Ir a todos os enterros non é suficiente para ser un bo Alcalde

Fai dous meses empadroeime en Ames porque é ahí onde vivo, polo tanto, xa non son veciña de Mazaricos, alúmenos no sentido “legal” da palabra, aínda que, si veciña de “morriña”.

Onte cando íamos para a casa escoitanto, como todos os días HORA 25 na Cadena Ser, de repente soa o nome de Mazaricos.  MAZARICOS en HORA 25, diredes que estou tola pero sentín emoción, sentín emoción porque o que foi o meu concello é un lugar esquencido e descoñecido. Cantas veces teño explicado onde está Mazaricos, pois moitas, cando estaba na Universidade a cada un que coñecía lle tiña que explicar onde era, cando se achegaban os rapaces a ligar  o mesmo, cando traballaba en Pontevedra, cando comecei no partido…, levo anos e anos ubicando un concello de todo “anónimo”, e agora sae en HORA 25 por un caso de “corrupción”, seino, pero, aínda así me fai sentir algo por dentro.

Mazaricos é un concello que se está a empobrecer considerablemente e non precisamente polas súas xentes senón polas malas xestións que se veñen encadeando dende fai tempo. Perde poboación a pasos axigantados, non hai tecido industrial nin empresarial, non hai unha rede de servizos sociais, non hai un Plan Xeral, non hai tecnolóxia, non hai Policía Local, non hai servizo de urxencias, non hai unha infraestructura comercial, non hai oportunidades, non hai futuro, pero agora saímos nos medios non polo que non temos senón polo que presuntamente si hai, falsedade documental, cohecho, prevaricación. Pero, os medios de comunicación non se dan conta de que estos son delitos de concellos ricos e con progreso?

Goberna José Manuel Santos, que é do PP,  dende fai dezaseis anos con maioría absoluta, é unha boa persoa, vai a todos os enterros, funerais e eventos nos que se require a súa presenza,  nunca che di que non a nada do que lle pides, sempre che saúda e fala contigo, che paga a ronda no bar e ten un bo xesto, pero, iso non é suficiente para ser un bo alcalde, e, parece que en Mazaricos ninguén se quixo dar conta alúmenos ata hoxe.

E por que digo isto? pois porque lendo os comentarios de La Voz de Galicia doume conta de que hai máis xente que pensa coma min, que sinte pena e tristeza por todo o que está a pasar. Por iso nun día como o de hoxe quero reproducir o que din algunhas xentes de  Mazaricos, e que, explica porque a maioría dos rapaces e rapazas nos tivemos que ir, porqué en Mazaricos non hai futuro.

Boas tardes, son do ayuntamento de Mazaricos. Nun día coma hoxe dame vergoña decir isto. Aínda que hai que admitir que iba sendo tempo que pasara algo neste concello, as razóns verán explicada máis para diante. Eu abandonei o C.P.I. A Picota fai 2 anos e non podo crer ese colexio estivera completamente descoidado, nunhas circunstancia que son de todo menos favorables para o estudo de menores de idade que en moitos casos queren facer algo da súa vida. Aínda me acordo como se fora onte: Se ibas polos pasillos e sen querer lle tocabas a un asulejo este inmediatamente caía. As fosas sépticas dos baños estaban rotas e coma isto moito máis… E que fai o alcalde? Nada mellor que facer un parque xusto diante da gasolinera do Pino do Val. Podemos ubicar esta zona para os nenos afastada. Nun sei en que condicións estará o colexio primario do Pino do Val, pero non pode estar en mellor condicións e con moitas necesidades dun parque infantil. Por outra banda está aí o lugar onde vivo, que por circunstancias non quero decir onde queda ubicado. O que si podo decir que estamos no Siglo XXI e que aínda non temos teléfono por cable, que me parece unha vergoña. Eu, que son estudante de Bacherelato, non podo acceder a Internet por culpa de non ter teléfono por cable. Ademáis que lle pedias un favor imprescindible para o teu lugar, ou simplemente para o teu benestar na túa vila, e claro que este señor non che iba decir que non, pero nunca chegaba a realizar esa promesa. Desde o meu punto de vista a maior culpa non é deste tan respetado señor en Mazaricos. A culpa é dos cidadans que o botan. Fai tempo sabemos que o noso querido aiuntamento ten moitas débedas pero coma sempre calamos a boca…e aínda máis, nos como monos aplaudímoslle a súa corrupción! Non sei a donde queremos chegar con isto… Como xa dixen, son de Mazaricos, e nun día coma hoxe dame vergoña dicilo”

“Por fin chegou algo de legalidade a este pobo!!!porque con 16 anos de alcaldia sabiao todo mundo menos a xustiza(seria porque non lle interesaba).”

“O parecer ser un dos alcaldes imputados e o noso, o de Mazaricos, basicamente e unha vergonza para nos porque coma quen di solo se nos reconoce por causas malas, por noticias drásticas”

“decian todos,non e bo alcalde pro e tan boa persona…como podian decir eso mentras os nosos fillos caian nos buratos do chan do parque”infantil”,cando o colexio ten que ser pintado polos rapaces,cando temos un supercampo de futbol para os concelleiros no que alumian uns proyectores toda a noite cara o cesdped e sen embargo o colexio ten a calefaccion racionada.Seamos honestos é un autentico sinverguenza.”

A min xamais me dará vergoña decir que son de Mazaricos, só unha gran pena.

P.A.M

13 Responses to “Ir a todos os enterros non é suficiente para ser un bo Alcalde”


  1. 1 as__marinas@hotmail.com febrero 2, 2011 a las 1:29 pm

    Un saúdo para toda a xente de Mazaricos. Eu estiven traballando na década dos anos 80 ahí. Foi o meu primeiro traballo e gardo un grato recordo do sitio e sobre todo da xente mazaricana.
    Entendo o disgusto por todo o que está ocurrindo. E entendo tamén e respeto, todas e cada unha das opinións, dispares como non pode ser doutra maneira.
    Pero cecais nestos momentos o que hai é que ter serenidade, por parte de todos; e intentar cada un dentro do que poida a que esa terra, como a de calquer outro sitio, de tentar mellorala día a día. E cousa de todos.
    Un saúdo de animo e forza para todos vos. Con honestidade e sinceridade vaise e faise o que faga falta.
    Juan.

  2. 2 MAZARICOS febrero 2, 2011 a las 2:25 pm

    VAI CAGAR EVA.
    NON TE ENTERAS.

  3. 3 evatome febrero 2, 2011 a las 3:07 pm

    Estimad@ De Mazaricos, ante todo alavar a túa locuacidade. E por outro lado, será que non men entero será, será por iso que non entendo, e, como sempre é bo aprender dos que saben gustaríame que nos expliques ti das cousas que se poñen no post cales non son veraces.

    Acaso non é certo que en Mazaricos se leva máis de 16 anos para aprobar un Plan Xeral e aínda non se fixo, que se adxudicou a realización do proxecto a CERNA ARQUITECTO S.C.P no ano 2008 por un importe de 140.580.00 € e ahí debe seguir?; non é certo que o Polígono Industrial, por chamarlle algo, está a toxos porque non hai un plan que permita desenrolalo?; non é certo que se perde tanta poboación que este ano se pasa de ter 13 a 11 concellerios porque dende o 2004 a poboación descendeu dos 5.639 hab. aos 4.939 do 2009?; non é certo que non hai Policia Local, e que, cando hai un incidente ten que vir a Protección Civíl de Santa Comba porque en Mazaricos non hai?; non é certo que non temos un centro e día para os nosos maiores?; non é certo que non hai un tecido empresarial?; non é certo que non se poden abrir nin construir novos negocios porque non hai terreno edificable ao non haber Plan Xeral?; non é certo que non se instalan novas empresas no concello porque non teñen onde?; non é certo que as escolas están degradadas? Só hai que comparar Mazaricos cos concellos limítrofes para aprezar as diferencias entre progresar e non progresar.

    Igual todo esto que digo non é certo, e non me entero, espero sexa así e che teña que pedir desculpas por estar a meter a pata, fareíno encantada, de verdade, e, en calquer caso moitas gracias por participar e por entrar no blog. Un saúdo.

  4. 4 Anónimo febrero 3, 2011 a las 12:29 am

    Ultima hora,…novas detencions en Mazaricos,..La secretaria señores!!!A LA HOGERA CON TODOS,…Moi ben o blog EVA,..Noraboa!!!

  5. 5 evatome febrero 3, 2011 a las 2:00 pm

    Quero decirvos o seguinte:

    Anónimo: Moitas grazas polo teu apoio, é un orgullo moi grande que che guste o meu blog, procurarei seguir escribindo, e, facelo máis a miudo. De verdade moitas, moitas grazas.

    Juan: Che digo o mesmo que a anónimo, moitas, moitas grazas. Efectivamente en Mazaricos hai moi boa xente, que o dan todo sen pedir nada. Por iso da moita pena ver o que está a pasar. E, cando queiras volve a darte unha voltiña por alí que seguro que atopas algo interesante.

    De Mazaricos: Seguimos esperando a que nos respostes, porque, sempre é moi bo ter máis información, e, estou segura de que os que leen este blog e que son de Mazaricos pois lles gustaría saber todo o que está a pasar, é decir, gustaríanos ENTERARNOS, porque, ademais polo que se está vendo, EFECTIVAMENTE NON NOS ENTERAMOS DE NADA. En calquer caso reitéroche o meu agradecemento pola túa participación.

    Grazas….

  6. 6 Picota febrero 3, 2011 a las 2:26 pm

    Eva, a miña noraboa, gracias por aportar a Mazaricos, gracias por preocuparte e dedicarlle parte do teu tempo, polo menos temos alguén que lle chama as cousas polo seu nome.
    Inocente ou culpable, o noso alcalde non deixa de ser un mal alcalde pos Veciños.
    Polo feito de pagar copas e ir os enterros como dís non o comberte en bó(polo menos como alcalde).
    Se por alguns fose, sacaban a San Benito da igrexa para santificalo a él.Non hai peor cousa que os que no queren ver.
    Mazaricos leva moitos anos paralizado, e iso só o sufrimos os qe vivimos aquí.
    Ata agora os que o apoiaron nunca tiveron argumentos para xustificar o seu traballo, e agora están caladiños,e como de costume, perden a cordura dicindo barbaridades como a que acabamos de leer cando non hai donde sacalos.
    En Mazaricos hai de todo coma en todas as partes, pero que non nos intenten tapar as bocas.
    O noso alcalde, por se alguén non se dou conta, non foi preso por mexar na rúa.

  7. 7 outro de Mazaricos febrero 3, 2011 a las 11:10 pm

    Pois eu tamén son de Mazaricos.Teño unha pequena empresa con dous socios mais. Fai 2 anos tiven que emigrar para outra localidad cercana, porque non tiña internet en todo o autamento.Marchei pa unha localidad mais pequena pero como ten que ser, tiña ADSL,porque amigos hoxe en día, unha empresa, un autonomo, ou un gandeiro que queira prosperar necesita unha conexión a internet. E non me vale o rollo de sempre que eso non e culpa do alcalde, ¿ de quen e logo? ¿miña?.

    Señores,o registro Muros, hacienda Cee, a seguridad Social Corcubión, Sendo o autamento con mais cabezas de gando de toda galicia, a camara agraria a Santa Comba, Agencia tributaria negreira, O medico a Santa Comba.
    Mentras tanto o dito, o alcalde e mui boa persoa, non se mete con ninguén, claro que non se mete, non lle queda tempo, o parecer está mui ocupado con outros menesteres. Ah, e que sigan investigando que ahí dentro penso que ainda hai muito que mirar.
    Poden ir investigando traballador a traballador, que seguramente encontren algo, o malo e que creo que empezaron polo mas inocente de todos, e que creo que solo cumplia as normas dos que realmente se rin de todos os veciños.
    Por certo, xa que nos plenos non ten muitas ganas de rendir contas, a ver se o fan agora.

  8. 8 Anónimo febrero 5, 2011 a las 12:39 am

    Dí que sí Eviña, ante todo hai que estar ORGULLOSOS DE SER DE MAZARICOS.Temos muitos defectos pero VALOR NON NOS FALTA para facerlle frente a calquera situación e achantar cas duras e cas maduras,que É ALGO DO QUE NON TODOS PODEN PRESUMIR!

  9. 9 Anónimo febrero 9, 2011 a las 6:06 pm

    Todavía non chegou a “Apocalipsis a Mazaricos”.
    Boas tardes!
    O meu nome é Manu (anónimo na politica), e considero que tampouco os feitos nos levan o fin do mundo para Mazaricos.
    Que Mazaricos carece de ideas é unha realidade, non moi lonxe de que estamos moi endeudados (que estaria ven hipotecar o futuro se iso beneficiase as xeración presentes e se manteñan no tempo) pero que co pouco que temos non se faga nada iso e inaceptable.
    Vai a ser unha gran oportunidade para a oposición, pero …¿estará esta a altura das circunstancias?, ¿Aportarán confianza e ilusionarán a xente para sacar o Concello adiante?
    As eleccións van ha poñer a cada un no seu sitio, non nos engañemos non digamos que compran votos, que carrexan a xente nos seus coches,etc… pois ainda que o fagan que non o estou negando, a maioria e aplastante.
    A masa electoral non e sabia, e supoño que se se decanta por Xosé Manuel e porque non cree noutra alternativa posible.
    Quizais a oposición non teriades que analizar que estamos facendo mal para perder tantas veces por tanta diferenza.
    O Psoe de Mazaricos necesita caras novas, xente preparada que ha hai, ainda que teñamos que facelos volver, con boas ideas e proxectos xa veredes como a xente o sabe valorar, e o mismo lle digo o Bng. Encantame a idea do Pimaz, desexolle todo o mellor a Nico, pois a iniciativa e o primeiro paso para o éxito.
    Por certo eu tamén vivo en Ames.

  10. 10 manu febrero 10, 2011 a las 5:57 pm

    Boas Tardes!
    Creo que me está a gustar isto de escribir nunha folla en blanco para que a sente o lea.
    Creo que toda a xente de Mazaricos está deacordo contigo en que o alcalde de Mazaricos só sabe ir os enterros e pagar copas nos bares, pero podia ser peor, fomentar as mortes (suprimir as gardas de urxencias de Mazaricos e ter que ir a Santa Comba) que non digo que iso teña nada que ver, e invitarte a unha copa e pedirche que pagases ti que se deixou a chequera da conta municipal e a Visa consistorial no concello, non o creedes así?
    Xa sei que seria ir máis aló, pero así son eu.
    Para evitar iso ahi que fomentar a natalidade en Mazaricos, pois xa algún sabío fai algúns anos dixo: “Creecede e multiplicadevos” e en Mazaricos vai a menos, e os poucos que nacen empadroanse en Santa Comba según teño entendido, pois si que comezan cedo a ir de “movida” eu ata os 17 non comecei a fichar na Galaxia-Xallas. (jejej).
    Nos xa temos garderia municipal, non intentamos fomentar a natalidade, non sabemos a demanda que vai ter, pero como os fondos ben da Unión Europea ahi que facela, e agora que? Pois Ogando seguro que xa cobrou, algüen o dubida? agora so falta que digan que non está en marcha por falta de persoal cualificado (pois seguro que non hai ningunha mestra de puricultura en paro na nosa terra, tera que vir algén de outro lada para darlle máis categoria, iso e o noso).
    Pois non sendo Domingos da Caixa Galicia que é profeta na súa terra, o cal admiro pois non e sinxelo que falén asi de ben de alguén do pobo.
    Bueno por hoxe vou adeixar pois teño que traballar, ainda que por min creo que estaria escribindo toda a tarde, máis duro vai ser que algüen chege leendo ata aquí.
    Saudos.

  11. 11 Manu febrero 10, 2011 a las 7:09 pm

    Boas a todos!
    Tan so queria facervos reflesionar ante a frase:
    -“o alcalde non se mete con ningüen, vai a todos os enterros e sempre que che ve no bar che paga unha copa”.
    Son tres verdades lapidarias, estaria ven, podedes imaxinar na sua tumba, que frases, parecen dos personaxes de Castelao.
    Pero podia ser peor, podia estar detrás deses enterros que asiste, pois levando as gardas dos médicos para Santa Comba non axudou moito a evitar as mortes, non credes?. E que me decides das copas dos Bares, podia ser peor podia pedirche que pagases ti pois que se olvidara a chequeira do concello e a visa na casa consistorial. Pois xa me contaredes como imputará eses gastos o tesoreiro do concello, ou é un gurú das finanzas ou algo non cadra.
    Tiña que fomentar a natalidade, (unha idea seria “prohivir a venta de métodos anticonceptivos nas farmacias do concello) poderiase facer iso cun reglamento municipal, pois ante situacións desesperantes medidas drásticas. Tan só e unha idea, gustariame saber se alguén se lle pasara pola cabeza? je je
    O da garderia municipal está moi ben, pero ten pensado pola en marcha de cara o curso que ben? Saben que demanda vai ter? Ou facemos as cousas por que si, pois os cartos como ven da Unión Europea, Total, existe orzamento para manter esas instalacións e persoal necesario? Pois polo de pronto seguro que o que fixo as obras xa cobrou, non seria Ogando? Pois algo estarán facendo mal os acreedores do concello para non cobrar, aprendede dos que saben.
    o paso que imos o concello vai a quedar sen xente en idade fertil, e despois acordaremonos da miña idea, lembrades? a de prohivir os preses, pildoras,etc… e dirán si huberamos feito … jeje.
    Necesitamos máis asociacións, unha por parroquia como mínimo, con un presidente dunha aldea cada ano, e estes levarian as propostas de mellora o concello de calquera necesidade, farianse cargo de organizar as festas, xestionar os cementerios,promover actividades para os maiores, para os xóvenes,cursos etc… en todas as parroquias existe unha escola unitaira non si? Xa temos o lugar, tan só falta cando?.
    Ideas, Ideas, iso es lo que les jode a los del PP, asi le diria la Pantoja si las ideas fueran dientes a los periodistas.

  12. 12 evatome febrero 10, 2011 a las 7:13 pm

    Manu, eu estou encantada de que participes. É unha honra para min, é máis, gustaríame que entre tod@s poídesemos aportar cousas.

    Eu estos días ando moi liada, polo que, non teño tempo de escribir no blog, o cal non quere decir que non teña cousas que comentarvos, tratarei de ir contándovolas nos ratiños que me queden libres.

    Un saudiño

  13. 13 manu febrero 23, 2011 a las 6:34 pm

    Boas tardes a todos!
    Ainda que non estou censado en Mazaricos gustariame saber que vai a ser o candidato do Psoe? Vai a repetir Secundino?.
    Tamén me gustaria participar na tormenta de ideas para fomentar as promesas electorais, vai a haber reunións semanais? e os mitíns?.
    Gustariame que o Psoe en Mazaricos tivera máis peso, que presentase unha candidatura seria e con xente con futuro, moitos estarán pensando que esta vai a ser unha boa oportunidade, que e certo, pero saberán os outros partidos aproveitala, por que non creo que a xente cambie a súa intención de voto por que sí.
    Fai falla unha idea gancho, algo corto que chege a todo o mundo, e logo un programa detallado para intentar solventar todas as deficiencias do noso concello, non e díficil tan so mirar a os concellos limitrofes e dar eses servizos.
    O dificil vai ser facer creer que Mazaricos é un lugar donde vivir e criar os teus fillos, e non so a aldea donde imos a comer o Domingo a xunta os nosos maiores, pois e cando istos non esteán?.

    Manu@Pangea


Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s




Post máis vistos

febrero 2011
L M X J V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28  

Páginas


A %d blogueros les gusta esto: