Non é ouro todo o que reluce…

Xa fai moito tempo que non me paro a charlar un ratiño con vos, estivemos de campaña o cal implica deixar de ter vida propia para vivir a dos demais.

 

 

 

Hoxe, día de peche de campaña síntome especialmente triste, sinto moita tristeza polos que vamos despreciando no camiño, sinto tristeza pola xente que realmente vale a pena e a deixamos na estacada indefensa e soa, sinto tristeza porque loitas contra un imposible, sinto tristeza pola dor e decepción de moitos, e sinto tristeza por xente tan marabillosa que hai por aí defendendo uns ideais nos que ao final tan só eles creen, uns ideais que outros usan para encumbrarse pero que só os embelecen como persoas.

E, sobre todo sinto tristeza polo egoísmo do poder…e por todos aqueles que nacen cunha estrela que non se merecen e que a apagan cada vez que lle fan dano aos menos afortunados.

Isto vai por ti N. e por toda a xente que sufre por defender os ideais que outros machacan.

 

3 Respuestas a “Non é ouro todo o que reluce…”


  1. 1 N. Junio 9, 2009 a las 2:38 am

    Grazas Eva por estar ahí e chegar a ver o que outros non ven ou non queren ver, en fin que hai que buscar forzas aló onde as haxa e seguir adiante por eses camiños da vida onde a unhas nos costa moito máis que a outros. Para gobernar necesitanse moitos puñados de votos para vivir só un puñado de boas e bos amigos. Grazas amiga

  2. 2 blas Junio 9, 2009 a las 11:06 am

    Jo!!. Que bonito.

    Bromas aparte, coincido plenamente coa frase de N. “Para gobernar necesitanse moitos puñados de votos para vivir só un puñado de boas e bos amigos”. Canta razón tes.

    Eu sempre dixen ademais que un ten que chegar pola noite e ao deitarse ter a conciencia tranquila, e poder dormir ben. E hai moitos/as que dormen moi…moi mal.

  3. 3 evatome Junio 9, 2009 a las 11:33 am

    N. moitas gracias por todo, só che podo desear a maior das sortes e un futuro tranquilo, e, estou dacordo con Blas en que esa frase é do máis sensato que oín en moito tempo. Apertas e sempre contigo.


Escribe un comentario




 

Junio 2009
L M X J V S D
« May   Jul »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Páginas

FOTOS

Interparlamentaria cos Albertos

Con ZP

Xantar de Nadal

Xantar de Nadal

Rúa do Pino

More Photos