Archivos para Mayo 2009

Estamos en campaña!!! esto soame….

Dende o pasado Xoves estamos novamente en CAMPAÑA.

O certo é que teño a impresión de que nunca deixamos de estalo…levo sentindo isto dende Agosto de 2008 cando se previu un adiantamento das Autonómicas. Dende ese  momento estamos a voltas con listas, actos, mitines… Este traballo xa me resulta rutinario e monótono, quizais porque me tocou a etapa máis electoral e congresual…e, ao fin e o cabo XA TODO ESTÁ INVENTADO!!!

P.A.M

Por favor non sexamos víctimas da carretera.

evat

Esta fin de semana aconteceu o que nunca queremos que pase, un rapaz de 22 anos de Mazaricos deixou a vida na estrada.

É moi triste, sentes tristeza por el, por seus pais, seus avós, a súa parella…..por todo.

Hai poucas familias en España que non sufriran as consecuencias da estrada, eu, sen ir máis lonxe vivino moi de preto:  “Tiña 11 anos, cando as 11:00 da noite aproximadamente chamaron a porta da nosa casa, era o Alcalde de Mazaricos – hoxe falecido e gran amigo de meu pai – que traía unha nova, daquela aínda non había teléfono en todas as casas e coincidía que o teléfono público estaba na del. Miña tía Carmen, a irmá pequena de meu pai tivera un accidente en Barcelona, ía para celebrar o seu 30 cumpre anos co seu home e os nenos cando se saíu o seu coche nunha curva. Meu pai marchou inmediatamente para o Aeroporto con Manolo (o Alcalde) e alí arreglaron como puideron para que collera un voo con rumbo a Barcelona. Papá conta que nese momento estaba tan cego que non se acordou nin de coller o reloxo, e, entón Manolo quitou o seu e doullo.

Miña nai meteunos na cama a meu irmán e a min con ela e díxonos que a tía estaba moi maliña no hospital, eu recordo que recei ata as 5 da mañan, que foi cando definitivamente nos chegou a nova de que miña tía morrera. Eu sempre pensei que xa estaba morta dende que avisaron a meu pai pero quixen aferrarme á mentira de miña nai.

Ao día seguinte fomos ao colexio, e, aconteceu algo que nunca pasara antes, meu pai veume esperar ao autobús e a súa cara dicíao todo, acababa de perder á persoa que quizais máis quería no mundo. A súa irmá da alma”.

A época seguinte foi gris na miña familia. Por todo isto debemos examinarnos, eu a primeira, e practicar a prudencia.

P.A.M


 

Mayo 2009
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Páginas

FOTOS

Interparlamentaria cos Albertos

Con ZP

Xantar de Nadal

Xantar de Nadal

Rúa do Pino

More Photos