
Xa fai moito tempo que non me paro a charlar un ratiño con vos, estivemos de campaña o cal implica deixar de ter vida propia para vivir a dos demais.
Hoxe, día de peche de campaña síntome especialmente triste, sinto moita tristeza polos que vamos despreciando no camiño, sinto tristeza pola xente que realmente vale a pena e a deixamos na estacada indefensa e soa, sinto tristeza porque loitas contra un imposible, sinto tristeza pola dor e decepción de moitos, e sinto tristeza por xente tan marabillosa que hai por aí defendendo uns ideais nos que ao final tan só eles creen, uns ideais que outros usan para encumbrarse pero que só os embelecen como persoas.
E, sobre todo sinto tristeza polo egoísmo do poder…e por todos aqueles que nacen cunha estrela que non se merecen e que a apagan cada vez que lle fan dano aos menos afortunados.
Isto vai por ti N. e por toda a xente que sufre por defender os ideais que outros machacan.





Comentarios recientes