O que non se conta do V Consejo Federal de Municipios

Este fin de semana toca Vigo. Blas, Víctor, Ánxela e eu estamos no V CONSEJO FEDERAL DE POLÍTICA MUNICIPAL; e vos preguntaredes, que é isto?. Pois ben, é unha especie de xuntanza nun lugar idílico da Ría de Vigo, como é o Hotel Los Escudos, dos Alcaldes e Concelleiros de toda España para falar das “Políticas de Promoción Económica e Emprego nos Concellos”.

Eu voume encargar, como di o entrañable Eladio Osorio, da “parte rosa “ destes actos, aínda que, de momento non teño moitas anécdotas nin cotilleos que contar, posto que acaba de ser a inauguración, salvo que, Mar e Xocas, son os máis …., non sei, … naturais.

E, como aínda non teño “historietas”, vouvos a contar un pouquiño como é este HOTELAZO. Para empezar direi que ten unha decoración que roza a perfección, con vistas a ría de Vigo; unhas habitacións que non son excesivamente grandes,(salvo a suite presidencial que ten máis de cen metros cadrados),pero que, teñen unhas terracitas que dan ao mar, e un baño no que algunhas de nós nos poderíamos quedar a vivir para sempre. Iso si, é moi barato para exemplo vos direi que o menú do día é a 45€ e consta de: “caldo gallego, merluza e postre”; bueno con este prezo segundo Blas danche a merluza enteira.

Sígovos contando…

Ah, e vos deixo unhas cantas fotos do que acontece na sala mentres falan os ponentes….sen dúbida é o mellor deste traballo..

P. A

6 Responses to “O que non se conta do V Consejo Federal de Municipios”


  1. 1 Eladio Osorio Montenegro octubre 24, 2008 de 9:59 pm

    Carallo pro precio do menú, por eses cartos comemos en Ourense o outro día Eva, Víctor, Blas e eu, e aínda sobrou para tomar un algo por ahí

  2. 2 andresrguez octubre 24, 2008 de 10:20 pm

    Para ser o hotel que é, ata paréceme barato.

  3. 3 Xabier Pita Wonenburger octubre 25, 2008 de 2:52 pm

    No aclaraís si los participantes en la “xuntanza” pagan los 45 euros…. que es lo que a muchos nos gustaría saber…
    .
    En cualquier caso, en la situación actual me parecen frívolos los comentarios.

  4. 4 evatome octubre 25, 2008 de 11:45 pm

    Os participantes e ponentes no Consejo Federal foron a comer por libre,cada un onde quixo e puido, ese é o Menú do Hotel,e é algo totalmente anécdotico.

  5. 5 Juan García octubre 30, 2008 de 2:29 am

    Eva gracias polas fotos, pero eu non estou para moitas fotos, estaba intentando sacar unhas fotos co movil, pois non levei a camara o dia seguinte a levei e todo foi máis facil. Con respecto o menú, pareceme que para un Hotel de 5 estrellas está moi ben, eu na cafetería deste hotel servironme un xelado nunha especie de gondola e o compañeiro que sale conmigo na foto, que tamén anda co movil, tomou un café con leite con bizcocho e bombóns, e cobranme 7 euros, pero tiñasdes que ver o xelado.
    Ben gracias e xa nos veremos máis veces pois esto xa empezou e non hai quen o pare en marzo e xuño.
    Gracias e boa sorte


  1. 1 O menú da discordia « Blas García Trackback en octubre 25, 2008 de 12:34 pm

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s




Post máis vistos

octubre 2008
L M X J V S D
    Nov »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Páginas


A %d blogueros les gusta esto: