Posts Tagged 'Precampaña-campaña'

Ola, ola…qué tal?

Xa levo moitos días sen entrar sequera no Blog, como vos podedes imaxinar non tiven nin un minuto para poder facelo.

Esta campaña está a ser dura e difícil porque hai que “lidar moitos toros”…pero só queda pensar positivo, cada acto é un día menos e polo tanto un pasiño menos para acadar a meta…

Onte estivemos pola manan na presentación da Candidatura en Pontevedra, en este acto estreouse en primicia a versión que fixo Xoel da “Pomba Dourada”, está bastante ben, admítense opinións… Xa pola noite fomos con Mar a unha homenaxe a Lestedo, había moita comida pero nada destacable a verdade….non vos recomendo o sitio porque non vale a pena.

E, hoxe Domingo, ala nos fomos a Lugo a un mitín con ZP, nada que reseñar ao respecto salvo que, estivo na liña dos últimos bah …ben…! E, tralo mitín ZP xunto con Touriño, Pepe Blanco e outras autoridades quedáronse a comer en Lugo, no sitio de sempre, o Hotel Jorge I, está ben, pero e que eu tampouco coñezo outro sitio en  Lugo para poder comparar. O mellor foi o menú, pulpo e carne o caldeiro…moi enxebre…

Como foi un día difícil gustaríame darlle as gracias moi especialmente a uns chicos e chicas que van na candidatura de Lugo porque con xente con eles é moito máis fácil facer o traballo.
Espero poder ter tempo e seguirvos contando…

P.A

De estómago e corazón

Como xa todos saberedes…¡ESTAMOS EN PRECAMPAÑA! que se diferencia da campaña basicamente en…..NADA, bueno si, en que na campaña pídese o voto e na precampaña dise que se vai a pedir, é cuestión do tempo dos verbos…

Pois ben, este fin de semana pasado estivemos en Vigo e logo fómonos para Ourense; que pracer é ir sempre a Ourense, hai unha xente marabillosa como son Osorio, Lalo, María, Bea, Conchi….que gusto da traballar con eles…bueno, e tamén saír de viños e pinchos, nos fixémolo un ratiño o Sábado pola noite, logo de visitar o Pavillón, facía un frío de mil demos, pero metémonos nunha tasca “O Perico” na que comemos moi ben e onde probei o mellor flan de queixo que xamais había comido…e, foi ahí onde  falamos dos blogs, Blas vai facer o diario de campaña e eu como sempre vou levar a parte “rosa” a que bautizamos como “estómago e corazón”.

Para o estómago recomendarvos o cocido de A Cañiza, boísimo, e para o corazón contarvos que ZP estaba guapísimo pero, iso si, non lle viña mal o cocido da Cañiza.

Seguiremos xuntos…e, por certo deíxovos o cartel que anunciaba o mitín…”precioso”

P.A


Post máis vistos

septiembre 2021
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Páginas