
Dende que Mar Barcón se converteu na Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE levamos un periplo de xuntanzas con Agrupacións e Comarcas para coñecer de primeira man as súas inquedanzas.
Este Mércores estivemos na Agrupación Municipal de Miño, e alí, entre outras cousas falouse de algo que nos deixou perplexos a todos. Trátase do “macrosalario do Alcalde”, xa que o Edil deste pequeno concello cobra a friolera de 60.000 € ao ano (que é o mesmo que cobra, por exemplo, o Alcalde de Ferrol). Pero, que perciba esta cantidade non sería tan grave si se dedicase ao Concello alomenos seis días a semana, oito horas o día, pero non, porque tan só está no seu posto, segundo nos contan os nosos compañeiros, uns tres días a semana, como moito, e, pode ser certo todo isto vendo a situación actual neste Concello.
E tod@s nos indignamos un pouco cando escoitamos este tipo de novas, pero, sexamos realistas, quen de nos non coñece a alguén que naceu como se soe dicir “cunha flor no cu” , que, a pesares de ser moi pouco válid@ e incluso preguiceir@ ou inútil cobra un gran salario, e, sen embargo, outras persoas realmente boas no seu posto cobran miserias, tod@ coñecemos casos, así que ¿por que nos escandalizamos cando nos contan algo como o deste Alcalde? ¿Por que?
En todos lados “se cocen fabas”.
P.A







Comentarios recientes