«Hai que ver no que nos convertimos»

Penso que nunca vos falei do que vou contar agora.

Eu, como xa sabedes, nacín nunha familia humilde que  pouco a pouco foi «facendo vida», meu pai comezou como camionero e co paso do tempo montamos un almacén de abonos, materiais de construción, etc, pero un día de xa fai bastantes anos xurdiunos a oportunidade de comprar un novo negocio, trátase dunha funeraria, si … dunha funeraria. Hai moita xente a que lle da «repelús» este tema pero dígovos que a todo te acostumas, a todo menos á tristeza e a dor dos demais.

A min de vez en cando, como é lóxico, tócame o traballo de «amortaxar» a algún defunto. A fin de semana pasada, sen ir máis lonxe, fomos miña nai, meu pai e máis eu á morgue do Gil Casares a recoller un morto. Chegamos alí, a morgue é pequena, triste, ruinosa e penosa; sacámolo da nevera na que estaba e cando abrimos o sudario meu pai só puido expresar: «hai que ver no que nos convertimos».  É certo, cando te enfrentas a un corpo inerte, desnudo e indefenso, pasan pola túa cabeza centos de cousas. O primeiro sentimento é de profunda lástima, e logo chega a compasión e incluso a dor por ese ser que apenas coñeces pero que agora está a túa «merced».

Neste momento pensas, por que as veces seremos tan crueles cos demais? Por que nos gusta facer dano intencionadamente? Por que nos encanta cotillear e xulgar sen coñecer?  Se ao final só vamos a ser un corpo desnudo, inerte e frío nas mans doutras persoas.

A min, particularmente, sempre me «jodeu» moitísimo que me tacharan de «pija» sen coñecerme. Só polo feito de que me gusta arreglarme, maquillarme e vestir dunha determinada maneira, e, máis aínda cando se utiliza como un mero insulto, porque calquera persoa que me coñece sabe que non o son. E, non o son por unha sinxela razón, cando era adolescente non o fun porque non me podía permitir ese luxo, xa que me mantiña a miña familia, e dende logo era demasiado humilde para poder eu aspirar a ser «pija». E, agora de maior, e sendo independente, segue sendo un luxo que non me podo permitir, xa que os meus ingresos non me dan para costearme unha vida de «pija».

Pero con todo, sei que hai xente que cando non ten un motivo ou outro tipo de descalificativo tira deste tan socorrido, e que como ben comprederedes a estas alturas da miña vida me «resbala» bastante.

E diredes, e a que se debe todo isto? Pois a nada, sinxelamente a que me apetecía liberarme desta etiqueta, e a que só me gustaría que o día que se abra o meu sudario alguén sinta a suficiente compasión como para decir con lástima «hai que ver no que nos convertimos».

P.A.M

8 Responses to “«Hai que ver no que nos convertimos»”


  1. 1 blas abril 8, 2010 a las 11:17 am

    Aínda que sexa eu o que deixa este primeiro comentario, e algúns diredes que carezo de imparcialidade neste caso, teño que dicir que me encanta este post. Un post que nunca escribiría unha «pija» -dou fe que non o é-.

    Ademais, o simple feito de escribir esto sirve como exemplo para rebatir ese famoso dito -e pensamento- de que todas as loiras son parvas; neste caso non é así.

    Ánimo, e espero que esas -e eses- que che califican desa maneira, e que en ocasións ata se atreven a pasarse por «amigas/os» se dean conta de que a falta de argumentos para falar, criticar, censurar ou opinar sobre ti os leven a caer no «calificativo» fácil. Pero ademais demostran que non che coñecen.

    AM

  2. 2 loli abril 8, 2010 a las 12:23 pm

    Só podo dicir touché. Noraboa polo post. Dou fe de que non eres pija. Biquiños

  3. 3 Delfín abril 8, 2010 a las 3:34 pm

    Mira, eu non sei quen te etiqueta de «pija», e se cadra non sei definir «pija» (abofé), pero o que si sei é que non eres ignorante, e que tes un montón de amigos, e o máis importante é que tí sabes cales son.
    Unha aperta.

  4. 4 Millán Fernández abril 8, 2010 a las 4:42 pm

    gran post…da que pensar. noraboa.

  5. 5 cata abril 8, 2010 a las 5:02 pm

    fai uns anos morreu unha vella, solteira e sen fillos, do meu pobo; a verdade é que era un bicho, vamos, que era bastante mala muller. O caso é que miña nai foi ao enterro e cando voltou dixo que o triste que era morrer e que ninguén te chorase, que ésa era a peor morte. Coma tí, eu só aspiro a que cando falte alguén pense que era boa persoa, e que alguén me bote de menos.
    E do de pija, en fin, se a envexa fora azul habería pitufos a moreas…

  6. 6 o demo. abril 19, 2010 a las 10:52 am

    O q realmenta importa, e levar xente cando morras, polo q dirán. Se durante a vida estas morto profesionalmente e economicamente eso da igual, eso neste momento é secundario.

  7. 7 anonimo mayo 21, 2010 a las 5:16 pm

    CONCELLO DE OUTES AUTORIZO LA CONSTRUCCION DE NAVE ILEGAL EN SUELO RUSTICO, NO URBANIZABLE Y SIN AUTORIZACION DE LA XUNTA DE GALICIA

    En el 2006, el alcalde de outes CARLOS ENRIQUE LOPEZ CRESPO (PP) autorizo la construccion ILEGAL de oficinas y nave de la empresa constructora OyS Noroeste en suelo rustico, no urbanizable y sin autorizacion de la Xunta de Galicia.

    Esto es increible…y el PSOE- Outes sin hacer nada como si no existiera……y CRESPO sigue de alcalde….como si no pasara nada….

    Para ver la noticia en mas detalle buscar en el internet – EL ALCALDE DE OUTES, IMPUTADO POR FALSEDAD DOCUMENTAL Y DELITO URBANISTICO

    Tambien buscar – OyS NOROESTE CONSTRUYO EN TERRENO RUSTICO Y SIN LICENCIA DE OBRA

  8. 8 anonimo junio 5, 2010 a las 5:58 pm

    EL AYUNTAMIENTO DE OUTES, DENUNCIADO POR ADJUDICACIONES IRREGULARES

    ESTO FUE PUBLICADO EL SABADO, 29 DE MAYO DEL 2010 EN laopinioncoruna.es

    Para ver la noticia en mas detalle ir a http://www.laopinioncoruna.es y buscar OUTES

    En Marzo del 2009 el alcalde de Outes Carlos Enrique Lopez Crespo (PP) le dio ilegalmente sin publicidad unas obras a OyS Noroeste por importe de 124.000 euros que le pertenecian a Adecon Obras pese a que su oferta era mejor.

    El Concello de Outes tiene otros cinco recursos por adjudicacion indebida pendiente de resolucion.

    El alcalde CARLOS E. LOPEZ CRESPO dispondra de 15 dias para presentar alegaciones. De ser aceptadas, el caso debera ser resuelto por el Tribunal Superior de Xusticia de Galicia.

    EL alcalde CARLOS E. LOPEZ CRESPO (PP) imputado por falsedad documental y delito urbanistico en Mayo del 2009…. ( Esto nunca fue publicado) solo en el internet por laopinioncoruna.es…….Los periodicos que se venden en Outes NO PUBLICAN NADA DE ESTO y la gente del concello no esta informada de esta noticia.

    El PSOE-Outes sin hacer nada…….como si no existiera.


Deja una respuesta

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s




Post máis vistos

abril 2010
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Páginas


A %d blogueros les gusta esto: