
Eu con Alejandro Rodríjes
A semana pasada o meu Javiere, Blas e eu acudimos á Asemblea convocada en Vimianzo, un sitio, para aqueles que non o coñezades sito na Costa da Morte, na estrada de Cee á A Coruña.
Pois ben, cóntovos isto porque alí lidera o partido e o Concello o Alcalde, sen dúbida, máis peculiar que coñecín dende que estou no Partido, el é Alejandro Rodríguez (Alejandro Rodrijes) para os que somos de por alí. Ben, pois este edil é peculiar, entre outra moitas cousas, porque xa ten 70 anos e non cambiou nada dende que entrou na Alcaldía ata o día de hoxe, e fala o galego da zona, non tenta normalizar o vocabulario se non todo o contrario, algo que por un lado é moi de agradecer pero que por outro resulta moi chocante nun Alcalde destes tempos.
É desas persoas que usa palabras como Outamento (Concello), dinidade (dignidade)…. o cal me leva a pensar nos meus estimados veciños de Mazaricos, e en min mesma, e nese vocabulario tan peculiar que se utiliza en cada recuncho de Galicia e que en ocasións tanta gracia nos fai, así na miña terra vamos a “jilesia “ (Igrexa), facemos vaos de “colitro” (eucalipto) e na Pereira hai unha “rotonta” ou “rutonda” (rotonda), pagamos con “ouros” (euros) e tantas e tantas outras palabras que si nos paramos a pensar son boísimas…
E, para reivindicar a nosa lingua gustaríame que me contaredes expresións deste tipo que vos fagan especial gracia pola súa peculiaridade.
Este post vai dedicado a “queso” (queixo)
P. A





Comentarios recientes