
O pasado Sábado, día 03 de Outubro, celebrouse o primeiro Congreso Provincial do PSdeG-PSOE, o de Pontevedra.
Eu ata hoxe non me parei a pensar en que ao final é un fito histórico dentro do Partido en Galicia, pois estamos a adaptar a nosa estrutura orgánica ao resto do estado, só faltaba Galicia por facelo, e, agora estamos no camiño de constituír unha nova maneira de funcionar. -As veces os que traballamos dentro da organización non sopesamos o que estamos a facer, senón que, o que facemos saia ben, nos paramos nas formas pero non no fondo-.
Foi un Congreso tranquilo, onde se previa unha soa candidatura, a de Modesto, aínda que sempre che queda a dúbida do que pode facer Gonzalo Caballero, pero, ao final só obtivo dous minutos ao principio, coa súa habitual interpelación á mesa do Congreso, presidida por Paula Fernández – a Alcaldesa de Silleda- para solicitar que se abrise o debate dentro do Plenario. Na orde do día non se contemplaba esta posibilidade, e, como esta foi aprobada por asentimento por parte dos delegados, todo se quedou en nada, -teño que confesarvos que eu rezaba para que non se cambiase, non porque non quixera oir aos Delegados, senón porque penso que a día de hoxe seguiriamos alí escoitando a Gonzalo-, ademais os Delegados tiñan a posibilidade de facer as súas intervencións na propia Comisión de Estatutos expoñendo todo o que considerasen oportuno en canto a estrutura e funcionamento, de modo que non se restrinxían os seus dereitos a participar abertamente, o cal da tranquilidade.
Traballamos moito, pero tamén nos rimos, eu como sempre facendo o parvo con Javier Castiñeiras, porque había un ROLL-UP do PSdeG-PSOE, – isto é unha especie de pendón que colga dun pao-, e collémolo no corredor de arriba e simulamos unha procesión con música e todo…pártome con Javi. Nas votacións comendo empanada de bacallau, con Dieguiño na comida…, con Blas berrando un co outro todo o día, como sempre polo traballo….aínda que ao final Blas sempre ten a razón, xa non sei pa que discuto con el, con Marisa no Plenario, que gran traballo fixo Marisa, con Mila e os seus nervios, co Comité Electoral..,a verdade, con todos os que colaboraron e traballaron que foron estupendos.
En fin, que só desexo que os restantes congresos saían tan ben ou mellor que este, porque eu pola miña parte espero corrixir os erros cometidos.
Si queres ver máis fotos clika aquí.
P.A.M





0 Respuestas a “Os Congresos Provinciais, Pontevedra”