Posts Tagged 'Crónicas'

Onte foi un gran día

 
 

Onte foi un gran día….

Moitos nervios, moita tensión, a adrenalina a mil…todo tiña que sair segundo o guión….carreiras, e, todo listo…..comeza o espectáculo….

Unha vez máis organizase un gran acto, e unha vez máis os da “O” tratamos que todo saia ben…

E, como sempre hai “anécdotas”; cóntovos dúas que me pasaron a min, a primeira; para comprobar  si estaban todos os asistentes das zonas reservadas vinme na “obriga” de pasar lista, así que xa vos podedes imaxinar a escena de pasarlle lista a  toda a executiva, conselleiros, parlamentarios….en fin un gustazo.

E, a segunda aconteceu xa no escenario, estaba eu preparada para ir sentando aos Cargos que ían nos laterais, atención! coa música a tope e entrando polo pasillo os Alcaldes, chamame Blas, falta unha persoa da grada lateral, así que non queda máis remedio que quitar a silla pero….”leches” estaban atadas con bridas, así que, xa me vedes a min arrancando a brida, aínda non sei moi ben como (creo que coa mala leche),  mentres entran os Alcaldes polo pasillo, bueno, “de coña”.

Pero, teño que confesarvos que, cando todo remata e Emilio comeza a falar, síntese a baixada da adrenalina e un alivio tal que en ese momento eres capaz de flotar…

En fin, que moitísimas gracias a todos os que asistiron, aos que axudaron e os que nos apoiaron e felicitaron….

P.A


Post máis vistos

septiembre 2021
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Páginas