Archivo de 25 de febrero de 2009

Cando sea grande quero ser como Alfonso Guerra…

Como xa vos adiantei fai onte, o pasado Domingo tivemos un mitin con Alfonso Guerra en Arteixo.É unha persoa encantadora.

 Cando non estan nin Blas nin os de Madrid, son eu a que me encargo de levar aos intervintes a unha sala e explicarlles un pouquiño por onde imos entrar, a orden de intervencions, os tempos…e, polo tanto estiven charlando un ratiño co GRAN ALFONSO, comenteille » Alfonso, podes falar o tempo que queiras, para min o mellor mitin que escoitei nunca foi o do ano pasado en Narón», e él só me dixo: «Ah zi!!!»
Logo entramos e comezou o espectáculo; primeiro «hipnotizounos» coa súa sabiduría e didáctica e logo fíxonos rir, e, cando xa levaba 40 min. conseguiu o nunca visto ¡¡¡¡QUE A XENTE LLE PEDIRA MÁIS!!!, INCRIBLE.
Cando rematou dime: » Que, te guztó maz que el de Narón?», e eu só acertei a decirlle : «Alfonso eres un crak».E, como hai xente que mo pediu, e, ademais, para min é un gran orgullo coñecelo deíxovos o vídeo para que pasedes un bo ratiño.

Hoxe tivemos comida con Chacón….xa vos contarei.

Falamos….

P.A.M

Preparando un regalo

Como sempre en estos días andamos de mitin en mitin,  de feito acabamos de chegar de Carballo con Mar, e, hoxe teño que felicitar moi especialmente a unha das persoas máis boas e entrañables que coñecin nunca, e a cal aprecio un montón,…trátase de Maria Torres (Tawers para os amigos), hoxe foi un gran día para ela, notoúselle, con só 25 aniños recén cumpridos é unha das candidatas ao Parlamento pola comarca de Bergantiños, e, ademais, unha gran loitadora e traballadora por Carballo.  Demostrou que non fai falla ser un «veterano» para conseguir a ovación da xente, senon que o mellor é  falar co corazón e o coñecemento…Meris un bico moi grande.

A parte das emocións de hoxe, eu, particularmente, vivín unha moi especial o Domingo, xa que, estivo Alfonso Guerra en Arteixo, para min unha das persoas máis interesantes que coñecín nunca, e, da que vos falarei mañan si non hai «novedá», incruso vos vou deixar un regalo, pero eso terá que ser mañan porque agora acaba de chegar comida á sede do Pino…

Nos vemos…

P.A.M


Post máis vistos

febrero 2009
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728  

Páginas