Archive Page 2

Admiro á xente creativa, vai de sexo…

Onte chegoume un enlace dun blog onde se enseña un fantástico anuncio de…..sexo, e, non podía deixar pasar a oportunidade de que o vexades. É fantástico, e, sobre todo moi divertido e gracioso, nunca un “penecillo” me dou tanta peniña.

A.M

De maior quero ser Controlador Aéreo

Todos estes días vense falando moito dos Controladores Aéreos polo desorbitado dos seus salarios.

Pois ben, eu realmente non tiña nin idea de que había que facer para poder exercer esta profesión tan ben remunerada, xa que os Licenciados”mil – euristas” tendemos a ver que “carajo” fan os demais para conseguir ser tan sobrenaturais. Eu confésovos que pensaba que estudaban unha carreira dificilísima e custosísima, que pasarían centos de probas e que logo aprobarían unha oposición desas que tes que estudar alomenos 7 anos da túa vida.

Claro que eles o xustifican estes soldos, -me imaxino-, pola tensión que acumulan e a responsabilidade que sufren en cada aterrizaxe e despexe. Pero, o certo é hai moitos sectores que están sometidos a esa mesma tensión e non cobran nen unha cuarta parte,  un médico que opera a corazón aberto , uns rapaces do 112 que acoden a un accidente onde hai vidas humanas en risco, os bombeiros nun incendio, un conductor de autobuses que leva a 30 nenos ao colexio nunha mañan de xeada…

Así que, púxenme a averiguar o porque deste salario, e, isto é o que atopei – vouno a reproducir en castelán tal cal está-:

PROCESO HASTA SER CONTROLADOR

El I Convenio Colectivo Profesional de los Controladores de la Circulación Aérea, –publicado en el Boletín Oficial del Estado de fecha 18 de marzo de 1999, y corrección de errores publicada en el BOE de 20 de julio de 1999– regula en su capítulo I la selección, contratación e ingreso en la profesión. Así, el artículo 1 establece el acceso a la profesión de controlador de la circulación aérea en Aena, indicando lo que sigue a continuación:

1. Para acceder a esta profesión, en Aena, los aspirantes deben reunir los siguientes requisitos:

  1. Estar en posesión de un título universitario oficial de diplomado o licenciado o haber superado el primer ciclo completo de una carrera universitaria de grado superior. En cualquiera de estos casos, los estudios deben corresponder a carreras oficiales u homologadas por el Ministerio de Educación y Cultura español.
  2. Haber superado el curso básico de formación aprobado por la autoridad competente y facilitado por Aena.
  3. Haber obtenido la licencia de controlador de la circulación aérea y la primera habilitación local en una dependencia de Aena.

2. Para el acceso al curso básico de formación que Aena facilite, será preciso superar las pruebas de idoneidad de acuerdo con el perfil de selección específico para este colectivo profesional.

3. El contenido del curso básico de formación y el sistema de selección de alumnos para dicho curso serán aprobados por la Comisión Permanente.

PERFIL DE SELECCIÓN

Edad: preferentemente, entre 21 y 28 años (no excluyente).

Alto Nivel de Inglés: conocimiento fluido del idioma inglés (tanto a nivel oral como escrito), sin que en la expresión oral se observe dificultad que pueda afectar negativamente a las radiocomunicaciones.

Nivel de referencia: “C1” del Marco Común Europeo de Referencia para las lenguas -MCER- del Consejo de Europa, o el “Certificate in Advanced English of Cambridge”.

Principales capacidades, habilidades y/o competencias:

1. Agilidad mental para procesar información y capacidad para dar respuestas eficaces en corto espacio de tiempo.

2. Atención concentrada y dividida.

3. Autocontrol en situaciones de estrés.

4. Capacidad de coordinación en situaciones operativas.

5. Capacidad para analizar y tomar decisiones en corto espacio de tiempo.

6.Capacidad para trabajar en equipo.

7.Estabilidad emocional.

8.Orientación espacial.

9.Razonamiento abstracto.

10.  Resistencia a la fatiga.

Aptitud psicofísica, según normas de la Organización para la Aviación Civil Internacional (OACI).

Pois ben, miñas queridas “amigas” anímovos a participar no “PERFIL DE SELECCIÓN” xa que, estou segura que o 98% das mulleres pasaríamos o primeiro corte,  xa que cumprimos todos os requisitos:

1. Axilidade mental para procesar información e para dar respostas nun espazo curto de tempo: Temos trece pares de modelos iguais e somos capaces de distinguir cada un deles para un acontecemento distinto nun prazo inferior de 5 minutos. Por non falar de cando estas no traballo e che piden 10 cousas ao mesmo tempo para facer en xa… proba totalmente superada.

2. Atención concentrada e dividida: Bueno, que muller non é capaz de estar concentrada no traballo e ao mesmo tempo nas cousas que ten pendentes de facer na casa (informe sobre os últimos resultados….e planchar a camisa blanca, sacar a roupa escura da lavadora, miña nai levaría a Carliños ao médico, as ventas non están a ser moi boas, teño que chamar a….).

3. Autocontrol nas situacións de estres: Isto é do que mellor se nos da, todos a j…, os xefes, os compañeiros, a parella, os fillos…, uffff, e nos inamovibles. Collemos aire, media volta….e xa está, xa pasou.

4. Capacidade de coordinación en situacións operativas: En isto, algunhas somos expertas, podemos  pintar os ollos mentres conducimos….se iso non é coordinación que alguén intente poñer o rimel nunha curva.

5. Capacidade para tomar decisións nun espazo corto de tempo: É hora de marchar, que collo, bolso negro ou beis, zapatos marróns, nada bolso beis que vai con todo, decisión tomada en menos de 10 segundos.

6. Capacidade de traballar en equipo: Fácil, case sempre traballamos en equipo tanto na casa como fora, porque é raro que teñamos un traballo individualizado e personalizado.

7.  Estabilidade emocional. Aquí confésovos que quizais sexa onde máis floxeamos, pero é lóxico, como vas a ter estabilidade emocional despois de pasar todo o día traballando por un salario seguramente inferior ao do teu compañeiro do lado, aguantando ao simpático de turno, e logo chegar a casa e facer as tarefas, coidar os fillos…coño, isto acaba desquiciando a calquera…aínda así somos bastante estables.

8. Orientación espacial:
Ja,ja,ja…esto paréceme tan bo, chicas, aquí xa loitamos contra algo máis grande, o mito de que as mulleres non nos orientamos e nos perdemos continuamente, buf, a min con isto pásame algo extrano, cando vou soa xamais me perdo pero cando quero orientar alguén rara é a vez que acerto, así que tería solución, non dar indicacións senón executalas. Vamos que xa me vexo na torre de control mandando ao piloto pa Cuiña.

9.  Razoamento abstracto:
“Aquí nos han dado”…en isto somos expertas, quen razoa máis en abstracto que as mulleres…ninguén, non hai un ser vivo capaz de razoar sobre un imposible mellor ca nos, é indiscutible.

10. Resistencia a fatiga:
Isto tamén é o noso forte, aguantamos o que non está nos escritos, ou como senón íamos parir, parimos por aguante e resistencia, senón como é  posible que un ser  que estea empuxando con dor durante máis de 12 horas poida permanecer vivo.

Así que, como podedes comprobar, non é para tanto, podedes intentalo e con un pouco de sorte pasaremos a cobrar nada máis que 200.000€ ao ano, que non é gran cousa pero olle para un apaño…

P.A.M

A lingua volve a estar de moda. Tendencias para esta lexislatura

Cada pouco tempo algún Decreto ponse de moda, agora levase moito o chamado  “Borrador do Decreto do Galego”.

Esta nova “patronaxe” ven da man dun grande da “moda decretal”, o  Partido Popular de Galicia, que, como xa todos os seguidores da moda sabedes, é un deseñador coñecido pola súa virtuosidade para as creacións artísticas enfocadas de cara á pasarela.

Con todo, este novo deseño está a causar verdadeiro furor entre a clase política de  Galicia, pero, como soe acontecer con estes deseños tan innovodores, o mesmo nace rodeado de  polémica . De feito, o resto de creadores opinan que: “para lucir na pasarela é un gran deseño, pero para a vida cotián resulta demasiado estridente e pouco práctico”.

Si señores e señoras, dende que eu recorde a moda da lingua é un tema recorrente que cada pouco ponse de plena actualidade.

Cando eu era pequena levábase moitísimo o castelán, buff!!. Causaba furor. Quen quixera ser algo tiña que falar no idioma da capital. Así que, xa daquela había xente, -inclusive nas aldeas máis remotas-, que trataban de inculcar nos seus fillos esta lingua, unha lingua que, por outra parte tampouco coñecían moito, pero, aínda así, eran capaces de berrarlle ao fillo máis vello pola fiestra: “Juancito ven a comer los juevos fritos”. Alomenos era algo non?. En Santa Comba, por exemplo, era xa algo cotián falar en castelán; cando ías a mercería tiñas que pedir “ajujas” porque senón a señora “hiperestirada” que estaba detrás do mostrador non che entendía, vamos que, ou llo dicías así ou con señas, e tendo en conta que o que querías eran agullas case mellor usar o castelán.

Co tempo as cousas foron cambiando, paseniñamente. Naceu a TVG, en galego por certo, e a moda ía adaptándose a este novo tempo. Xa se comeza a combinar tendencias, nas aldeas séguese a usar o galego, pero o castelán deixa de causar furor; se hai que usalo … úsase, pero tampouco hai que ir cargados desta lingua para poder ser alguén medianamente importante. E nas cidades séguese a usar maioritariamente o español, pero complementado co galego, por isto de dar un toque Chic de culturismo bilingüe.

Logo, aló polos anos 90, chega un deseñador moi innovador. Un deseñador que se pon moito de moda: o BNG. Este innovador especialízase en reivindicar o galego; os libros da escola comenzan a editarse nesta lingua, a cultura galega fomentase en ambitos non habituais, e acontece algo insólito: nas cidades por primeira vez, dende fai moito tempo, ponse de moda ir de galego; si, de repente todo da a volta, e os fillos dos “castelanofalantes” que lles aprenderon o castelán comezan a falar galego. É a revolución, unha nova tendencia. Pero ademais non falan o galego do que se falou sempre, que va!, non é  do que falamos nas aldeas porque así nolo ensinaron nosos pais; no, falan un galego moito máis moderno, onde vai parar, é un modelo cunhas características propias. Bueno, e como en todas as modas, incluso chega a haber radicais das mesma, que, crean unha tendencia ao luso; si, si, como vos conto, en vez de “ñ” usan “nh” e variantes polo estilo, un escándalo!

E hoxe en día? Pois hoxe haiche de todo, sen primar unha moda concreta, os que queremos falar galego falámolo; os que queren falar castelán, pois tamén; e andamos todos misturados, cada un como mellor lle parece, combinando tendencias. E, a partires de agora, pois xa veremos, se finalmente triunfa este deseñador que temos agora, o PPdeG, pois teremos un novo complemento para lucir, o inglés. Olle! que moi bonito na pasarela, non digo o contrario, pero pouco práctico segundo en que sitios; porque isto de ter que ir á feira a Santa Comba a comprar as “chickens” E, desde logo non vou ser eu a que vaia contra esta moda, que me parece marabillosa; e, cantos máis idiomas sepamos mellor, pero creo que se deseña dunha maneira pouco funcional.

Pues eso, friends, que a moda é o que ten, que dura lo que dura.

P.A.M

La Navidad, que bonita es…urgg!!

O ano pasado escribín un post contando o moito que odio o Nadal, pero no, deime conta que non odio o Nadal, o que detesto é a parafernaria que o rodea.

Ter que  ir de compras, – e digo ter, porque realmente en ocasións é unha obriga- e chegar aos centros comerciais e ver que  que todos están a tope.  E, eu que teño a enfermedade chamada “agobio nos sitios pechados e cheos de xente” xa vos podedes imaxinar o  mal que o paso estos días previos. 

E logo, as panxoliñas (que soa precioso pero que son os villancicos de toda a vida,vamos!),  as postais, as comidas, os agasallos as cestas…(uhhh, bueno esto mola).

Pois iso, como eu non penso ser a única fastidiada por esta festa  vos deixo un “regaliño”, só pa j….claro.

P.A.M

A Iglesia Católica, a gran HIPÓCRITA

Eu nacín nunha aldea e medrei coa tradición eclesiástica moi arraigada. A miña familia é Católica e de misa de Domingo, chova, neve ou quente o sol.

Dende ben pequeniña me obrigaron a ir a cumprir coa litúrxia, e digo obrigaron porque era algo que detestaba. Levantarme o Domingo cedo para ir a un lugar que me resultaba frío e aburrido. Aínda así fíxeno durante moitos anos, a verdade, non recordo  cando deixei de cumprir con esta tradición familiar. Pero do que si me lembro é de que isto da Iglesia sempre me pareceu unha hipocresía.

Cando tiña 8 anos, coma case todos os nenos e nenas, tocoume facer a Comuñón,  e, antes do día principal recordo que nos confesaban, a min tocoume un crego que, segundo meu pai era dos bos, e que ademais, morreu moi novo.

Acerqueime ao confesionario e dixen o que me habían aprendido. “Ave María Purísima”. “Sen pecado concibido, que pecados crees que tes filliña”. Eu nun primeiro momento pensei;- teño 8 anos, poucos pecados podo ter, como non sexa o de mentir a miña nai-.  Así que díxenlle: ” O meu maior pecado creo que é que penso que os curas son  uns aproveitados”. O sacerdote, me imaxino, que non sairía do seu asomo, así que preguntoume: “¿E ti porque pensas iso?”, ao cal lle respostei:  “Pois pénsoo porque sei que cobrades os ovos, o millo, o centeo e moitas outras cousas a xente que non pode pagalo,  que pasa moitas necesidades, e logo ides predicando a caridade”. O cura, quedou calado e o único que me dixo foi: “Miña filliña,  os curas ao igual que o resto da xente hainos bos e malos”. En fin, deume a salvación, pero sempre pensei que, moi ben non lle debeu parecer porque me mandou tantos “Padrenuestros” e “Avemarías” para redimirme dos meus pecados que, se lle fago caso, aínda estaría rezando hoxe.

O meu pensamento foi igual ao longo de toda a miña vida, e é así porque a Iglesia  que eu coñezo e coa que convivo leva actuando desta maneira dende sempre. Miña nai e meu pai contan  que cando eles eran pequenos, e a xente pasaba fame, -e digo fame no seu sentido máis amplo-, e se mataba o porco había que levarlle o raxo ao cura, era obriga  darlle os ovos aínda que os filliños quedasen na casa chorando coa fame. E, eses curas, tiñan o pouca dignidade de coller o pouco que tiña a xente. E logo falaban da “caridade cristián”, caridade que eles remediaban cobrando a “bula”.

As mulleres solteiras quedaban preñadas do crego do lugar, pero non podían dicilo, era unha deshonra, eran maltratadas en moitas ocasións pola familia dese crego, eran humilladas polo pobo, pero non pasaba nada, remediábase tendo o sacerdote da parroquia ” sobriños ou sobriñas” non fillos ou fillas recoñecidas.

E, agora, no ano 2009 atrévense a dicir que:  “No se entiende que quitar la vida de un ser humano inocente no pueda ser un delito” . E isto dino seres humanos pertencentes a unha Iglesia Católica, que, durante anos foi cómplice de que os seus servintes abusaran sexualmente de nenos inocentes, os maltrataran e os destrozaran psicolóxicamente. ¿ISO NON É DELITO?. Que maior delito haberá que quitar a dignidade das persoas inocentes.  Que deixar pasar fame a seres que,  polo seu temor a ir ao inferno, pensaban que as mellores coseitas tiñan que ser para o cura. Que abusar de mulleres que pola súa ignorancia e medo se deixaban preñar polo “Señor Cura”, a sabendas de que, a súa vida podía quedar desfeita. E eu me pregunto: ¿Cantas desas mulleres que quedaron preñadas do Sacerdote da Parroquia se poideran abortar o farían? ¿A cantas desas mulleres se lles faría un grandísimo favor deixándoas abortar para non ter que vivir a deshonra de quedar preñada nunha época na que non había maior indignidade que ter un fillo de solteira?

E agora veñen estos Señores, que nen sequera saben o que significa ter un fillo, porque a súa relixión llo prohíbe, eles que non son sometidos a tortura de ter que decidir se seguir adiante con un embarazo ou non, a ver como a súa vida pode quedar destrozada por unha decisión errónea. Eles veñen a dar leccións, ¿leccións de qué?. Por favor, que recoñezan todo o mal que fixeron, qué pidan perdón as súas víctimas e que se adiquen a redimirse das vidas que destrozaron.

P.A.M

O “sector gandeiro”: si este fracasa que lle queda a Mazaricos??

Este post ía ser unha indicación para o sector gandeiro en xeral, a nivel de toda Galicia, pero un  comentario que me deixaron no blog, e o cal vos reproduzo, fíxome meditar máis aló do que aparentemente se está a vivir:

“Moi bonitas as fotos do concello pero pésimas as palabras do excelentísimo señor alcalde que mais o seu labor de non facer absolutamente nada polo concello atrevese a falar do presunto polígono industrial que fixo xa fai moitos anos sen ningún tipo de papel e no cal ten dúas empresas que prexudicou cos seus chanchullos. Por outra parte o alcalde falando da emigracion fai referencia a metade do seculo pasado, pero non fai falla ir tan lonxe porque ahora mesmo a metade dos mazaricanos temos que facer as maletas para ir a traballar moi lonxe debido a incompetencia do noso alcalde para atraer empresas que se implanten en Mazaricos. Tan ben estamos en Mazaricos que ainda non podemos enfermar porque non temos medico de urxencias, pero sempre nos quedaram prados e un paisaxe precioso no que as xentes iran desaparecendo e os toxos rexurdiran.

Amigos adoro a miña aldea pero vexo que nos estamos quedando sos o pesar do que se di.

un saudo”

Como podedes comprobar hai concellos como son o de Mazaricos, nos que non hai practicamente nada, non hai industria manufactureira, moi pouco comercio, apenas servizos, e, case cero posibilidades de subsistir e saír adiante senón te adicas a gandería.

O  que ía ser o Polígono Industrial permanece paralizado, non temos aínda un plan urbanístico que permita edificar, xa que, en caso de querer levantar un edificio te atopas na conxectura de que ou ben non tes terreo edificable, ou que, no novo plan a edificación quede fora do mesmo. O cal, resulta aínda máis grave, cando se trata da constitución de novos negocios, posto que,  están sometidos aos criterios da responsabilidade na aprobación dos proxectos.

Os mazariquenses desprázanse a Santa Comba, a Negreira, a Muros ou mesmo a Outes para realizar a súa vida cotián. Póñovos uns exemplos moi claros, en Mazaricos non hai Garda Civil, se tes que poñer unha denuncia acodes a Outes. Aos Xulgados vas a Negreira ou a Muros (dependendo do procedemento do que se trate), para o Notario, o máis próximo, o de Santa Comba, se tes unha urxencia médica tes que ir a Santa Comba, así que os de cerca de Muros é mellor que non enfermen un día festivo porque chegar ao médico pódelles levar cerca de 40 minutos. En caso de necesitar Protección Civil, a que acode é a de Santa Comba,  o Centro de Día máis próximo é o de Outes, pero claro é para os veciños de Outes….En fin, un milleiro de carencias que vos irei contando pouco a pouco.

O problema de todo isto é que a poboación de Mazaricos acaba marchándose a traballar fora, o que conleva a que tamén se empadroen noutros Concellos, o único que queda en este momento no meu concello, que pode xerar prosperidade, é o SECTOR GANDEIRO, del vive aínda gran parte da poboación que decidiu quedarse a pesares de non haber nada.

Por iso, porque eu son das que me marchei, pido que se axude aos que con valentía decidiron quedarse, que se apoie ao sector gandeiro para que os CONCELLOS que non teñen outra cousa poidan subsistir.

P.A.M

Remataron os Congresos Provinciais, a foto final

Como levo facendo dende que comezamos a andanza dos Congresos, estiven comentando as impresións, as anécdotas e as cousiñas que ían pasando en cada un deles.

Este Sábado rematamos o periplo en Ourense, e, a partires deste momento comeza unha andanza nova, cunha estructura diferente e que nos vai levar a vivir unha experiencia nova no PSdeG-PSOE.  Elexín precisamente  esta foto porque é a última que se fixo, a derradeira dos Congresos e que ademais pecha unha etapa e abre outra nova.

Sobre o Congreso de Ourense pouco que contar, tan só que quero dar a noraboa a María e Osorio porque teñen moi merecido o posto que lles tocou, son do mellor que hai en Ourense.  E,  lamentar a morte do chófer de Leire, Felix, nun accidente de tráfico cando se desplazaba dende Vigo a Madrid. Unha verdadeira lástima.

 P.A.M

O Congreso de A Coruña: tal cual unhas Muncipais

4082971838_d56369cfa4[1]

Este Congreso comenceino con mal pé.

O día anterior fómonos para  Coruña para deixar todo o máximo organizado posible e, non ter que andar a correr o Sábado. Ben, fomos directos para o PALEXCO, estivemos alí ata as dez e pico, logo cenamos e  marchamos para o Hotel.

Desfago o bolso, e….., leñe non collín calcetíns, bueno non pasa nada….ten arreglo. Sigo colocando todo e,  de repente, ostras!!! o neceser do maquillaxe…Isto xa é moito máis grave que o dos calcetíns, isto non ten arranxo, eu sen maquillaxe, e agora….pois nada, toca esperar ao sábado e ir a unha das droguerías da Calle Real, pero claro non abren ata as dez, bueno olle pois si non hai máis remedio toca esperar ata as dez. Así que o Sábado antes do Congreso percorrín a Calle Real como 10 veces, pero iso non é o peor, no, o peor é que chovía, e moito. Ao final abriu IF, estaba salvada!, comprei o que necesitaba e de volta para o Hotel, as 10:20 estaba lista e no Congreso.  E pensaredes, esta tía está mal da sesera, tanta complicación polo maquillaxe, pois si, e que para min forma parte da rutina diaria antes de ir a traballar, é como ducharme ou lavar os dentes, levo tantos anos facéndoo que senón paréceme que me  falta algo.

Chego ao Congreso, por alí todo ben, o plenario xa o deixara listo do día anterior así que só era revisar que todo seguira no seu sitio,  subín para organización, por alí tamén todo ben, xa estaban os rapaces da Comisión de Credenciais e só tocaba facer a acta. As 11 xa estaban acreditados case tódolos Delegados e Delegadas. COMEZABA O ESPECTÁCULO.

Logo todo foi moi rápido, intervencións, votacións, montaxe novamente do Plenario, da Executiva con Tere, máis votacións , máis intervencións….e, polo medio, algunha que outra escapadiña para falar con amigos, porque o bo deste Congreso, alomenos para min, é que coñecía a case todo o mundo, co cal puiden intercambiar impresións con uns e con outros.  Con Jorge de Negreira charlei un bo ratiño, con Manolo de Miño fixen unha aposta, que por certo perdín, Manolo déboche dúas copas, pero non sabes canto me alegro de deberchas. A Fernando Martínez padre conteille as miñas penas, coma sempre, e que sabe escoitar tan ben, é tan sabio. Cos rapaces de Xuventudes rinme moito, con Mari Jartín que é unha coñera.

E que vos vou a dicir, polo demais  todo ben, e, non me preguntedes porque pero eu saín moi feliz deste Congreso.  Moi satisfeita e realizada e sobre todo moi orgullosa dos meus compañeiros e compañeiras, de xente como Emilio, Katy, Nachete, Iván, Jose, María, Tamara, Augusto, Xaime, Montse, Jorge, e moitos outros que foron sinceros e coherentes coas súas ideas con independencia do bando ao que pertenceran.

O que si, a  min recordoume este Congreso as eleccións municipais. Todos aqueles que fóstedes algunha vez nunha lista ou participastes  nunha campaña sabedes que hai tres clases de veciños;

– Hai o veciño que lle vas dar a gorra, ou o bolígrafo, – que por certo aproveito para dicir que nas Municipais do 2007 a Mazaricos non lle deron nin un triste chupa e tiven que eu andar a pedir condóns aos de Xuventudes e comprando gorras para non ir cas man valeiras as casas, espero que a nova Executiva sexa algo máis xenerosa cos pequenos-, e che di que si, que che vai votar que non teñas ansia, bla, bla, bla. E ti contas, nesta casa son 4, tres para un lado un para o outro, tate! xa está…

– Logo está o veciño sinceiro que xa directamente che di:  “no eu vótolle a Santos porque é moi boa persoa, eu sinto pero…”  Entón contas novamente, aquí xa nada, cero,  sigamos logo.

– E, finalmente están os “queda ben” como meu pai, que veñen os do PPa pedir o voto lles di: “si, ti non te preocupes, na nosa casa somos 3 a votar e imos repartir, un para o PP, outro para o PSOE e o outro para o BNG”, e claro,  saes de xunta alguén tan equitativo e dis bueno pois aquí outro votiño xa o teño.

Total que xa comezas a facer as túas contiñas, 3 da casa de fulaniño e máis un de menganito, ben, ben esto vai ben…pero amig@s,  chega a hora do reconto e a ti non che saen os números por ningún lado, porque claro, as contas da casa nunca dan coas da plaza e os humanos a maioría somos mentireiros por natureza, así que non debemos fiarnos nunca de ninguén porque a carne é débil e uns tubiños nunha leira ou un camión de gravilla na eira…buf!!!

A.M.P

O Congreso de Lugo

Pouco podo decir deste Congreso, salvo que saiu elexido con moita sorpresa Ricardo Varela Sánchez.

E dende aquí dedicarlle a Lucho a miña aperta máis forte.

Lucho ; ” Tres facultades hay en el hombre: la razón que esclarece y domina; el coraje o ánimo que actúa, y los sentidos que obedecen” Platón

P.A.M

Os Congresos Provinciais, Pontevedra

 

 

O pasado Sábado, día 03 de Outubro, celebrouse o primeiro Congreso Provincial do PSdeG-PSOE, o de Pontevedra.

Eu ata hoxe non me parei a pensar en que ao final é un fito histórico dentro do Partido en Galicia, pois estamos a adaptar a nosa estrutura orgánica ao resto do estado, só faltaba Galicia por facelo, e, agora estamos no camiño de constituír unha nova maneira de funcionar. -As veces os que traballamos dentro da organización non sopesamos o que estamos a facer, senón que, o que facemos saia ben, nos paramos nas formas pero non no fondo-.

Foi un Congreso tranquilo, onde se previa unha soa candidatura, a de Modesto, aínda que sempre che queda a dúbida do que pode facer Gonzalo Caballero, pero, ao final só obtivo dous minutos ao principio, coa  súa habitual interpelación á mesa do Congreso, presidida por Paula Fernández – a Alcaldesa de Silleda- para solicitar que se abrise o debate dentro do Plenario. Na orde do día non se contemplaba esta posibilidade, e, como  esta foi aprobada por asentimento por parte dos delegados, todo se quedou en nada, -teño que confesarvos que eu rezaba para que non se cambiase, non porque non quixera oir aos Delegados,  senón porque penso que a día de hoxe seguiriamos alí escoitando a Gonzalo-, ademais os Delegados tiñan a posibilidade de facer as súas intervencións na propia Comisión de Estatutos expoñendo todo o que considerasen oportuno en canto a estrutura e funcionamento, de modo que non se restrinxían os seus dereitos a participar abertamente, o cal da tranquilidade.

Traballamos moito, pero tamén nos rimos, eu como sempre facendo o parvo con Javier Castiñeiras, porque había un ROLL-UP do PSdeG-PSOE, – isto é unha especie de pendón que colga dun pao-, e collémolo no corredor de arriba e simulamos unha procesión con música e todo…pártome con Javi.  Nas votacións comendo empanada de bacallau, con Dieguiño na comida…, con Blas berrando un co outro todo o día, como sempre polo traballo….aínda que ao final Blas sempre ten a razón, xa non sei pa que discuto con el, con Marisa no Plenario, que gran traballo fixo Marisa, con Mila e os seus nervios, co Comité Electoral..,a verdade, con todos os que colaboraron e traballaron que foron estupendos.

En fin, que só desexo que os restantes congresos saían tan ben ou mellor que este, porque eu pola miña parte espero corrixir os erros cometidos.

Si queres ver máis fotos clika aquí.

P.A.M


Post máis vistos

septiembre 2021
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Páginas