Posts Tagged 'PSdeG-PSOE'

Onte foi un gran día

 
 

Onte foi un gran día….

Moitos nervios, moita tensión, a adrenalina a mil…todo tiña que sair segundo o guión….carreiras, e, todo listo…..comeza o espectáculo….

Unha vez máis organizase un gran acto, e unha vez máis os da “O” tratamos que todo saia ben…

E, como sempre hai “anécdotas”; cóntovos dúas que me pasaron a min, a primeira; para comprobar  si estaban todos os asistentes das zonas reservadas vinme na “obriga” de pasar lista, así que xa vos podedes imaxinar a escena de pasarlle lista a  toda a executiva, conselleiros, parlamentarios….en fin un gustazo.

E, a segunda aconteceu xa no escenario, estaba eu preparada para ir sentando aos Cargos que ían nos laterais, atención! coa música a tope e entrando polo pasillo os Alcaldes, chamame Blas, falta unha persoa da grada lateral, así que non queda máis remedio que quitar a silla pero….”leches” estaban atadas con bridas, así que, xa me vedes a min arrancando a brida, aínda non sei moi ben como (creo que coa mala leche),  mentres entran os Alcaldes polo pasillo, bueno, “de coña”.

Pero, teño que confesarvos que, cando todo remata e Emilio comeza a falar, síntese a baixada da adrenalina e un alivio tal que en ese momento eres capaz de flotar…

En fin, que moitísimas gracias a todos os que asistiron, aos que axudaron e os que nos apoiaron e felicitaron….

P.A

O que non se conta do V Consejo Federal de Municipios

Este fin de semana toca Vigo. Blas, Víctor, Ánxela e eu estamos no V CONSEJO FEDERAL DE POLÍTICA MUNICIPAL; e vos preguntaredes, que é isto?. Pois ben, é unha especie de xuntanza nun lugar idílico da Ría de Vigo, como é o Hotel Los Escudos, dos Alcaldes e Concelleiros de toda España para falar das “Políticas de Promoción Económica e Emprego nos Concellos”.

Eu voume encargar, como di o entrañable Eladio Osorio, da “parte rosa “ destes actos, aínda que, de momento non teño moitas anécdotas nin cotilleos que contar, posto que acaba de ser a inauguración, salvo que, Mar e Xocas, son os máis …., non sei, … naturais.

E, como aínda non teño “historietas”, vouvos a contar un pouquiño como é este HOTELAZO. Para empezar direi que ten unha decoración que roza a perfección, con vistas a ría de Vigo; unhas habitacións que non son excesivamente grandes,(salvo a suite presidencial que ten máis de cen metros cadrados),pero que, teñen unhas terracitas que dan ao mar, e un baño no que algunhas de nós nos poderíamos quedar a vivir para sempre. Iso si, é moi barato para exemplo vos direi que o menú do día é a 45€ e consta de: “caldo gallego, merluza e postre”; bueno con este prezo segundo Blas danche a merluza enteira.

Sígovos contando…

Ah, e vos deixo unhas cantas fotos do que acontece na sala mentres falan os ponentes….sen dúbida é o mellor deste traballo..

P. A


Post máis vistos

septiembre 2021
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Páginas