Como xa saberedes moitos o fin de semana pasado celebrouse o V Consejo Federal de Municipios en Vigo.
Pois ben, eu decidín escribir algo sobre o mesmo. Pero, os que me coñecedes xa sabedes que non me gusta a parte «seria e hiperformal» deste tipo de xuntanzas, senón as anécdotas e o que hai detrás de cada acto ou acontecemento deste tipo. De modo que, decidín contar algo tan intranscendente como foi describir o Hotel onde estabamos a traballar. E, con certa retranca fixen referencia ao menú do Hotel, que custaba a friolera de 45€, e como hai xente mal intencionada ou que non sabe ler entre liñas sacouno de contexto, publicouna no Chuza e no Menéame, facéndose unha gran «bola de neve», e, esta «persoa» decidiu proclamar que os políticos que asistiron o Consejo pagaron isto polo menú, nada máis lonxe da realidade, posto que, buscamcada un de nos, dos participantes e dos poñentes nos buscamos as «castañas» á hora de comer e aloxarnos…..pero bueno….isto é como o tema do coche do Presidente da Xunta de Galicia, que xa fai dous anos que se comprou pero que decidiron agora dicir canto custou…
Eu teño un veciño moi, moi, moi sabio que di sempre: «antes de falar hai que pedirlle permiso o conosimento (sentido común)».
P. A
Comentarios recientes