Archive for the 'Homenaxe' Category

Hoxe decidín celebrar o “día da muller traballadora”

Onte tivemos enterro. Ultimamente os Domingos estanse a converter en días de ir a misa para min, e non precisamente porque eu sexa de misa de Domingo, senón porque coincídeme de termos traballo na funeraria en fin de semana, que é cando estou eu.

Morreu a Señora Magdalena, que era unha veciña de onde nacín eu, na Gris (Negreira), unha moi pequeniña aldea, de seis casas de veciños, moi ben levados, bueno todos menos un, os de San porque o fillo solteiro que quedou na casa é un túzaro. Sra. Magdalena tiña 96 anos, e, como se di na miña zona ” a ninquen nos gusta dar os nosos, pero foi nunha edá moi bonita”.  A Sra. Magdalena, ao parecer levaba dous días despedindo, e, miña tía Lusdivina (Mari Luz segundo o carné de identidade), non sei porque pero estaba na casa acompañando aos familiares neste momento,  contounos que a familia da moribunda chamou ao cura, supoño que para darlle a “Extrema Unción” (extremaución), e mentres a Sra. agonizaba nos seus últimos momentos, o párroco  non paraba de repetir as fermosas frases de “que Dios che acolla”,” que vaias aos ceos”, “recemos para que ….”, e cousas polo estilo.  Miña tía ofendeuse moito, ela tamén digamos que é un pouquichiño “herexe”, e, como ten a teoría de que se oe todo ata o mesmo momento en que morres, seguramente a Sra. Magdalena estaba a escoitar todo, e, dado que estaba inconsciente dende facía días, nese momento foi plenamente consciente, gracias ao noso cura, de que chegara a súa morte. Total, que miña tía é un pouco, digamos….sincera, e xa lle espetou ao cura onte, que non lle parecera nada ben o que fixera , ao final tivo “gresca” con el, miña tía que é así..

Cando chegamos a igrexa, sorprendéronme unhas voces, voces fimininas, algo excepcional. Eu non sei como se fai nas vosas parroquias, pero, nas que eu frecuento, para os enterros, funerais e misas, van cantar sempre o que lle chamamos os “cantores, que veñen sendo un ou dous homes, cun órgano e un par de voces. Sempre homes, sempre alúmenos dende que eu recordo; digamos que este é un gremio practicamente masculino por onde eu me criei. De aí que me sorprendera escoitar voces de mulleres, pois si, cando entramos comprobei que se trataban de dúas rapazas duns 19 anos que se acompañaban dun órgano. Resultoume chocante pero ao mesmo tempo grato, acabábase de romper unha hexemonía masculina dentro da parafernaria da igrexa, non é algo progre pero alúmenos é algo diferente.

E, como xa sabedes, eu non fun partidaria de celebrar o “día da muller traballadora” porque creo que hai cousas que non se deberían ter que celebrar cando non hai un motivo, eu hoxe si teño un motivo para facelo, e por iso hoxe celebro o día da muller, hoxe si, e fareino cada vez que vexa algún avance ou diferenciación por pequena que sexa.

“Hai que ver no que nos convertimos”

Penso que nunca vos falei do que vou contar agora.

Eu, como xa sabedes, nacín nunha familia humilde que  pouco a pouco foi “facendo vida”, meu pai comezou como camionero e co paso do tempo montamos un almacén de abonos, materiais de construción, etc, pero un día de xa fai bastantes anos xurdiunos a oportunidade de comprar un novo negocio, trátase dunha funeraria, si … dunha funeraria. Hai moita xente a que lle da “repelús” este tema pero dígovos que a todo te acostumas, a todo menos á tristeza e a dor dos demais.

A min de vez en cando, como é lóxico, tócame o traballo de “amortaxar” a algún defunto. A fin de semana pasada, sen ir máis lonxe, fomos miña nai, meu pai e máis eu á morgue do Gil Casares a recoller un morto. Chegamos alí, a morgue é pequena, triste, ruinosa e penosa; sacámolo da nevera na que estaba e cando abrimos o sudario meu pai só puido expresar: “hai que ver no que nos convertimos”.  É certo, cando te enfrentas a un corpo inerte, desnudo e indefenso, pasan pola túa cabeza centos de cousas. O primeiro sentimento é de profunda lástima, e logo chega a compasión e incluso a dor por ese ser que apenas coñeces pero que agora está a túa “merced”.

Neste momento pensas, por que as veces seremos tan crueles cos demais? Por que nos gusta facer dano intencionadamente? Por que nos encanta cotillear e xulgar sen coñecer?  Se ao final só vamos a ser un corpo desnudo, inerte e frío nas mans doutras persoas.

A min, particularmente, sempre me “jodeu” moitísimo que me tacharan de “pija” sen coñecerme. Só polo feito de que me gusta arreglarme, maquillarme e vestir dunha determinada maneira, e, máis aínda cando se utiliza como un mero insulto, porque calquera persoa que me coñece sabe que non o son. E, non o son por unha sinxela razón, cando era adolescente non o fun porque non me podía permitir ese luxo, xa que me mantiña a miña familia, e dende logo era demasiado humilde para poder eu aspirar a ser “pija”. E, agora de maior, e sendo independente, segue sendo un luxo que non me podo permitir, xa que os meus ingresos non me dan para costearme unha vida de “pija”.

Pero con todo, sei que hai xente que cando non ten un motivo ou outro tipo de descalificativo tira deste tan socorrido, e que como ben comprederedes a estas alturas da miña vida me “resbala” bastante.

E diredes, e a que se debe todo isto? Pois a nada, sinxelamente a que me apetecía liberarme desta etiqueta, e a que só me gustaría que o día que se abra o meu sudario alguén sinta a suficiente compasión como para decir con lástima “hai que ver no que nos convertimos”.

P.A.M

Admiro á xente creativa, vai de sexo…

Onte chegoume un enlace dun blog onde se enseña un fantástico anuncio de…..sexo, e, non podía deixar pasar a oportunidade de que o vexades. É fantástico, e, sobre todo moi divertido e gracioso, nunca un “penecillo” me dou tanta peniña.

A.M

O Congreso de Lugo

Pouco podo decir deste Congreso, salvo que saiu elexido con moita sorpresa Ricardo Varela Sánchez.

E dende aquí dedicarlle a Lucho a miña aperta máis forte.

Lucho ; ” Tres facultades hay en el hombre: la razón que esclarece y domina; el coraje o ánimo que actúa, y los sentidos que obedecen” Platón

P.A.M

Non é ouro todo o que reluce…

Xa fai moito tempo que non me paro a charlar un ratiño con vos, estivemos de campaña o cal implica deixar de ter vida propia para vivir a dos demais.

 

 

 

Hoxe, día de peche de campaña síntome especialmente triste, sinto moita tristeza polos que vamos despreciando no camiño, sinto tristeza pola xente que realmente vale a pena e a deixamos na estacada indefensa e soa, sinto tristeza porque loitas contra un imposible, sinto tristeza pola dor e decepción de moitos, e sinto tristeza por xente tan marabillosa que hai por aí defendendo uns ideais nos que ao final tan só eles creen, uns ideais que outros usan para encumbrarse pero que só os embelecen como persoas.

E, sobre todo sinto tristeza polo egoísmo do poder…e por todos aqueles que nacen cunha estrela que non se merecen e que a apagan cada vez que lle fan dano aos menos afortunados.

Isto vai por ti N. e por toda a xente que sufre por defender os ideais que outros machacan.

 

Por favor non sexamos víctimas da carretera.

evat

Esta fin de semana aconteceu o que nunca queremos que pase, un rapaz de 22 anos de Mazaricos deixou a vida na estrada.

É moi triste, sentes tristeza por el, por seus pais, seus avós, a súa parella…..por todo.

Hai poucas familias en España que non sufriran as consecuencias da estrada, eu, sen ir máis lonxe vivino moi de preto:  “Tiña 11 anos, cando as 11:00 da noite aproximadamente chamaron a porta da nosa casa, era o Alcalde de Mazaricos – hoxe falecido e gran amigo de meu pai – que traía unha nova, daquela aínda non había teléfono en todas as casas e coincidía que o teléfono público estaba na del. Miña tía Carmen, a irmá pequena de meu pai tivera un accidente en Barcelona, ía para celebrar o seu 30 cumpre anos co seu home e os nenos cando se saíu o seu coche nunha curva. Meu pai marchou inmediatamente para o Aeroporto con Manolo (o Alcalde) e alí arreglaron como puideron para que collera un voo con rumbo a Barcelona. Papá conta que nese momento estaba tan cego que non se acordou nin de coller o reloxo, e, entón Manolo quitou o seu e doullo.

Miña nai meteunos na cama a meu irmán e a min con ela e díxonos que a tía estaba moi maliña no hospital, eu recordo que recei ata as 5 da mañan, que foi cando definitivamente nos chegou a nova de que miña tía morrera. Eu sempre pensei que xa estaba morta dende que avisaron a meu pai pero quixen aferrarme á mentira de miña nai.

Ao día seguinte fomos ao colexio, e, aconteceu algo que nunca pasara antes, meu pai veume esperar ao autobús e a súa cara dicíao todo, acababa de perder á persoa que quizais máis quería no mundo. A súa irmá da alma”.

A época seguinte foi gris na miña familia. Por todo isto debemos examinarnos, eu a primeira, e practicar a prudencia.

P.A.M


Post máis vistos

septiembre 2021
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Páginas