Archive for the 'Mazaricos' Category

O Alcalde de Mazaricos: ignorancia masiva ou moito morro?

Acabo de ler o seguinte : «El regidor de Mazaricos, José Manuel Santos Maneiro, reconoció que para los próximos cuatro años tienen un reto muy importante, como es la creación de empleo. En este sentido, la intención del grupo de gobierno entrante es la construcción de una planta de biomasa. También prevé rematar el PXOM y el polígono industrial».

Despois de ler isto xa non sei que pensar, pero polo de pronto teño dúas opcións:

  1. Que o alcalde pensa que os/as Mazariquenses son todos/as igual de tontos/as, ignorantes ou parvos/as…
  2. Que o alcaldable está de coña…

Resulta que Santos Maneiro promete traer emprego para Mazaricos, cunha planta de Biomasa, o PXOM e o Polígono Industrial, pero, Señor Alcalde, leva vostede prometendo esto mesmo dende fai anos e anos, por que non o fixo ata o de agora? por que o volta  a prometer?   Sinceiramente, despois de 16 anos na Alcaldía deulle tempo a facer o PXOM, o Polígono Industrial, traer 10 plantas de Biomasa, e de mil cousas máis, e, se non o fixo en épocas de bonanza como vamos a crer que as vai facer agora? É tomarnos por tontos/as…

Como xa comentei en anteriores ocasións de vez en cando miro un pouquiño, aínda que con moita dificultade porque ao non estar no Concello investigar sempre resulta moito máis complicado, para ver como andan todas esas promesas.

  • Sobre a central de BIOMASA; en xuño do 2010 a Xunta de Galicia fixo unha preseleción de 12 anteproxectos, entre eles o presentado por Enel Unión Fenosa Renovables para Mazaricos, deso fai xa case un aniño, e, daquela a Conselleira xa dixera textualmente «larga tramitación administrativa que no garantiza, en absoluto, que se obtenga la autorización para su puesta en marcha», e, cada quen que  interprete isto como queira…pero bueno tamén é certo que o Señor Alcalde nos pode explicar como está o tema…
  • Sobre o Polígono Industrial, este tema a min particularmente paréceme de «coña», cantos anos se leva a voltas con este proxecto?  eu xa nin me lembro…pero sei que no 2002 se fixeron as canalizacións da auga, de modo que as expropiacións foron moi anteriores. Pois ben, que sabemos desto? pouco, hai por aí un  Plan de Sectorización do Polígono 1- Sector -2, realizado por ESPOAGRO con data de outubro de 2009, pero bueno tamén é certo que o Señor Alcalde nos pode explicar como está o tema…
  •  Sobre o PXOM, outro proxecto que leva anos e anos as voltas nos despachos,  pois ben,  saberedes que hai unha Adxudicación definitiva do Contrato de Administrativo para a redacción do PXOM, realizado en decembro de 2008, e que se adxudicou pola friolera de 140.580 €, pero bueno tamén é certo que o Señor Alcalde nos pode explicar como está o tema…

Todo esto o sei obviamente porque teño a documentación, pero por suposto, o ideal sería que o Señor Alcalde nos explique el mesmo coa súa documentación como se atopan realmente estes proxectos…e, dado que xa levan comezados dende fai anos e anos sería dun «nefasto xestor» non rematalos dunha vez e poñelos en marcha, por tanto, pouco mérito ten o que anda a «requeteprometer» cando xa pasaron 16 anos da súa entrada no Concello…

En canto ao tema do PSdeG en Mazaricos e a situación na que quedamos agora…pois máis adiante o reflexionarei, só podo dicir que, durante un momento vin cambio en Mazaricos pero esfumouse!!!

P.A.M

Anuncio publicitario

Ir a todos os enterros non é suficiente para ser un bo Alcalde

Fai dous meses empadroeime en Ames porque é ahí onde vivo, polo tanto, xa non son veciña de Mazaricos, alúmenos no sentido «legal» da palabra, aínda que, si veciña de «morriña».

Onte cando íamos para a casa escoitanto, como todos os días HORA 25 na Cadena Ser, de repente soa o nome de Mazaricos.  MAZARICOS en HORA 25, diredes que estou tola pero sentín emoción, sentín emoción porque o que foi o meu concello é un lugar esquencido e descoñecido. Cantas veces teño explicado onde está Mazaricos, pois moitas, cando estaba na Universidade a cada un que coñecía lle tiña que explicar onde era, cando se achegaban os rapaces a ligar  o mesmo, cando traballaba en Pontevedra, cando comecei no partido…, levo anos e anos ubicando un concello de todo «anónimo», e agora sae en HORA 25 por un caso de «corrupción», seino, pero, aínda así me fai sentir algo por dentro.

Mazaricos é un concello que se está a empobrecer considerablemente e non precisamente polas súas xentes senón polas malas xestións que se veñen encadeando dende fai tempo. Perde poboación a pasos axigantados, non hai tecido industrial nin empresarial, non hai unha rede de servizos sociais, non hai un Plan Xeral, non hai tecnolóxia, non hai Policía Local, non hai servizo de urxencias, non hai unha infraestructura comercial, non hai oportunidades, non hai futuro, pero agora saímos nos medios non polo que non temos senón polo que presuntamente si hai, falsedade documental, cohecho, prevaricación. Pero, os medios de comunicación non se dan conta de que estos son delitos de concellos ricos e con progreso?

Goberna José Manuel Santos, que é do PP,  dende fai dezaseis anos con maioría absoluta, é unha boa persoa, vai a todos os enterros, funerais e eventos nos que se require a súa presenza,  nunca che di que non a nada do que lle pides, sempre che saúda e fala contigo, che paga a ronda no bar e ten un bo xesto, pero, iso non é suficiente para ser un bo alcalde, e, parece que en Mazaricos ninguén se quixo dar conta alúmenos ata hoxe.

E por que digo isto? pois porque lendo os comentarios de La Voz de Galicia doume conta de que hai máis xente que pensa coma min, que sinte pena e tristeza por todo o que está a pasar. Por iso nun día como o de hoxe quero reproducir o que din algunhas xentes de  Mazaricos, e que, explica porque a maioría dos rapaces e rapazas nos tivemos que ir, porqué en Mazaricos non hai futuro.

«Boas tardes, son do ayuntamento de Mazaricos. Nun día coma hoxe dame vergoña decir isto. Aínda que hai que admitir que iba sendo tempo que pasara algo neste concello, as razóns verán explicada máis para diante. Eu abandonei o C.P.I. A Picota fai 2 anos e non podo crer ese colexio estivera completamente descoidado, nunhas circunstancia que son de todo menos favorables para o estudo de menores de idade que en moitos casos queren facer algo da súa vida. Aínda me acordo como se fora onte: Se ibas polos pasillos e sen querer lle tocabas a un asulejo este inmediatamente caía. As fosas sépticas dos baños estaban rotas e coma isto moito máis… E que fai o alcalde? Nada mellor que facer un parque xusto diante da gasolinera do Pino do Val. Podemos ubicar esta zona para os nenos afastada. Nun sei en que condicións estará o colexio primario do Pino do Val, pero non pode estar en mellor condicións e con moitas necesidades dun parque infantil. Por outra banda está aí o lugar onde vivo, que por circunstancias non quero decir onde queda ubicado. O que si podo decir que estamos no Siglo XXI e que aínda non temos teléfono por cable, que me parece unha vergoña. Eu, que son estudante de Bacherelato, non podo acceder a Internet por culpa de non ter teléfono por cable. Ademáis que lle pedias un favor imprescindible para o teu lugar, ou simplemente para o teu benestar na túa vila, e claro que este señor non che iba decir que non, pero nunca chegaba a realizar esa promesa. Desde o meu punto de vista a maior culpa non é deste tan respetado señor en Mazaricos. A culpa é dos cidadans que o botan. Fai tempo sabemos que o noso querido aiuntamento ten moitas débedas pero coma sempre calamos a boca…e aínda máis, nos como monos aplaudímoslle a súa corrupción! Non sei a donde queremos chegar con isto… Como xa dixen, son de Mazaricos, e nun día coma hoxe dame vergoña dicilo»

«Por fin chegou algo de legalidade a este pobo!!!porque con 16 anos de alcaldia sabiao todo mundo menos a xustiza(seria porque non lle interesaba).»

«O parecer ser un dos alcaldes imputados e o noso, o de Mazaricos, basicamente e unha vergonza para nos porque coma quen di solo se nos reconoce por causas malas, por noticias drásticas»

«decian todos,non e bo alcalde pro e tan boa persona…como podian decir eso mentras os nosos fillos caian nos buratos do chan do parque»infantil»,cando o colexio ten que ser pintado polos rapaces,cando temos un supercampo de futbol para os concelleiros no que alumian uns proyectores toda a noite cara o cesdped e sen embargo o colexio ten a calefaccion racionada.Seamos honestos é un autentico sinverguenza.»

A min xamais me dará vergoña decir que son de Mazaricos, só unha gran pena.

P.A.M

O «sector gandeiro»: si este fracasa que lle queda a Mazaricos??

Este post ía ser unha indicación para o sector gandeiro en xeral, a nivel de toda Galicia, pero un  comentario que me deixaron no blog, e o cal vos reproduzo, fíxome meditar máis aló do que aparentemente se está a vivir:

«Moi bonitas as fotos do concello pero pésimas as palabras do excelentísimo señor alcalde que mais o seu labor de non facer absolutamente nada polo concello atrevese a falar do presunto polígono industrial que fixo xa fai moitos anos sen ningún tipo de papel e no cal ten dúas empresas que prexudicou cos seus chanchullos. Por outra parte o alcalde falando da emigracion fai referencia a metade do seculo pasado, pero non fai falla ir tan lonxe porque ahora mesmo a metade dos mazaricanos temos que facer as maletas para ir a traballar moi lonxe debido a incompetencia do noso alcalde para atraer empresas que se implanten en Mazaricos. Tan ben estamos en Mazaricos que ainda non podemos enfermar porque non temos medico de urxencias, pero sempre nos quedaram prados e un paisaxe precioso no que as xentes iran desaparecendo e os toxos rexurdiran.

Amigos adoro a miña aldea pero vexo que nos estamos quedando sos o pesar do que se di.

un saudo»

Como podedes comprobar hai concellos como son o de Mazaricos, nos que non hai practicamente nada, non hai industria manufactureira, moi pouco comercio, apenas servizos, e, case cero posibilidades de subsistir e saír adiante senón te adicas a gandería.

O  que ía ser o Polígono Industrial permanece paralizado, non temos aínda un plan urbanístico que permita edificar, xa que, en caso de querer levantar un edificio te atopas na conxectura de que ou ben non tes terreo edificable, ou que, no novo plan a edificación quede fora do mesmo. O cal, resulta aínda máis grave, cando se trata da constitución de novos negocios, posto que,  están sometidos aos criterios da responsabilidade na aprobación dos proxectos.

Os mazariquenses desprázanse a Santa Comba, a Negreira, a Muros ou mesmo a Outes para realizar a súa vida cotián. Póñovos uns exemplos moi claros, en Mazaricos non hai Garda Civil, se tes que poñer unha denuncia acodes a Outes. Aos Xulgados vas a Negreira ou a Muros (dependendo do procedemento do que se trate), para o Notario, o máis próximo, o de Santa Comba, se tes unha urxencia médica tes que ir a Santa Comba, así que os de cerca de Muros é mellor que non enfermen un día festivo porque chegar ao médico pódelles levar cerca de 40 minutos. En caso de necesitar Protección Civil, a que acode é a de Santa Comba,  o Centro de Día máis próximo é o de Outes, pero claro é para os veciños de Outes….En fin, un milleiro de carencias que vos irei contando pouco a pouco.

O problema de todo isto é que a poboación de Mazaricos acaba marchándose a traballar fora, o que conleva a que tamén se empadroen noutros Concellos, o único que queda en este momento no meu concello, que pode xerar prosperidade, é o SECTOR GANDEIRO, del vive aínda gran parte da poboación que decidiu quedarse a pesares de non haber nada.

Por iso, porque eu son das que me marchei, pido que se axude aos que con valentía decidiron quedarse, que se apoie ao sector gandeiro para que os CONCELLOS que non teñen outra cousa poidan subsistir.

P.A.M

Ante a crise do sector leiteiro novas ideas

Como xa todo o mundo sabe a estas alturas, o sector leiteiro está a vivir a súa etapa máis dura, os prezos da leite en orixe desplomáronse debido aos poucos escrúpulos da maioría das empresas distribuidoras e manufactureiras.  Pero ¿de quen é a culpa?, dos consumidores, das superficies comerciais das distribuidoras, dos gobernos…

Si por un momento te paras en algúns supermercados onde teñen os lácteos podes observar como hai marcas que venden o litro de leite a 0,50 céntimos, entón, como vas a pagar un prezo razoable en orixe.

Pois ben, dado este problema os gandeiros de Mazaricos decidiron copiar algo que dende fai algún tempo veñen facendo os productores doutras comunidades. Vender directamente o leite a través de máquinas expendedoras.

Déixovos un vídeo onde sale o Secretario de Organización do PSdeG-PSOE de Mazaricos, Juan Carlos, explicando como teñen pensado levar  a cabo esta iniciativa. Que orgullo coñecer xente como Juan porque ademais de boa persoa é emprendedor.  Pincha no titular:

«Os gandeiros de Mazaricos pretenden vender o leite en máquinas expendedoras»

P.A.M

«Sigmund Froid» fai autostop camiño de Mazaricos

Deíxovos un vídeo co que me partín de risa, o «chofere»  é do Pino de Val, por iso se menciona tanto Mazaricos.

P.A.M

Mazaricos en «Desde Galicia para el Mundo»

Estimad@s amig@s eu teño a teoría de que un Concello non existe ata que aparece no programa «Desde Galicia para el Mundo».

E, por fin este Sábado obrouse o milagre polo que tantos anos levabamos rezando, o magazine internacional » Desde Galicia para el Mundo»  dedicoulle unha reportaxe ao Concello onde eu me criei.

Déixovos un enlace para os que queirades ver algo máis da miña terra.

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/index.php?tipo=videos&s=mazaricos

 

P.A.M.M

As filloas da pedra de miña nai

img00005

 

img00001

 

filloa

Hoxe non vou escribir de política. Hoxe vou eloxiar unha das cousas que mellor fai miña nai – as filloas da pedra-.

Seguramente moitos de vos non coñezades este plato típico, posto que, xa quedan poucos sitios onde se fai, e Mazaricos, é un deles.

Miña nai, unha gran nai, sabe que me chiflan as filloas, e eu creo que,  para compensar o meu sufrimento, o pasado venres decidiu facermas. 

Leva moito traballo,  hai que ir a leña, quentar a pedra, facer o moado e logo ter a paciencia de ir pouquiño a pouco templando a masa na pedra.  Pero,  todo isto ven acompañado de algo que xamais se debería perder;  as conversas a carón do lume, botar unhas risas coa xente que vai pasando pola lareira, falar de todo un pouco con meus pais, -incluso do triste que foi perder as eleccións-, e, namentres ir comendo nas filloas. Dos mellores remedios para os males da alma…

Deíxovos unhas fotos onde se aprecia máis ou menos como se fan estas delicias.

P.A.M

Pequeniñas cousas de Mazaricos

 

Ata fai ben pouco cando eu decía que era de Mazaricos sempre me preguntaban, es iso onde queda? Pero, sorprendentemente dende fai un tempo xa non teño que explicar que é un Concello que se atopa entre Santa Comba, Muros, Serra de Outes, Negreira….xa que comeza a ter difusión propia, aínda que tamen teño que recoñecer que en infinidade de ocasións non precisamente por boas novas.

Deíxovos como exemplo desta difusión non moi desexada a nova do presunto asesinato deste fin de semana…. «de coña, catro tiros pola espalda por mor dunha herdanza».

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/10/28/0003_7263950.htm

P.A


Post máis vistos

diciembre 2022
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Páginas