Posts Tagged 'Protesta'

Nacido cunha “flor no cu”

Dende que Mar Barcón se converteu na Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE levamos un periplo de xuntanzas con Agrupacións e Comarcas para coñecer de primeira man as súas inquedanzas.

Este Mércores estivemos na Agrupación Municipal de Miño, e alí, entre outras cousas falouse de algo que nos deixou perplexos a todos. Trátase do “macrosalario do Alcalde”, xa que o Edil deste pequeno concello  cobra a friolera de 60.000 € ao ano (que é o mesmo que cobra, por exemplo, o Alcalde de Ferrol). Pero,  que perciba esta cantidade non sería tan grave si se dedicase ao Concello alomenos  seis días a semana, oito horas o día, pero non, porque tan só está no seu posto, segundo nos contan os nosos compañeiros, uns tres días a semana, como moito, e, pode ser certo todo isto vendo a situación actual neste Concello.

E tod@s nos indignamos un pouco cando escoitamos este tipo de novas, pero, sexamos realistas, quen de nos non coñece a alguén que naceu como se soe dicir “cunha flor no cu” , que, a pesares de ser moi pouco válid@ e incluso preguiceir@ ou inútil cobra un gran salario, e, sen embargo, outras persoas realmente boas no seu posto cobran miserias, tod@ coñecemos casos, así que  ¿por que nos escandalizamos cando nos contan algo como o deste Alcalde?  ¿Por que?

En todos lados “se cocen fabas”.

P.A

O ingrediente secreto da Coca-Cola

 

Seguindo coa costume habitual de escribir sobre historietas, hoxe vouvos a contar como descubrimos o “ingrediente secreto da Coca-Cola” dentro dunha botella de auga desta compañía, e,  de paso espero que nos sirva para ver que non é ouro todo o que reluce e que as grandes compañías en realidade cometen os mesmos erros ou máis que calquera “champanillas”que andamos polo mundo.

 

Pois ben, hoxe fomos a comer a un dos sitios habituais os que vamos sempre, e co cal por certo estamos encantandos, sobre todo pola atención que nos presta sempre Jhony, o seu encargado, e Dieguiño e Blas pediron auga, que a quen se lle ocurre todo hai que dicilo, e cando xa o pobre Diego levaba media botella bebida. Blas decatouse de que había algo dentro da botella,  tratábase dunha especie de alame enroscado. Eu pensei que Diego nos morría xa alí do asco, pero no, de momento sigue vivo e fornido como sempre, maña xa veremos.

 

En definitiva, que nunha  botella de auga de litro de AQUABONA, pertencente á compañía Coca Cola, atopamos un O.N.I (obxeto non identificado).

 

 

P.A

 


Post máis vistos

septiembre 2021
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Páginas