Página de Archivo 2

O Congreso

 

O venres e o sábado celebrouse o Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE en Pontevedra.

En canto á Organización só podo dicir que foi francamente complicada, posto que o sitio era un verdadeiro laberinto, con moi pouca capacidade e con moitas trabas para realizar o traballo, por exemplo, nos tíñamos as oficinas na 5ª Planta pero o ascensor só chegaba ata alí si tiñas unha tarxeta, pero esa tarxeta non nola facilitaron co cal…xa vos podedes imaxinar, había que usar as escaleiras continuamente; o Plenario era escasísimo, apenas collían os Delegados/as. En fin que traballamos nunhas condicións moi difíciles, e, para máis carajo recibimos a visita de Alejandro de Vimianzo coa intención de Impugnar o Congreso,- eu nese momento só pensaba, mecagüen….co traballiño que pasamos para organizalo-. En fin que moi chungo todo!!, bueno, salvo os asistentes, deles teño que dicir que “chapou”, a pesares de non haber sitio ninguén protestou nin se enfadou co cal foi o mellor de todo, así que pola parte que me toca moitas gracias a todos pola colaboración.

En canto á nova Executiva…., uhhhhh! guai???? chachi???? volvo a ter un novo Xefe, o cal xa coñecía dende fai algún tempo e que é unha persoa fantástica, pero isto é cuestión de tempo.

Como anécdota direivos que a mellor foi cando o sábado ZP estaba na primeira fila e eu no escenario esperando á nova Executiva, e, como son tan guai, nun momento que mirou para min chosqueille un ollo, -unha costume que teño-, e él nin corto nin perezoso fixo o mesmo…e nada todo tan normal.

P.A

 

Homenaxe particular a Loli Rodríguez Amoroso

Levo xa moito tempo sin escribir, e, como case sempre é por motivos de traballo, aínda que, esta vez  é  tamén por algo de ocio.

Cóntovos, a semana pasada fixemos unha escapada a Portugal, - con respecto a isto teño varias anécdotas que contar pero para poder facelo teño que ter algo máis de tempo-  e en este momento estamos co tema do Congreso Extraordinario e a Rúa do Pino  “parese unha casa de tolos”.

Pero non queria deixar pasar máis días sen falar dunha persoa que para min é moi especial, de Loli.

Loli Rodríguez Amoroso significa moito, primeiro como persoa, porque é das máis coherentes que coñecin nunca, porque é traballadora, porque é de bo corazón, porque como digo sempre  é o/a mellor xefe/a que tiven nunca….. e por moitas máis cualidades. Pero, hoxe sobre todo , acórdome dela, porque durante anos foi a Presidenta do Consello da Xuventude e Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas, e, agora con tan só trinta e un aniños vaise xubilar de ambos postos.

De ahí miña querida Loli o meu homenaxe particular, co video que che adico,  en este momento tan especial, xa que creo que todos os  que se xubilan ao principio o pasan moi mal… ( eso si,  olvídate de que che regalemos o reloj que ese o temos gardado para quen ti xa sabes).

En fin, eu teño o presentimento dende o día que a coñecín de que vai chegar moi lonxe e espero que haxa a suficiente racionalidade en este “mundo” para que así sexa…Moitas apertas e ti vales moito nena!!!

P.A.M

Beyonce and compañía interpretando Paco, Paco, Paco

Deixovos un vídeo que colgou Darío no Facebook  e co que me partin de risa.

P.A.M

8,2 Segundos e…un home pode namorarse

 

Hoxe, mentras esperaba nunha consulta, lin un deses estudios dos que sempre pensas “pa que carallo vale esto…”.Pois ben, segundo a  revista especializada Archives of Sexual Behaviour os  homes poden namorarse en 8,2 segundos.” - Rápidos ehh!!-

 

Segundo esta publicación: “A primeira impresión é o que conta. A miúdo ouimos esta expresión, pero agora parece que a ciencia a sustenta. Canto máis mira un home a unha muller no momento de coñecerse  máis interesado está nela. Se o cruzamento de miradas queda en 4  segundos, o máis probable é que non estea impresionado. Pero se supera a barreira dos 8,2 segundos, podería estar, sen sabelo, perdidamente namorado”. -Eu,  en este punto teño que facer unha pequeniña puntualización ao magnífico estudio este-, xa que di que:  canto máis che miran máis interesados están, pero claro, o que non din os ciéntificos é a onde che miran, porque,  todas estaremos dacordo en que, case calquer home, é capaz de estar mirando para un escote máis de 8 segundos sen que iso signifique que está enamorado….,vamos digo eu, porque sinon por esa regla de tres todos os borrachos dos sábados estarían coladiños por nos.

 Sen embargo, ao parecer, non ocorre o mesmo no caso das mulleres xa que nos mantemos a mirada tanto se os atopamos atractivos coma se non.

Así que agora queridas amigas, xa o sabedes, tende moito coidadiño cando vaíades ao Super, porque  si o  chico da charcutería che mira  máis de 8 segundos  significa que en breves che pedirá como mínimo unha cita ou matrimonio.

P.A.M

O Comité Nacional, vaia maratón

img00006

                                    

O Sábado celebrouse o primeiro Comité Nacional dende que se perderon as eleccións.

Comezou as 10:30 h. coas  intervencións de Ricardo Varela e Pepe Blanco; as 11:15, aproximadamente, comenzarón as oitenta  intervencións dos Delegados.  Houbo de todo, pero case todas na mesma liña de : “CRÍTICA” e  ” SEÑALAMENTO DE ERROS NO PACTO CO BNG.  Para min,  os mellores foron Quiroga e Vergara, porque son os que dixeron a verdade do que sentían, sin paños quentes…como ten que ser.

E  logo está  José Luis de Salvaterra de Miño, un gran descubrimento,  digo isto porque eu non o coñecía personalmente, e,  é a persoa que máis sinceramente oín  falar en público dende que estou no partido,-un fenómeno-,  o día do Comité pediu a palabra pero cansouse de esperar e retirou a petición, unha lástima.  Pero eso sí, acercouse a nós e dinos: ” Arre carallo aquí ninguen asume a responsabilidade, que pena que retirei a palabra, si o sei, subo alí e digo que, a culpa  de perder as eleccións foi de Blas e Eva, que os despidan xa…que os contrato eu”

Deixovos unha foto de José Luis despois de moitas horas de intervencións.

P.A.M

As filloas da pedra de miña nai

img00005

 

img00001

 

filloa

Hoxe non vou escribir de política. Hoxe vou eloxiar unha das cousas que mellor fai miña nai – as filloas da pedra-.

Seguramente moitos de vos non coñezades este plato típico, posto que, xa quedan poucos sitios onde se fai, e Mazaricos, é un deles.

Miña nai, unha gran nai, sabe que me chiflan as filloas, e eu creo que,  para compensar o meu sufrimento, o pasado venres decidiu facermas. 

Leva moito traballo,  hai que ir a leña, quentar a pedra, facer o moado e logo ter a paciencia de ir pouquiño a pouco templando a masa na pedra.  Pero,  todo isto ven acompañado de algo que xamais se debería perder;  as conversas a carón do lume, botar unhas risas coa xente que vai pasando pola lareira, falar de todo un pouco con meus pais, -incluso do triste que foi perder as eleccións-, e, namentres ir comendo nas filloas. Dos mellores remedios para os males da alma…

Deíxovos unhas fotos onde se aprecia máis ou menos como se fan estas delicias.

P.A.M

A crítica, a mellor forma de aprender

Levamos xa uns días asumindo a “deblacle” -como lle chaman algúns-. E, lóxicamente, despois do acontecido escoitas e lees moitas criticas, de modo que,  acabas por comprender que a “crítica” dentro do respeto enseña moito.

Eu, como xa todos máis ou menos sabedes, son partidaria de non censurar absolutamente nada do que me escriben no blog, salvo que insulten ou menosprecien a outras persoas, porque, iso serveche  para ver o que realmente opinan os demais de ti, o que axuda a que corrixas uns erros dos que ao mellor non eres consciente.

Por iso, aprendamos a escoitar, e ,deixemos que nos critiquen, a pesar de que a veces jode, porque é unha boa maneira de solucionar futuros problemas.

P.A.M

“Eramos poucos e pariu a avoa”

Hoxe podense utilizar moitos refráns: ” non querias caldo, pois toma duas cuncas”, ” o meu gozo nun pozo”. Así se pode resumir o meu sentimento hoxe.

Como xa saberedes Emilio Pérez Touriño, o Presidente, acaba de presentar a sua dimisión como Secretario Xeral, pois ben, nos que tiñamos pensado descansar dous días, temos que poñer a máquina a funcionar novamente, xa que, agora toca nomear Xestora, convocar ao Comité Nacional, celebrar Asembleas en todas as agrupacións para escoller aos/as delegados/as, e, OUTRO CONGRESO….ala….e, logo xa temos as eleccións Europeas…

Total, que traballo non ha de faltar…

Sigovos contando….

P.A.M

A impotencia da derrota

Despois de tanto traballo, esforzo e sacrificio a sensación de impotencia ante a derrota fai que te derrumbes con lágrimas.

Cando rematou a campaña, no acto de peche, tras marchar todo o mundo de Amio, Mar e eu, sentámonos nas escaleiras dun escenario baleiro e díxome: “Gracias Eviña por todo”, e eu, como son de lágrima fácil emocioneime e resposteille: ” só deseo que todo isto sirva para algo”, pero no, non serviu para nada…

Eu, a pena que sinto, é sobre todo polos compañeiros que se quedan no camiño e que non teñen culpa dos erros cometidos por outros, pola boa xente, pola xente traballadora e, por todos aqueles que senten dor pola nova situación.

En calquer caso a min só me queda dar as gracias a todos os que nos apoiastedes e, os que non, desexarlles moita saúde e sorte.

Unha grande aperta a todos e todas.

P.A.M.M

Por fin é 1 DE MARZO

Esta é a miña segunda campaña. Foi unha campaña moi intensa e dura, e agora, dende o Hotel Puerta del Camino, só podo dicir que espero que todo o traballo e esforzo sirva para algo…

Outra cousa importante que deixan as campañas electorais son as experiencias. Danche a coñecer como é a xente que che rodea e acompaña. Por iso teño que darlle as gracias moi, moi especialmente a Marquiños, que me acompañou e axudou moito, a Gonzalo, ao que quero moito, moito, moito…a Blas, a Casti, a Palomi (o mellor descubrimento), e, como non á mellor xefa que se pode ter: Mar. E, tamén quero pedirlle perdón a Anxela (feliz cumpreanos, e un bico) polos meus malos momentos, a Dieguiño a Víctor….e, a todos os que en algún momento de tensión lles din unha mala contestación.

Teño que dicir que, esta é realmente a xente que vale a pena, a que está aí cando a necesitas e che bota unha man, María Bugallo, Tamara, Marí Torres, Angel Rivas, Alberto Rodríguez, Anxo…Eu nunca me esquecerei de que estabades aí cando vos chamei, así que moitas gracias, de verdade.

Ao longo do día espero ir contado máis cousas, pero tiña pendente dar as gracias, porque “de ben nacido é ser agradecido”…

A seguir loitando

P.A G.

« Entradas anterioresEntradas siguientes »


 

Noviembre 2009
L M X J V S D
« Oct    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Posts Más Vistos

Páginas

FOTOS

Interparlamentaria cos Albertos

Con ZP

Xantar de Nadal

Xantar de Nadal

Rúa do Pino

More Photos