Archive for the 'Retranca' Category

O video censurado de Feijoo, pero dende outro punto de vista

Teño que confesarvos que eu deste video censurado polo PP, faime máis gracia os comentaristas que o propio Feijóo, e mira que é difícil a cousa.

Estanme encantando as réplicas dos «chavales», eu creo que son uns inflitrados.

Exemplos:

Di o PRESIDENTE :» queriamos ver o futuro de Galicia e futuro de Galicia está aquí»

Resposta dos CHAVALES: » mecajoendios, vas bo, vas bo…»

PRESIDENTE: -Despois de mofarse do PSOE e do BNG- espeta: » Pero como nos como non somos nin do PSOE nin nacionalistas non falamos mal de ninguén»

Resposta dos CHAVALES: «Nada….noooooooo apenas»

E, a partires deste momento é cando o Presidente empeza no seu papel de » chulo – baboso» de Discoteca intentando ligar coa tal María en CASTELLANO, porque é máis fisno claro, pero os chavales xa debían estar un pouco pasadiños, ou non, e empezan a corear, insistindo,  «en injles, en injles….».  Bueno, salvo un que é o que di,  -dende o meu punto de vista do máis razonable-: » Un sinverjuenza, un payaso, había que reventarlle a cara polas tonterías que di oooohhh,saca «dahi» cala a boca ohhh»

Siguen: » En Injles, en Injles…, trilinjuismo, pois veña»

Bueno, a verdade, entre Feijóo e os chavales eu sen dúbida quedome cos últimos.

P.A.M

El mundo y sus estúpidas contradicciones

Hoy es uno de esos días en que no salgo de mi asombro. Noticia que leo, veo o escucho me perpleja más. ¿Qué está pasando, el mundo se ha vuelto del revés?.

Telecinco, ABC, Público, El País: «El vocal de Seguridad Vial, presidente de Nuevas Generaciones del Partido Popular, Nacho Uriarte dimite al ser ‘cazado’ borracho al volante«. Bien, bien, bien. Que cosas tiene la vida, ya es mala suerte que el día que sales y te chuzas tengas un accidente y tráfico te haga el control…Supongo que en ese momento piensas:  « Le voy a decir al picoleto este: ¿acaso no sabes quién soy?, soy el vocal de seguridad vial del PP», pero claro, eso no te exime de la multa, con lo cual reflexionas de nuevo: «sabiendo lo que me prima tomarme los cubatas con Borja Mari, y Pocholina, por qué coño no habré elegido la Comisión Mixta Congreso-Senado para el estudio del problemas de las Drogas, que de esta seguro que no tengo que dimitir, jo».

ABC, Público, Cadena Ser, El País: » El presidente de la Generalitat valenciana, Francisco Camps, cuyo sueldo anual asciende a 79.546 euros, asegura en la declaración de bienes y actividades publicada ayer por las Cortes autonómicas que es propietario junto a su esposa de un piso en Valencia con un valor catastral de 110.339 euros, que dispone de una cuenta bancaria propia con 905 euros de saldo y tiene un coche con una antigüedad de 15 años»:  SEÑOR CAMPS DIMITA USTED POR INCOMPETENTE!! Yo, mileurista, de una familia humilde, mujer (por lo tanto con un salario el 25% inferior al de los varones), más joven que usted y desde luego con amigos no tan ricos como los suyos; leñe! tengo casi tanto patrimonio como usted!!!, lo que me demuestra que es un pésimo GESTOR, porque si con todo lo que gana no es capaz de conseguir más en la vida, está claro que no sirve como Presidente de una Comunidad Autónoma. Es decir, en proporción,yo y miles de mileuristas como yo, seríamos infinitamente mejores Presidentes de la Generalitat que usted porque conseguimos tener lo mismo con una setenta y novena parte de lo que usted gana.

El País, ABC, La Voz de Galicia: » El arzobispo de Toledo, Braulio Rodríguez, ha cesado al cura párroco de las localidades de Noez y Totanés, que podría haberse gastado unos 17.000 euros en líneas eróticas, páginas de contenido sexual«.  El colmo de los colmos, porque además ABC (periódico nada sospechoso), añade el siguiente titular «Un cura abierto a todo excepto al sado». Analicemos esto fríamente. Resulta que el chiquito se anunciaba como gigoló, haciendo hincapié en sus dotes varoniles, -digámoslo así-, y con un precio, pues oye, dentro de lo razonable, entre 50€ y 120€. Pues bien, mi conclusión es: » que malo debía ser el pobre en eso de las artes amatorias porque a pesar de sus dimensiones y asequibilidad aún tuvo que tirar del cepillo para consumir….», si es que tanto Seminario no puede ser bueno, pobrecito, si es que eso le pasa por no haber hecho las prácticas de empresa antes de empezar a trabajar como indefinido…

TVG, La Voz de Galicia, Xornal de Galicia, El Correo Gallego:: «Zapatero podría ser gallego en el sentido peyorativo» y a continuación añado » La diputada pidió a La Voz que la gente tenga «sentido del humor» ante una expresión que ya había usado antes»  Sra. Rosa Díez, los gallegos tenemos un gran sentido del humor, es más somos conocidos por nuestra retranca, así que no se preocupe porque cuando nos venga a pedir el voto a Galicia, nos reiremos en su cara en el más amplio sentido peyorativo de la expresión.

Y, os preguntareis, por qué este post está en castellano si yo siempre escribo en gallego, pues porque a veces uno mismo puede caer en sus propias contradicciones sin que resulten estúpidas o descalificativas.

 

P.A.M

A lingua volve a estar de moda. Tendencias para esta lexislatura

Cada pouco tempo algún Decreto ponse de moda, agora levase moito o chamado  «Borrador do Decreto do Galego».

Esta nova «patronaxe» ven da man dun grande da «moda decretal», o  Partido Popular de Galicia, que, como xa todos os seguidores da moda sabedes, é un deseñador coñecido pola súa virtuosidade para as creacións artísticas enfocadas de cara á pasarela.

Con todo, este novo deseño está a causar verdadeiro furor entre a clase política de  Galicia, pero, como soe acontecer con estes deseños tan innovodores, o mesmo nace rodeado de  polémica . De feito, o resto de creadores opinan que: «para lucir na pasarela é un gran deseño, pero para a vida cotián resulta demasiado estridente e pouco práctico».

Si señores e señoras, dende que eu recorde a moda da lingua é un tema recorrente que cada pouco ponse de plena actualidade.

Cando eu era pequena levábase moitísimo o castelán, buff!!. Causaba furor. Quen quixera ser algo tiña que falar no idioma da capital. Así que, xa daquela había xente, -inclusive nas aldeas máis remotas-, que trataban de inculcar nos seus fillos esta lingua, unha lingua que, por outra parte tampouco coñecían moito, pero, aínda así, eran capaces de berrarlle ao fillo máis vello pola fiestra: «Juancito ven a comer los juevos fritos». Alomenos era algo non?. En Santa Comba, por exemplo, era xa algo cotián falar en castelán; cando ías a mercería tiñas que pedir «ajujas» porque senón a señora «hiperestirada» que estaba detrás do mostrador non che entendía, vamos que, ou llo dicías así ou con señas, e tendo en conta que o que querías eran agullas case mellor usar o castelán.

Co tempo as cousas foron cambiando, paseniñamente. Naceu a TVG, en galego por certo, e a moda ía adaptándose a este novo tempo. Xa se comeza a combinar tendencias, nas aldeas séguese a usar o galego, pero o castelán deixa de causar furor; se hai que usalo … úsase, pero tampouco hai que ir cargados desta lingua para poder ser alguén medianamente importante. E nas cidades séguese a usar maioritariamente o español, pero complementado co galego, por isto de dar un toque Chic de culturismo bilingüe.

Logo, aló polos anos 90, chega un deseñador moi innovador. Un deseñador que se pon moito de moda: o BNG. Este innovador especialízase en reivindicar o galego; os libros da escola comenzan a editarse nesta lingua, a cultura galega fomentase en ambitos non habituais, e acontece algo insólito: nas cidades por primeira vez, dende fai moito tempo, ponse de moda ir de galego; si, de repente todo da a volta, e os fillos dos «castelanofalantes» que lles aprenderon o castelán comezan a falar galego. É a revolución, unha nova tendencia. Pero ademais non falan o galego do que se falou sempre, que va!, non é  do que falamos nas aldeas porque así nolo ensinaron nosos pais; no, falan un galego moito máis moderno, onde vai parar, é un modelo cunhas características propias. Bueno, e como en todas as modas, incluso chega a haber radicais das mesma, que, crean unha tendencia ao luso; si, si, como vos conto, en vez de «ñ» usan «nh» e variantes polo estilo, un escándalo!

E hoxe en día? Pois hoxe haiche de todo, sen primar unha moda concreta, os que queremos falar galego falámolo; os que queren falar castelán, pois tamén; e andamos todos misturados, cada un como mellor lle parece, combinando tendencias. E, a partires de agora, pois xa veremos, se finalmente triunfa este deseñador que temos agora, o PPdeG, pois teremos un novo complemento para lucir, o inglés. Olle! que moi bonito na pasarela, non digo o contrario, pero pouco práctico segundo en que sitios; porque isto de ter que ir á feira a Santa Comba a comprar as «chickens» E, desde logo non vou ser eu a que vaia contra esta moda, que me parece marabillosa; e, cantos máis idiomas sepamos mellor, pero creo que se deseña dunha maneira pouco funcional.

Pues eso, friends, que a moda é o que ten, que dura lo que dura.

P.A.M

8,2 Segundos e…un home pode namorarse

 

Hoxe, mentras esperaba nunha consulta, lin un deses estudios dos que sempre pensas «pa que carallo vale esto…».Pois ben, segundo a  revista especializada Archives of Sexual Behaviour os « homes poden namorarse en 8,2 segundos.» – Rápidos ehh!!-

 

Segundo esta publicación: «A primeira impresión é o que conta. A miúdo ouimos esta expresión, pero agora parece que a ciencia a sustenta. Canto máis mira un home a unha muller no momento de coñecerse  máis interesado está nela. Se o cruzamento de miradas queda en 4  segundos, o máis probable é que non estea impresionado. Pero se supera a barreira dos 8,2 segundos, podería estar, sen sabelo, perdidamente namorado». -Eu,  en este punto teño que facer unha pequeniña puntualización ao magnífico estudio este-, xa que di que:  canto máis che miran máis interesados están, pero claro, o que non din os ciéntificos é a onde che miran, porque,  todas estaremos dacordo en que, case calquer home, é capaz de estar mirando para un escote máis de 8 segundos sen que iso signifique que está enamorado….,vamos digo eu, porque sinon por esa regla de tres todos os borrachos dos sábados estarían coladiños por nos.

 Sen embargo, ao parecer, non ocorre o mesmo no caso das mulleres xa que nos mantemos a mirada tanto se os atopamos atractivos coma se non.

Así que agora queridas amigas, xa o sabedes, tende moito coidadiño cando vaíades ao Super, porque  si o  chico da charcutería che mira  máis de 8 segundos  significa que en breves che pedirá como mínimo unha cita ou matrimonio.

P.A.M

O Comité Nacional, vaia maratón

img00006

                                    

O Sábado celebrouse o primeiro Comité Nacional dende que se perderon as eleccións.

Comezou as 10:30 h. coas  intervencións de Ricardo Varela e Pepe Blanco; as 11:15, aproximadamente, comenzarón as oitenta  intervencións dos Delegados.  Houbo de todo, pero case todas na mesma liña de : «CRÍTICA» e  » SEÑALAMENTO DE ERROS NO PACTO CO BNG.  Para min,  os mellores foron Quiroga e Vergara, porque son os que dixeron a verdade do que sentían, sin paños quentes…como ten que ser.

E  logo está  José Luis de Salvaterra de Miño, un gran descubrimento,  digo isto porque eu non o coñecía personalmente, e,  é a persoa que máis sinceramente oín  falar en público dende que estou no partido,-un fenómeno-,  o día do Comité pediu a palabra pero cansouse de esperar e retirou a petición, unha lástima.  Pero eso sí, acercouse a nós e dinos: » Arre carallo aquí ninguen asume a responsabilidade, que pena que retirei a palabra, si o sei, subo alí e digo que, a culpa  de perder as eleccións foi de Blas e Eva, que os despidan xa…que os contrato eu»

Deixovos unha foto de José Luis despois de moitas horas de intervencións.

P.A.M

O «contravídeo» ao do BNG de pre-campaña

«Eu son… Espartaco? Anxo Quintana?»

Recoméndovos un  «contravídeo» ao que presentou o BNG para a súa «pre-campaña»;….fixádevos nos efectos especiais e nas voces, seguro que vos recordan a alguén.

P.A

Intento de secuestro de «El Jueves» pola Duquesa de Alba

 

 

Pobre «El Jueves» non da gañado para disgustos cos intententos continuos de secuestro, esta vez é a Duquesa de Alba a que o intenta, e non é para menos porque mira que sae mal a pobre, xa podían haber utilizado o photshop como fan con Ana Obregón e Isabel Preysler…

P.A

Un negro na Casa Blanca, unha muller na Presidencia?

 

Esta madrugada escribiuse un «hito» na historia mundial e, sobre todo, en EEUU, o primeiro negro que chega á Casa Branca como presidente desta gran nación.

E que bonito sería poder soñar coa idea de que algún día unha muller ocupe a Presidencia da Xunta ou do Goberno de España……..pero, que triste é ter que soñalo……..posto que os soños non son realidade.

Loli (esto xa sabes porque o digo)

 P.A

Crónica e definición para PabloDoPaso

Isto vai dedicado especialmente, e con todo o cariño, para o “chuzas” PabloDoPaso pola súa amable crítica no Chuza.

Retranca s.f. Habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di. Contesta sempre con retranca cando se meten con ela. CF. ironía.

E, xa dentro da “crónica rosa”, da cal me sinto orgullosa, recoméndolle moi seriamente que acuda a un salón de estética e se depile as cellas que esta tempada se levan menos poboadas.


Post máis vistos

diciembre 2021
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Páginas