Archive for the 'Curiosidades' Category

Hoxe decidín celebrar o “día da muller traballadora”

Onte tivemos enterro. Ultimamente os Domingos estanse a converter en días de ir a misa para min, e non precisamente porque eu sexa de misa de Domingo, senón porque coincídeme de termos traballo na funeraria en fin de semana, que é cando estou eu.

Morreu a Señora Magdalena, que era unha veciña de onde nacín eu, na Gris (Negreira), unha moi pequeniña aldea, de seis casas de veciños, moi ben levados, bueno todos menos un, os de San porque o fillo solteiro que quedou na casa é un túzaro. Sra. Magdalena tiña 96 anos, e, como se di na miña zona ” a ninquen nos gusta dar os nosos, pero foi nunha edá moi bonita”.  A Sra. Magdalena, ao parecer levaba dous días despedindo, e, miña tía Lusdivina (Mari Luz segundo o carné de identidade), non sei porque pero estaba na casa acompañando aos familiares neste momento,  contounos que a familia da moribunda chamou ao cura, supoño que para darlle a “Extrema Unción” (extremaución), e mentres a Sra. agonizaba nos seus últimos momentos, o párroco  non paraba de repetir as fermosas frases de “que Dios che acolla”,” que vaias aos ceos”, “recemos para que ….”, e cousas polo estilo.  Miña tía ofendeuse moito, ela tamén digamos que é un pouquichiño “herexe”, e, como ten a teoría de que se oe todo ata o mesmo momento en que morres, seguramente a Sra. Magdalena estaba a escoitar todo, e, dado que estaba inconsciente dende facía días, nese momento foi plenamente consciente, gracias ao noso cura, de que chegara a súa morte. Total, que miña tía é un pouco, digamos….sincera, e xa lle espetou ao cura onte, que non lle parecera nada ben o que fixera , ao final tivo “gresca” con el, miña tía que é así..

Cando chegamos a igrexa, sorprendéronme unhas voces, voces fimininas, algo excepcional. Eu non sei como se fai nas vosas parroquias, pero, nas que eu frecuento, para os enterros, funerais e misas, van cantar sempre o que lle chamamos os “cantores, que veñen sendo un ou dous homes, cun órgano e un par de voces. Sempre homes, sempre alúmenos dende que eu recordo; digamos que este é un gremio practicamente masculino por onde eu me criei. De aí que me sorprendera escoitar voces de mulleres, pois si, cando entramos comprobei que se trataban de dúas rapazas duns 19 anos que se acompañaban dun órgano. Resultoume chocante pero ao mesmo tempo grato, acabábase de romper unha hexemonía masculina dentro da parafernaria da igrexa, non é algo progre pero alúmenos é algo diferente.

E, como xa sabedes, eu non fun partidaria de celebrar o “día da muller traballadora” porque creo que hai cousas que non se deberían ter que celebrar cando non hai un motivo, eu hoxe si teño un motivo para facelo, e por iso hoxe celebro o día da muller, hoxe si, e fareino cada vez que vexa algún avance ou diferenciación por pequena que sexa.

“Hai que ver no que nos convertimos”

Penso que nunca vos falei do que vou contar agora.

Eu, como xa sabedes, nacín nunha familia humilde que  pouco a pouco foi “facendo vida”, meu pai comezou como camionero e co paso do tempo montamos un almacén de abonos, materiais de construción, etc, pero un día de xa fai bastantes anos xurdiunos a oportunidade de comprar un novo negocio, trátase dunha funeraria, si … dunha funeraria. Hai moita xente a que lle da “repelús” este tema pero dígovos que a todo te acostumas, a todo menos á tristeza e a dor dos demais.

A min de vez en cando, como é lóxico, tócame o traballo de “amortaxar” a algún defunto. A fin de semana pasada, sen ir máis lonxe, fomos miña nai, meu pai e máis eu á morgue do Gil Casares a recoller un morto. Chegamos alí, a morgue é pequena, triste, ruinosa e penosa; sacámolo da nevera na que estaba e cando abrimos o sudario meu pai só puido expresar: “hai que ver no que nos convertimos”.  É certo, cando te enfrentas a un corpo inerte, desnudo e indefenso, pasan pola túa cabeza centos de cousas. O primeiro sentimento é de profunda lástima, e logo chega a compasión e incluso a dor por ese ser que apenas coñeces pero que agora está a túa “merced”.

Neste momento pensas, por que as veces seremos tan crueles cos demais? Por que nos gusta facer dano intencionadamente? Por que nos encanta cotillear e xulgar sen coñecer?  Se ao final só vamos a ser un corpo desnudo, inerte e frío nas mans doutras persoas.

A min, particularmente, sempre me “jodeu” moitísimo que me tacharan de “pija” sen coñecerme. Só polo feito de que me gusta arreglarme, maquillarme e vestir dunha determinada maneira, e, máis aínda cando se utiliza como un mero insulto, porque calquera persoa que me coñece sabe que non o son. E, non o son por unha sinxela razón, cando era adolescente non o fun porque non me podía permitir ese luxo, xa que me mantiña a miña familia, e dende logo era demasiado humilde para poder eu aspirar a ser “pija”. E, agora de maior, e sendo independente, segue sendo un luxo que non me podo permitir, xa que os meus ingresos non me dan para costearme unha vida de “pija”.

Pero con todo, sei que hai xente que cando non ten un motivo ou outro tipo de descalificativo tira deste tan socorrido, e que como ben comprederedes a estas alturas da miña vida me “resbala” bastante.

E diredes, e a que se debe todo isto? Pois a nada, sinxelamente a que me apetecía liberarme desta etiqueta, e a que só me gustaría que o día que se abra o meu sudario alguén sinta a suficiente compasión como para decir con lástima “hai que ver no que nos convertimos”.

P.A.M

Admiro á xente creativa, vai de sexo…

Onte chegoume un enlace dun blog onde se enseña un fantástico anuncio de…..sexo, e, non podía deixar pasar a oportunidade de que o vexades. É fantástico, e, sobre todo moi divertido e gracioso, nunca un “penecillo” me dou tanta peniña.

A.M

De maior quero ser Controlador Aéreo

Todos estes días vense falando moito dos Controladores Aéreos polo desorbitado dos seus salarios.

Pois ben, eu realmente non tiña nin idea de que había que facer para poder exercer esta profesión tan ben remunerada, xa que os Licenciados”mil – euristas” tendemos a ver que “carajo” fan os demais para conseguir ser tan sobrenaturais. Eu confésovos que pensaba que estudaban unha carreira dificilísima e custosísima, que pasarían centos de probas e que logo aprobarían unha oposición desas que tes que estudar alomenos 7 anos da túa vida.

Claro que eles o xustifican estes soldos, -me imaxino-, pola tensión que acumulan e a responsabilidade que sufren en cada aterrizaxe e despexe. Pero, o certo é hai moitos sectores que están sometidos a esa mesma tensión e non cobran nen unha cuarta parte,  un médico que opera a corazón aberto , uns rapaces do 112 que acoden a un accidente onde hai vidas humanas en risco, os bombeiros nun incendio, un conductor de autobuses que leva a 30 nenos ao colexio nunha mañan de xeada…

Así que, púxenme a averiguar o porque deste salario, e, isto é o que atopei – vouno a reproducir en castelán tal cal está-:

PROCESO HASTA SER CONTROLADOR

El I Convenio Colectivo Profesional de los Controladores de la Circulación Aérea, –publicado en el Boletín Oficial del Estado de fecha 18 de marzo de 1999, y corrección de errores publicada en el BOE de 20 de julio de 1999– regula en su capítulo I la selección, contratación e ingreso en la profesión. Así, el artículo 1 establece el acceso a la profesión de controlador de la circulación aérea en Aena, indicando lo que sigue a continuación:

1. Para acceder a esta profesión, en Aena, los aspirantes deben reunir los siguientes requisitos:

  1. Estar en posesión de un título universitario oficial de diplomado o licenciado o haber superado el primer ciclo completo de una carrera universitaria de grado superior. En cualquiera de estos casos, los estudios deben corresponder a carreras oficiales u homologadas por el Ministerio de Educación y Cultura español.
  2. Haber superado el curso básico de formación aprobado por la autoridad competente y facilitado por Aena.
  3. Haber obtenido la licencia de controlador de la circulación aérea y la primera habilitación local en una dependencia de Aena.

2. Para el acceso al curso básico de formación que Aena facilite, será preciso superar las pruebas de idoneidad de acuerdo con el perfil de selección específico para este colectivo profesional.

3. El contenido del curso básico de formación y el sistema de selección de alumnos para dicho curso serán aprobados por la Comisión Permanente.

PERFIL DE SELECCIÓN

Edad: preferentemente, entre 21 y 28 años (no excluyente).

Alto Nivel de Inglés: conocimiento fluido del idioma inglés (tanto a nivel oral como escrito), sin que en la expresión oral se observe dificultad que pueda afectar negativamente a las radiocomunicaciones.

Nivel de referencia: “C1” del Marco Común Europeo de Referencia para las lenguas -MCER- del Consejo de Europa, o el “Certificate in Advanced English of Cambridge”.

Principales capacidades, habilidades y/o competencias:

1. Agilidad mental para procesar información y capacidad para dar respuestas eficaces en corto espacio de tiempo.

2. Atención concentrada y dividida.

3. Autocontrol en situaciones de estrés.

4. Capacidad de coordinación en situaciones operativas.

5. Capacidad para analizar y tomar decisiones en corto espacio de tiempo.

6.Capacidad para trabajar en equipo.

7.Estabilidad emocional.

8.Orientación espacial.

9.Razonamiento abstracto.

10.  Resistencia a la fatiga.

Aptitud psicofísica, según normas de la Organización para la Aviación Civil Internacional (OACI).

Pois ben, miñas queridas “amigas” anímovos a participar no “PERFIL DE SELECCIÓN” xa que, estou segura que o 98% das mulleres pasaríamos o primeiro corte,  xa que cumprimos todos os requisitos:

1. Axilidade mental para procesar información e para dar respostas nun espazo curto de tempo: Temos trece pares de modelos iguais e somos capaces de distinguir cada un deles para un acontecemento distinto nun prazo inferior de 5 minutos. Por non falar de cando estas no traballo e che piden 10 cousas ao mesmo tempo para facer en xa… proba totalmente superada.

2. Atención concentrada e dividida: Bueno, que muller non é capaz de estar concentrada no traballo e ao mesmo tempo nas cousas que ten pendentes de facer na casa (informe sobre os últimos resultados….e planchar a camisa blanca, sacar a roupa escura da lavadora, miña nai levaría a Carliños ao médico, as ventas non están a ser moi boas, teño que chamar a….).

3. Autocontrol nas situacións de estres: Isto é do que mellor se nos da, todos a j…, os xefes, os compañeiros, a parella, os fillos…, uffff, e nos inamovibles. Collemos aire, media volta….e xa está, xa pasou.

4. Capacidade de coordinación en situacións operativas: En isto, algunhas somos expertas, podemos  pintar os ollos mentres conducimos….se iso non é coordinación que alguén intente poñer o rimel nunha curva.

5. Capacidade para tomar decisións nun espazo corto de tempo: É hora de marchar, que collo, bolso negro ou beis, zapatos marróns, nada bolso beis que vai con todo, decisión tomada en menos de 10 segundos.

6. Capacidade de traballar en equipo: Fácil, case sempre traballamos en equipo tanto na casa como fora, porque é raro que teñamos un traballo individualizado e personalizado.

7.  Estabilidade emocional. Aquí confésovos que quizais sexa onde máis floxeamos, pero é lóxico, como vas a ter estabilidade emocional despois de pasar todo o día traballando por un salario seguramente inferior ao do teu compañeiro do lado, aguantando ao simpático de turno, e logo chegar a casa e facer as tarefas, coidar os fillos…coño, isto acaba desquiciando a calquera…aínda así somos bastante estables.

8. Orientación espacial:
Ja,ja,ja…esto paréceme tan bo, chicas, aquí xa loitamos contra algo máis grande, o mito de que as mulleres non nos orientamos e nos perdemos continuamente, buf, a min con isto pásame algo extrano, cando vou soa xamais me perdo pero cando quero orientar alguén rara é a vez que acerto, así que tería solución, non dar indicacións senón executalas. Vamos que xa me vexo na torre de control mandando ao piloto pa Cuiña.

9.  Razoamento abstracto:
“Aquí nos han dado”…en isto somos expertas, quen razoa máis en abstracto que as mulleres…ninguén, non hai un ser vivo capaz de razoar sobre un imposible mellor ca nos, é indiscutible.

10. Resistencia a fatiga:
Isto tamén é o noso forte, aguantamos o que non está nos escritos, ou como senón íamos parir, parimos por aguante e resistencia, senón como é  posible que un ser  que estea empuxando con dor durante máis de 12 horas poida permanecer vivo.

Así que, como podedes comprobar, non é para tanto, podedes intentalo e con un pouco de sorte pasaremos a cobrar nada máis que 200.000€ ao ano, que non é gran cousa pero olle para un apaño…

P.A.M

A lingua volve a estar de moda. Tendencias para esta lexislatura

Cada pouco tempo algún Decreto ponse de moda, agora levase moito o chamado  “Borrador do Decreto do Galego”.

Esta nova “patronaxe” ven da man dun grande da “moda decretal”, o  Partido Popular de Galicia, que, como xa todos os seguidores da moda sabedes, é un deseñador coñecido pola súa virtuosidade para as creacións artísticas enfocadas de cara á pasarela.

Con todo, este novo deseño está a causar verdadeiro furor entre a clase política de  Galicia, pero, como soe acontecer con estes deseños tan innovodores, o mesmo nace rodeado de  polémica . De feito, o resto de creadores opinan que: “para lucir na pasarela é un gran deseño, pero para a vida cotián resulta demasiado estridente e pouco práctico”.

Si señores e señoras, dende que eu recorde a moda da lingua é un tema recorrente que cada pouco ponse de plena actualidade.

Cando eu era pequena levábase moitísimo o castelán, buff!!. Causaba furor. Quen quixera ser algo tiña que falar no idioma da capital. Así que, xa daquela había xente, -inclusive nas aldeas máis remotas-, que trataban de inculcar nos seus fillos esta lingua, unha lingua que, por outra parte tampouco coñecían moito, pero, aínda así, eran capaces de berrarlle ao fillo máis vello pola fiestra: “Juancito ven a comer los juevos fritos”. Alomenos era algo non?. En Santa Comba, por exemplo, era xa algo cotián falar en castelán; cando ías a mercería tiñas que pedir “ajujas” porque senón a señora “hiperestirada” que estaba detrás do mostrador non che entendía, vamos que, ou llo dicías así ou con señas, e tendo en conta que o que querías eran agullas case mellor usar o castelán.

Co tempo as cousas foron cambiando, paseniñamente. Naceu a TVG, en galego por certo, e a moda ía adaptándose a este novo tempo. Xa se comeza a combinar tendencias, nas aldeas séguese a usar o galego, pero o castelán deixa de causar furor; se hai que usalo … úsase, pero tampouco hai que ir cargados desta lingua para poder ser alguén medianamente importante. E nas cidades séguese a usar maioritariamente o español, pero complementado co galego, por isto de dar un toque Chic de culturismo bilingüe.

Logo, aló polos anos 90, chega un deseñador moi innovador. Un deseñador que se pon moito de moda: o BNG. Este innovador especialízase en reivindicar o galego; os libros da escola comenzan a editarse nesta lingua, a cultura galega fomentase en ambitos non habituais, e acontece algo insólito: nas cidades por primeira vez, dende fai moito tempo, ponse de moda ir de galego; si, de repente todo da a volta, e os fillos dos “castelanofalantes” que lles aprenderon o castelán comezan a falar galego. É a revolución, unha nova tendencia. Pero ademais non falan o galego do que se falou sempre, que va!, non é  do que falamos nas aldeas porque así nolo ensinaron nosos pais; no, falan un galego moito máis moderno, onde vai parar, é un modelo cunhas características propias. Bueno, e como en todas as modas, incluso chega a haber radicais das mesma, que, crean unha tendencia ao luso; si, si, como vos conto, en vez de “ñ” usan “nh” e variantes polo estilo, un escándalo!

E hoxe en día? Pois hoxe haiche de todo, sen primar unha moda concreta, os que queremos falar galego falámolo; os que queren falar castelán, pois tamén; e andamos todos misturados, cada un como mellor lle parece, combinando tendencias. E, a partires de agora, pois xa veremos, se finalmente triunfa este deseñador que temos agora, o PPdeG, pois teremos un novo complemento para lucir, o inglés. Olle! que moi bonito na pasarela, non digo o contrario, pero pouco práctico segundo en que sitios; porque isto de ter que ir á feira a Santa Comba a comprar as “chickens” E, desde logo non vou ser eu a que vaia contra esta moda, que me parece marabillosa; e, cantos máis idiomas sepamos mellor, pero creo que se deseña dunha maneira pouco funcional.

Pues eso, friends, que a moda é o que ten, que dura lo que dura.

P.A.M

O Facebook como vía de insulto

Esta é unha enquisa que se estaba a facer a través de Facebook:
Miguel Ángel González Batista Gotico power!
 
E este é o resultado da mesma en canto a números:
 
Results: ¿Las hijas de Zapatero o los hijos de Aznar?
Autoscale-100x100
Las hijas de Zapatero
2,977

  

Autoscale-100x100
Los hijos de Aznar.
778
 

Pero o que realmente me ten sorprendida é ao que chega a xente a través dunha rede social pública, deíxovos algun  dos comentarios para que vos mesmos xuzguedes. ¿É necesario acadar estes extremos de insulto?

Destripador Quim Castro16:36

A las 490 personas q han votado a l@s hij@s de Aznar… ME DAIS ASCO xDDD

Pij0s f4scistas de mi3rda que no teneis ni idea de lo que es la vida real… Adinerados afortunados… Hijos de p*ta

Judit Martínez Roldán17:48

Ya estamos con esperpentos… ¡Respetadlas!

Pilar Viana Mañez17:50

¿PORQUE TENGO QUE RESPETAR A UNAS ADOLESCENTES ,QUE NO SABEN ESTAR A LA ALTURA QUE DEBEN ESTAR , POR LO MENOS ESE DIA .

Destripador Quim Castro17:51

Vosotros si q sois vomitivos con esos comentarios xDDD

Peperos hijos de puta

Pilar Viana Mañez17:56

SR. DESTRIPADOR, MI MADRE ERA UNA SRA. SU MADRE Y MUCHAS DE IZQUIERDAS ASQUEROSAS SI QUE SON HIJAS DE PUTA

Destripador Quim Castro17:56

LOS PIJOS DAIS VERDADERO ASCO, ¿EH? xDDD

Mereceis un exterminio que se aproxime al Judío.
Yo os metería a todos en un polideportivo y tiraría las bombas de destrucción masiva que buscaban el mono y su esclavo “Ansar”. xDDD

TONTAKOS TODOS jajaja

Pilar Viana Mañez18:01

JAJAJAJ.MUERTOS DE HAMBRE, LADRONES ROJOS DE MIERDA. PARA EL DESTRIPADOR

Leticia López Pérez18:03

¿ Quien quiere a esas dos focas Gore? si dan miedo
 
Sen palabras.
P.A.M

“Cámara Café” na Rúa do Pino

Cámara café

 

Hoxe fun consciente da cantidade de tempo que levo sen entrar no meu propio blog, algo que dende logo non está nada ben, pero o certo é que o mes de Xullo foi unha tolemia de traballo e o mes de Agosto estiven de vacacións, e confeso que desconectei de todo o que tiña que ver con un ordenador.

Pois ben, ante todo pedir desculpas aos que me deixastedes comentarios e que non aprobei ata hoxe porque nin sequera sabía que os tiña, e, neste senso quero dar especialmente as gracias a  María que me escribe dende Suiza no post “Por favor non sexamos víctimas da carretera”, de verdade María, moitas gracias por facerme emocionar.

Estas vacacións foron diferentes as vividas ata agora, quizais pola nova etapa que estou a descubrir e que fai que cada día sexa diferente e novidoso. Non saín de Galicia pero si que aproveitei para ir a lugares onde nunca estivera ou que coñecía moi vagamente.

Pero sen dúbida o máis  interesante é a volta no traballo, xa que, é onde máis te podes sorprender.

Seguimos con obras, con máis e máis tabiques, somos como abelliñas nunha colmea. Pero sen dúbida a gran novidade é que puxeron unha máquina de café na Rúa do Pino, custa 35 céntimos, e tes que meter a cantidade exacta porque ao parecer a maquiniña non da cambio.

Eu teño a teoría de que a partires de agora cando saian da Executiva os/as  seus/ suas compoñentes van ter a súa CÁMARA CAFÉ particular, así como todos os/as que tomen  algo diante da mesma,-eu que non tomaba café creo que vou a empezar a tomalo e todo-,  vai ser ben divertido olle!!!, en canto aos personaxes que a interpretan deixoo a imaxinación de cada un…

En fin, que os meses vindeiros pintan interesantes, dígovolo eu…de Congreso en Congreso e entro porque me toca.

A.M.

O Congreso

 

O venres e o sábado celebrouse o Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE en Pontevedra.

En canto á Organización só podo dicir que foi francamente complicada, posto que o sitio era un verdadeiro laberinto, con moi pouca capacidade e con moitas trabas para realizar o traballo, por exemplo, nos tíñamos as oficinas na 5ª Planta pero o ascensor só chegaba ata alí si tiñas unha tarxeta, pero esa tarxeta non nola facilitaron co cal…xa vos podedes imaxinar, había que usar as escaleiras continuamente; o Plenario era escasísimo, apenas collían os Delegados/as. En fin que traballamos nunhas condicións moi difíciles, e, para máis carajo recibimos a visita de Alejandro de Vimianzo coa intención de Impugnar o Congreso,- eu nese momento só pensaba, mecagüen….co traballiño que pasamos para organizalo-. En fin que moi chungo todo!!, bueno, salvo os asistentes, deles teño que dicir que “chapou”, a pesares de non haber sitio ninguén protestou nin se enfadou co cal foi o mellor de todo, así que pola parte que me toca moitas gracias a todos pola colaboración.

En canto á nova Executiva…., uhhhhh! guai???? chachi???? volvo a ter un novo Xefe, o cal xa coñecía dende fai algún tempo e que é unha persoa fantástica, pero isto é cuestión de tempo.

Como anécdota direivos que a mellor foi cando o sábado ZP estaba na primeira fila e eu no escenario esperando á nova Executiva, e, como son tan guai, nun momento que mirou para min chosqueille un ollo, -unha costume que teño-, e él nin corto nin perezoso fixo o mesmo…e nada todo tan normal.

P.A

 

8,2 Segundos e…un home pode namorarse

 

Hoxe, mentras esperaba nunha consulta, lin un deses estudios dos que sempre pensas “pa que carallo vale esto…”.Pois ben, segundo a  revista especializada Archives of Sexual Behaviour os  homes poden namorarse en 8,2 segundos.” – Rápidos ehh!!-

 

Segundo esta publicación: “A primeira impresión é o que conta. A miúdo ouimos esta expresión, pero agora parece que a ciencia a sustenta. Canto máis mira un home a unha muller no momento de coñecerse  máis interesado está nela. Se o cruzamento de miradas queda en 4  segundos, o máis probable é que non estea impresionado. Pero se supera a barreira dos 8,2 segundos, podería estar, sen sabelo, perdidamente namorado”. -Eu,  en este punto teño que facer unha pequeniña puntualización ao magnífico estudio este-, xa que di que:  canto máis che miran máis interesados están, pero claro, o que non din os ciéntificos é a onde che miran, porque,  todas estaremos dacordo en que, case calquer home, é capaz de estar mirando para un escote máis de 8 segundos sen que iso signifique que está enamorado….,vamos digo eu, porque sinon por esa regla de tres todos os borrachos dos sábados estarían coladiños por nos.

 Sen embargo, ao parecer, non ocorre o mesmo no caso das mulleres xa que nos mantemos a mirada tanto se os atopamos atractivos coma se non.

Así que agora queridas amigas, xa o sabedes, tende moito coidadiño cando vaíades ao Super, porque  si o  chico da charcutería che mira  máis de 8 segundos  significa que en breves che pedirá como mínimo unha cita ou matrimonio.

P.A.M

“GOSPEL 3” Gracias a Ánxela e Carlos

Dende o Domingo pasado tiña moitas ganas de presentarvos a tres cantantes marabillosas, tratase de GOSPEL 3, de modo que,  pedinlle a Patricia, a rapaza que edita os vídeos no partido que me pasara o enlace do Acto “30 VOCES MASCULINAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”, pero o corte do vídeo chegou antes as mans de Blas, de modo que vai ser él, polo que me comentou o que faga un post  coa actuación do Domingo.

Por iso recoméndovos que non volo perdades cando o publique Blas, porque, realmente valen a pena!

Eu, déixovos un enlace ao que podedes acceder por si tendes curiosidade… e, aproveito para darlle as gracias a Anxeliña e Carlos que foron quen nolas recomendaron, xa que, actuaron na súa voda… GRACIAS

http://www.myspace.com/gospel3


Post máis vistos

septiembre 2021
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Páginas