Archivo para 25 mayo 2011

O Alcalde de Mazaricos: ignorancia masiva ou moito morro?

Acabo de ler o seguinte : “El regidor de Mazaricos, José Manuel Santos Maneiro, reconoció que para los próximos cuatro años tienen un reto muy importante, como es la creación de empleo. En este sentido, la intención del grupo de gobierno entrante es la construcción de una planta de biomasa. También prevé rematar el PXOM y el polígono industrial”.

Despois de ler isto xa non sei que pensar, pero polo de pronto teño dúas opcións:

  1. Que o alcalde pensa que os/as Mazariquenses son todos/as igual de tontos/as, ignorantes ou parvos/as…
  2. Que o alcaldable está de coña…

Resulta que Santos Maneiro promete traer emprego para Mazaricos, cunha planta de Biomasa, o PXOM e o Polígono Industrial, pero, Señor Alcalde, leva vostede prometendo esto mesmo dende fai anos e anos, por que non o fixo ata o de agora? por que o volta  a prometer?   Sinceiramente, despois de 16 anos na Alcaldía deulle tempo a facer o PXOM, o Polígono Industrial, traer 10 plantas de Biomasa, e de mil cousas máis, e, se non o fixo en épocas de bonanza como vamos a crer que as vai facer agora? É tomarnos por tontos/as…

Como xa comentei en anteriores ocasións de vez en cando miro un pouquiño, aínda que con moita dificultade porque ao non estar no Concello investigar sempre resulta moito máis complicado, para ver como andan todas esas promesas.

  • Sobre a central de BIOMASA; en xuño do 2010 a Xunta de Galicia fixo unha preseleción de 12 anteproxectos, entre eles o presentado por Enel Unión Fenosa Renovables para Mazaricos, deso fai xa case un aniño, e, daquela a Conselleira xa dixera textualmente “larga tramitación administrativa que no garantiza, en absoluto, que se obtenga la autorización para su puesta en marcha”, e, cada quen que  interprete isto como queira…pero bueno tamén é certo que o Señor Alcalde nos pode explicar como está o tema…
  • Sobre o Polígono Industrial, este tema a min particularmente paréceme de “coña”, cantos anos se leva a voltas con este proxecto?  eu xa nin me lembro…pero sei que no 2002 se fixeron as canalizacións da auga, de modo que as expropiacións foron moi anteriores. Pois ben, que sabemos desto? pouco, hai por aí un  Plan de Sectorización do Polígono 1- Sector -2, realizado por ESPOAGRO con data de outubro de 2009, pero bueno tamén é certo que o Señor Alcalde nos pode explicar como está o tema…
  •  Sobre o PXOM, outro proxecto que leva anos e anos as voltas nos despachos,  pois ben,  saberedes que hai unha Adxudicación definitiva do Contrato de Administrativo para a redacción do PXOM, realizado en decembro de 2008, e que se adxudicou pola friolera de 140.580 €, pero bueno tamén é certo que o Señor Alcalde nos pode explicar como está o tema…

Todo esto o sei obviamente porque teño a documentación, pero por suposto, o ideal sería que o Señor Alcalde nos explique el mesmo coa súa documentación como se atopan realmente estes proxectos…e, dado que xa levan comezados dende fai anos e anos sería dun “nefasto xestor” non rematalos dunha vez e poñelos en marcha, por tanto, pouco mérito ten o que anda a “requeteprometer” cando xa pasaron 16 anos da súa entrada no Concello…

En canto ao tema do PSdeG en Mazaricos e a situación na que quedamos agora…pois máis adiante o reflexionarei, só podo dicir que, durante un momento vin cambio en Mazaricos pero esfumouse!!!

P.A.M


Post máis vistos

mayo 2011
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Páginas