria antes de ir a traballar, é como ducharme ou lavar os dentes, levo tantos anos facéndoo que senón paréceme que me  falta algo.

Chego ao Congreso, por alí todo ben, o plenario xa o deixara listo do día anterior así que só era revisar que todo seguira no seu sitio,  subín para organización, por alí tamén todo ben, xa estaban os rapaces da Comisión de Credenciais e só tocaba facer a acta. As 11 xa estaban acreditados case tódolos Delegados e Delegadas. COMEZABA O ESPECTÁCULO.

Logo todo foi moi rápido, intervencións, votacións, montaxe novamente do Plenario, da Executiva con Tere, máis votacións , máis intervencións….e, polo medio, algunha que outra escapadiña para falar con amigos, porque o bo deste Congreso, alomenos para min, é que coñecía a case todo o mundo, co cal puiden intercambiar impresións con uns e con outros.  Con Jorge de Negreira charlei un bo ratiño, con Manolo de Miño fixen unha aposta, que por certo perdín, Manolo déboche dúas copas, pero non sabes canto me alegro de deberchas. A Fernando Martínez padre conteille as miñas penas, coma sempre, e que sabe escoitar tan ben, é tan sabio. Cos rapaces de Xuventudes rinme moito, con Mari Jartín que é unha coñera.

E que vos vou a dicir, polo demais  todo ben, e, non me preguntedes porque pero eu saín moi feliz deste Congreso.  Moi satisfeita e realizada e sobre todo moi orgullosa dos meus compañeiros e compañeiras, de xente como Emilio, Katy, Nachete, Iván, Jose, María, Tamara, Augusto, Xaime, Montse, Jorge, e moitos outros que foron sinceros e coherentes coas súas ideas con independencia do bando ao que pertenceran.

O que si, a  min recordoume este Congreso as eleccións municipais. Todos aqueles que fóstedes algunha vez nunha lista ou participastes  nunha campaña sabedes que hai tres clases de veciños;

– Hai o veciño que lle vas dar a gorra, ou o bolígrafo, – que por certo aproveito para dicir que nas Municipais do 2007 a Mazaricos non lle deron nin un triste chupa e tiven que eu andar a pedir condóns aos de Xuventudes e comprando gorras para non ir cas man valeiras as casas, espero que a nova Executiva sexa algo máis xenerosa cos pequenos-, e che di que si, que che vai votar que non teñas ansia, bla, bla, bla. E ti contas, nesta casa son 4, tres para un lado un para o outro, tate! xa está…

– Logo está o veciño sinceiro que xa directamente che di:  “no eu vótolle a Santos porque é moi boa persoa, eu sinto pero…”  Entón contas novamente, aquí xa nada, cero,  sigamos logo.

– E, finalmente están os “queda ben” como meu pai, que veñen os do PPa pedir o voto lles di: “si, ti non te preocupes, na nosa casa somos 3 a votar e imos repartir, un para o PP, outro para o PSOE e o outro para o BNG”, e claro,  saes de xunta alguén tan equitativo e dis bueno pois aquí outro votiño xa o teño.

Total que xa comezas a facer as túas contiñas, 3 da casa de fulaniño e máis un de menganito, ben, ben esto vai ben…pero amig@s,  chega a hora do reconto e a ti non che saen os números por ningún lado, porque claro, as contas da casa nunca dan coas da plaza e os humanos a maioría somos mentireiros por natureza, así que non debemos fiarnos nunca de ninguén porque a carne é débil e uns tubiños nunha leira ou un camión de gravilla na eira…buf!!!

A.M.P

O Congreso de Lugo

Pouco podo decir deste Congreso, salvo que saiu elexido con moita sorpresa Ricardo Varela Sánchez.

E dende aquí dedicarlle a Lucho a miña aperta máis forte.

Lucho ; ” Tres facultades hay en el hombre: la razón que esclarece y domina; el coraje o ánimo que actúa, y los sentidos que obedecen” Platón

P.A.M

Os Congresos Provinciais, Pontevedra

 

 

O pasado Sábado, día 03 de Outubro, celebrouse o primeiro Congreso Provincial do PSdeG-PSOE, o de Pontevedra.

Eu ata hoxe non me parei a pensar en que ao final é un fito histórico dentro do Partido en Galicia, pois estamos a adaptar a nosa estrutura orgánica ao resto do estado, só faltaba Galicia por facelo, e, agora estamos no camiño de constituír unha nova maneira de funcionar. -As veces os que traballamos dentro da organización non sopesamos o que estamos a facer, senón que, o que facemos saia ben, nos paramos nas formas pero non no fondo-.

Foi un Congreso tranquilo, onde se previa unha soa candidatura, a de Modesto, aínda que sempre che queda a dúbida do que pode facer Gonzalo Caballero, pero, ao final só obtivo dous minutos ao principio, coa  súa habitual interpelación á mesa do Congreso, presidida por Paula Fernández – a Alcaldesa de Silleda- para solicitar que se abrise o debate dentro do Plenario. Na orde do día non se contemplaba esta posibilidade, e, como  esta foi aprobada por asentimento por parte dos delegados, todo se quedou en nada, -teño que confesarvos que eu rezaba para que non se cambiase, non porque non quixera oir aos Delegados,  senón porque penso que a día de hoxe seguiriamos alí escoitando a Gonzalo-, ademais os Delegados tiñan a posibilidade de facer as súas intervencións na propia Comisión de Estatutos expoñendo todo o que considerasen oportuno en canto a estrutura e funcionamento, de modo que non se restrinxían os seus dereitos a participar abertamente, o cal da tranquilidade.

Traballamos moito, pero tamén nos rimos, eu como sempre facendo o parvo con Javier Castiñeiras, porque había un ROLL-UP do PSdeG-PSOE, – isto é unha especie de pendón que colga dun pao-, e collémolo no corredor de arriba e simulamos unha procesión con música e todo…pártome con Javi.  Nas votacións comendo empanada de bacallau, con Dieguiño na comida…, con Blas berrando un co outro todo o día, como sempre polo traballo….aínda que ao final Blas sempre ten a razón, xa non sei pa que discuto con el, con Marisa no Plenario, que gran traballo fixo Marisa, con Mila e os seus nervios, co Comité Electoral..,a verdade, con todos os que colaboraron e traballaron que foron estupendos.

En fin, que só desexo que os restantes congresos saían tan ben ou mellor que este, porque eu pola miña parte espero corrixir os erros cometidos.

Si queres ver máis fotos clika aquí.

P.A.M

Estamos en campaña!!! esto soame….

Dende o pasado Xoves estamos novamente en CAMPAÑA.

O certo é que teño a impresión de que nunca deixamos de estalo…levo sentindo isto dende Agosto de 2008 cando se previu un adiantamento das Autonómicas. Dende ese  momento estamos a voltas con listas, actos, mitines… Este traballo xa me resulta rutinario e monótono, quizais porque me tocou a etapa máis electoral e congresual…e, ao fin e o cabo XA TODO ESTÁ INVENTADO!!!

P.A.M

O Congreso

 

O venres e o sábado celebrouse o Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE en Pontevedra.

En canto á Organización só podo dicir que foi francamente complicada, posto que o sitio era un verdadeiro laberinto, con moi pouca capacidade e con moitas trabas para realizar o traballo, por exemplo, nos tíñamos as oficinas na 5ª Planta pero o ascensor só chegaba ata alí si tiñas unha tarxeta, pero esa tarxeta non nola facilitaron co cal…xa vos podedes imaxinar, había que usar as escaleiras continuamente; o Plenario era escasísimo, apenas collían os Delegados/as. En fin que traballamos nunhas condicións moi difíciles, e, para máis carajo recibimos a visita de Alejandro de Vimianzo coa intención de Impugnar o Congreso,- eu nese momento só pensaba, mecagüen….co traballiño que pasamos para organizalo-. En fin que moi chungo todo!!, bueno, salvo os asistentes, deles teño que dicir que “chapou”, a pesares de non haber sitio ninguén protestou nin se enfadou co cal foi o mellor de todo, así que pola parte que me toca moitas gracias a todos pola colaboración.

En canto á nova Executiva…., uhhhhh! guai???? chachi???? volvo a ter un novo Xefe, o cal xa coñecía dende fai algún tempo e que é unha persoa fantástica, pero isto é cuestión de tempo.

Como anécdota direivos que a mellor foi cando o sábado ZP estaba na primeira fila e eu no escenario esperando á nova Executiva, e, como son tan guai, nun momento que mirou para min chosqueille un ollo, -unha costume que teño-, e él nin corto nin perezoso fixo o mesmo…e nada todo tan normal.

P.A

 

Homenaxe particular a Loli Rodríguez Amoroso

Levo xa moito tempo sin escribir, e, como case sempre é por motivos de traballo, aínda que, esta vez  é  tamén por algo de ocio.

Cóntovos, a semana pasada fixemos unha escapada a Portugal, – con respecto a isto teño varias anécdotas que contar pero para poder facelo teño que ter algo máis de tempo-  e en este momento estamos co tema do Congreso Extraordinario e a Rúa do Pino  “parese unha casa de tolos”.

Pero non queria deixar pasar máis días sen falar dunha persoa que para min é moi especial, de Loli.

Loli Rodríguez Amoroso significa moito, primeiro como persoa, porque é das máis coherentes que coñecin nunca, porque é traballadora, porque é de bo corazón, porque como digo sempre  é o/a mellor xefe/a que tiven nunca….. e por moitas máis cualidades. Pero, hoxe sobre todo , acórdome dela, porque durante anos foi a Presidenta do Consello da Xuventude e Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas, e, agora con tan só trinta e un aniños vaise xubilar de ambos postos.

De ahí miña querida Loli o meu homenaxe particular, co video que che adico,  en este momento tan especial, xa que creo que todos os  que se xubilan ao principio o pasan moi mal… ( eso si,  olvídate de que che regalemos o reloj que ese o temos gardado para quen ti xa sabes).

En fin, eu teño o presentimento dende o día que a coñecín de que vai chegar moi lonxe e espero que haxa a suficiente racionalidade en este “mundo” para que así sexa…Moitas apertas e ti vales moito nena!!!

P.A.M


Post máis vistos

septiembre 2021
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Páginas