Posts Tagged 'Campaña'

Cando sea grande quero ser como Alfonso Guerra…

Como xa vos adiantei fai onte, o pasado Domingo tivemos un mitin con Alfonso Guerra en Arteixo.É unha persoa encantadora.

 Cando non estan nin Blas nin os de Madrid, son eu a que me encargo de levar aos intervintes a unha sala e explicarlles un pouquiño por onde imos entrar, a orden de intervencions, os tempos…e, polo tanto estiven charlando un ratiño co GRAN ALFONSO, comenteille ” Alfonso, podes falar o tempo que queiras, para min o mellor mitin que escoitei nunca foi o do ano pasado en Narón”, e él só me dixo: “Ah zi!!!”
Logo entramos e comezou o espectáculo; primeiro “hipnotizounos” coa súa sabiduría e didáctica e logo fíxonos rir, e, cando xa levaba 40 min. conseguiu o nunca visto ¡¡¡¡QUE A XENTE LLE PEDIRA MÁIS!!!, INCRIBLE.
Cando rematou dime: ” Que, te guztó maz que el de Narón?”, e eu só acertei a decirlle : “Alfonso eres un crak”.E, como hai xente que mo pediu, e, ademais, para min é un gran orgullo coñecelo deíxovos o vídeo para que pasedes un bo ratiño.

Hoxe tivemos comida con Chacón….xa vos contarei.

Falamos….

P.A.M

Cando será 1 de Marzo

Estamos en un mitin en Santa Cruz (Oleiros), un dos sitios máis privilexiados que coñecín nunca, eu, de pequena pasaba moito tempo por esta zona, xa que, teño familia moi pretiño, teñen un magnífico restaurante, onde, por certo, se come o mellor salpicón de cigala e os mellores mexillóns, é o VILA DO COUTO, en Lorbé, por si vos apetece ir.

Levamos toda a semana dun lugar para outro, eu principalmente con Marquiños, que equivale na miña vida a Castiñeiras na de Blas, é unha das mellores persoas que coñecín nunca, e que, ten unha paciencia infinita comigo e co meu bule, bule…Gracias Marquetes. Nos ao igual que Blas e Casti tamén nos perdemos, pero ademais moito, moito, pero, ….eu creo que forma parte deste viaxar continuo.

Como exemplo direivos que onte de camiño a un mitin a Betanzos doume por parar nun centro comercial, eu toda convencida de que me ía dar tempo a cortar o pelo en 20 minutos, pero, ATENCIÓN, tocoume un peluquero arxentino,e, xa todos coñecemos a paciencia desta xentiña…vamos que casi non chegamos nin ao mitin de Betanzos nin ao de Arzúa que era a continuación, pero aí estaba Marquiños con toda a pasensia do mundo esperándome…

Hoxe tivemos mitin con ZP en Vigo, a verdade é que foi un gran acto.
Morocho pediume un favor: que ZP lle firmase un libro a unha rapaza da Susana, pois xa me vedes a min co libro debaixo do brazo falando coa seguridade de ZP para que me deixaran acercarme a el, e, conseguino!!!, cando saía e estando case sós díxenlle: Presidente por favor fírmame este libro para unha rapaza chamada Susana que é a túa fan Nº 1″ (bueno todo en castelán claro), e el moi amablemente díxome: “si claro” , escribiu unha dedicatoria e firmouno, eu mireino aos ollos e díxenlle gracias Presidente el miroume a min e dime a ti maja” (Blas ten a teoría para vacilarme que me dixo “baja” e non “maja”). A verdade é que da igual, eu só podía ver uns grandes ollos azuis e verdes que denotan a unha boa persoa.

Despois do mitin fun comer por fin as filloas da pedra…miña nai fai as mellores do mundo…QUE GRAN DÍA…
P.A.M

Estamos en “MACROCAMPAÑA”

entrevista-tourino-tv

Estamos no mitin de ZP en A Coruña, e dado que facía moito tempo que non vos contaba nada, obrigueime a min mesma a vir ata aquí a poñervos un pouquiño ao día do que vivimos ao longo desta semana.

Levamos toda a semana de mitin en mitin e de acto en acto, porque eu, ademais de estar co Presidente, tamén acompaño a Mar sempre que podo, de aí que moitas veces faga doblete, (por certo que marabillosa é Mar…), pero os actos destacables desta semana sen dúbida foron os de Leire en Ferrol, Pepe Blanco en A Coruña, Felipe en Vilagarcía, o de hoxe de A Coruña, e, como non o de INICIO DE CAMPAÑA do Xoves ás doce da noite…, este para min é especial xa que por fin estamos máis cerca da meta…

Levamos xa moitos días, que como di Anxeliña; no tenemos vida. E claro isto plantéxanos problemas tan importantes como que: “algun/has de nós non teñamos tempo nin de ¡r a peluquería”(que problemón, non me digades….) así que onte, entre un acto de cultura en Coruña, unha comida en Fene e un mitin en Miño, Ánxela, Marquiños e eu dedicámonos a buscar unha peluquería, …. pero sorprendentemente non atopamos ningunha aberta. O certo é que foi de coña … hai que ver a onde se chega en ocasións …

Con todo isto que vos conto vai ben, a tope…, voume que acobou ZP!!!!.

Volvo un momentiño para deixarvos unha foto miña con Emilio Pérez na que lle estamos a facer unha entrevista para a touriño.tv, a verdade é que neste curro chegas a facer cousas ben diferentes….
P.A.M


Post máis vistos

septiembre 2021
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Páginas