
Hoxe fun consciente da cantidade de tempo que levo sen entrar no meu propio blog, algo que dende logo non está nada ben, pero o certo é que o mes de Xullo foi unha tolemia de traballo e o mes de Agosto estiven de vacacións, e confeso que desconectei de todo o que tiña que ver con un ordenador.
Pois ben, ante todo pedir desculpas aos que me deixastedes comentarios e que non aprobei ata hoxe porque nin sequera sabía que os tiña, e, neste senso quero dar especialmente as gracias a María que me escribe dende Suiza no post “Por favor non sexamos víctimas da carretera”, de verdade María, moitas gracias por facerme emocionar.
Estas vacacións foron diferentes as vividas ata agora, quizais pola nova etapa que estou a descubrir e que fai que cada día sexa diferente e novidoso. Non saín de Galicia pero si que aproveitei para ir a lugares onde nunca estivera ou que coñecía moi vagamente.
Pero sen dúbida o máis interesante é a volta no traballo, xa que, é onde máis te podes sorprender.
Seguimos con obras, con máis e máis tabiques, somos como abelliñas nunha colmea. Pero sen dúbida a gran novidade é que puxeron unha máquina de café na Rúa do Pino, custa 35 céntimos, e tes que meter a cantidade exacta porque ao parecer a maquiniña non da cambio.
Eu teño a teoría de que a partires de agora cando saian da Executiva os/as seus/ suas compoñentes van ter a súa CÁMARA CAFÉ particular, así como todos os/as que tomen algo diante da mesma,-eu que non tomaba café creo que vou a empezar a tomalo e todo-, vai ser ben divertido olle!!!, en canto aos personaxes que a interpretan deixoo a imaxinación de cada un…
En fin, que os meses vindeiros pintan interesantes, dígovolo eu…de Congreso en Congreso e entro porque me toca.
A.M.





0 Respuestas a ““Cámara Café” na Rúa do Pino”