Archive for the 'Protesta' Category

A Iglesia Católica, a gran HIPÓCRITA

Eu nacín nunha aldea e medrei coa tradición eclesiástica moi arraigada. A miña familia é Católica e de misa de Domingo, chova, neve ou quente o sol.

Dende ben pequeniña me obrigaron a ir a cumprir coa litúrxia, e digo obrigaron porque era algo que detestaba. Levantarme o Domingo cedo para ir a un lugar que me resultaba frío e aburrido. Aínda así fíxeno durante moitos anos, a verdade, non recordo  cando deixei de cumprir con esta tradición familiar. Pero do que si me lembro é de que isto da Iglesia sempre me pareceu unha hipocresía.

Cando tiña 8 anos, coma case todos os nenos e nenas, tocoume facer a Comuñón,  e, antes do día principal recordo que nos confesaban, a min tocoume un crego que, segundo meu pai era dos bos, e que ademais, morreu moi novo.

Acerqueime ao confesionario e dixen o que me habían aprendido. «Ave María Purísima». «Sen pecado concibido, que pecados crees que tes filliña». Eu nun primeiro momento pensei;- teño 8 anos, poucos pecados podo ter, como non sexa o de mentir a miña nai-.  Así que díxenlle: » O meu maior pecado creo que é que penso que os curas son  uns aproveitados». O sacerdote, me imaxino, que non sairía do seu asomo, así que preguntoume: «¿E ti porque pensas iso?», ao cal lle respostei:  «Pois pénsoo porque sei que cobrades os ovos, o millo, o centeo e moitas outras cousas a xente que non pode pagalo,  que pasa moitas necesidades, e logo ides predicando a caridade». O cura, quedou calado e o único que me dixo foi: «Miña filliña,  os curas ao igual que o resto da xente hainos bos e malos». En fin, deume a salvación, pero sempre pensei que, moi ben non lle debeu parecer porque me mandou tantos «Padrenuestros» e «Avemarías» para redimirme dos meus pecados que, se lle fago caso, aínda estaría rezando hoxe.

O meu pensamento foi igual ao longo de toda a miña vida, e é así porque a Iglesia  que eu coñezo e coa que convivo leva actuando desta maneira dende sempre. Miña nai e meu pai contan  que cando eles eran pequenos, e a xente pasaba fame, -e digo fame no seu sentido máis amplo-, e se mataba o porco había que levarlle o raxo ao cura, era obriga  darlle os ovos aínda que os filliños quedasen na casa chorando coa fame. E, eses curas, tiñan o pouca dignidade de coller o pouco que tiña a xente. E logo falaban da «caridade cristián», caridade que eles remediaban cobrando a «bula».

As mulleres solteiras quedaban preñadas do crego do lugar, pero non podían dicilo, era unha deshonra, eran maltratadas en moitas ocasións pola familia dese crego, eran humilladas polo pobo, pero non pasaba nada, remediábase tendo o sacerdote da parroquia » sobriños ou sobriñas» non fillos ou fillas recoñecidas.

E, agora, no ano 2009 atrévense a dicir que:  «No se entiende que quitar la vida de un ser humano inocente no pueda ser un delito» . E isto dino seres humanos pertencentes a unha Iglesia Católica, que, durante anos foi cómplice de que os seus servintes abusaran sexualmente de nenos inocentes, os maltrataran e os destrozaran psicolóxicamente. ¿ISO NON É DELITO?. Que maior delito haberá que quitar a dignidade das persoas inocentes.  Que deixar pasar fame a seres que,  polo seu temor a ir ao inferno, pensaban que as mellores coseitas tiñan que ser para o cura. Que abusar de mulleres que pola súa ignorancia e medo se deixaban preñar polo «Señor Cura», a sabendas de que, a súa vida podía quedar desfeita. E eu me pregunto: ¿Cantas desas mulleres que quedaron preñadas do Sacerdote da Parroquia se poideran abortar o farían? ¿A cantas desas mulleres se lles faría un grandísimo favor deixándoas abortar para non ter que vivir a deshonra de quedar preñada nunha época na que non había maior indignidade que ter un fillo de solteira?

E agora veñen estos Señores, que nen sequera saben o que significa ter un fillo, porque a súa relixión llo prohíbe, eles que non son sometidos a tortura de ter que decidir se seguir adiante con un embarazo ou non, a ver como a súa vida pode quedar destrozada por unha decisión errónea. Eles veñen a dar leccións, ¿leccións de qué?. Por favor, que recoñezan todo o mal que fixeron, qué pidan perdón as súas víctimas e que se adiquen a redimirse das vidas que destrozaron.

P.A.M

Nacido cunha «flor no cu»

Dende que Mar Barcón se converteu na Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE levamos un periplo de xuntanzas con Agrupacións e Comarcas para coñecer de primeira man as súas inquedanzas.

Este Mércores estivemos na Agrupación Municipal de Miño, e alí, entre outras cousas falouse de algo que nos deixou perplexos a todos. Trátase do “macrosalario do Alcalde”, xa que o Edil deste pequeno concello  cobra a friolera de 60.000 € ao ano (que é o mesmo que cobra, por exemplo, o Alcalde de Ferrol). Pero,  que perciba esta cantidade non sería tan grave si se dedicase ao Concello alomenos  seis días a semana, oito horas o día, pero non, porque tan só está no seu posto, segundo nos contan os nosos compañeiros, uns tres días a semana, como moito, e, pode ser certo todo isto vendo a situación actual neste Concello.

E tod@s nos indignamos un pouco cando escoitamos este tipo de novas, pero, sexamos realistas, quen de nos non coñece a alguén que naceu como se soe dicir “cunha flor no cu” , que, a pesares de ser moi pouco válid@ e incluso preguiceir@ ou inútil cobra un gran salario, e, sen embargo, outras persoas realmente boas no seu posto cobran miserias, tod@ coñecemos casos, así que  ¿por que nos escandalizamos cando nos contan algo como o deste Alcalde?  ¿Por que?

En todos lados «se cocen fabas».

P.A

O ingrediente secreto da Coca-Cola

 

Seguindo coa costume habitual de escribir sobre historietas, hoxe vouvos a contar como descubrimos o «ingrediente secreto da Coca-Cola» dentro dunha botella de auga desta compañía, e,  de paso espero que nos sirva para ver que non é ouro todo o que reluce e que as grandes compañías en realidade cometen os mesmos erros ou máis que calquera “champanillas”que andamos polo mundo.

 

Pois ben, hoxe fomos a comer a un dos sitios habituais os que vamos sempre, e co cal por certo estamos encantandos, sobre todo pola atención que nos presta sempre Jhony, o seu encargado, e Dieguiño e Blas pediron auga, que a quen se lle ocurre todo hai que dicilo, e cando xa o pobre Diego levaba media botella bebida. Blas decatouse de que había algo dentro da botella,  tratábase dunha especie de alame enroscado. Eu pensei que Diego nos morría xa alí do asco, pero no, de momento sigue vivo e fornido como sempre, maña xa veremos.

 

En definitiva, que nunha  botella de auga de litro de AQUABONA, pertencente á compañía Coca Cola, atopamos un O.N.I (obxeto non identificado).

 

 

P.A

 


Post máis vistos

abril 2024
L M X J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Páginas