Levo xa moito tempo sin escribir, e, como case sempre é por motivos de traballo, aínda que, esta vez é tamén por algo de ocio.
Cóntovos, a semana pasada fixemos unha escapada a Portugal, - con respecto a isto teño varias anécdotas que contar pero para poder facelo teño que ter algo máis de tempo- e en este momento estamos co tema do Congreso Extraordinario e a Rúa do Pino “parese unha casa de tolos”.
Pero non queria deixar pasar máis días sen falar dunha persoa que para min é moi especial, de Loli.
Loli Rodríguez Amoroso significa moito, primeiro como persoa, porque é das máis coherentes que coñecin nunca, porque é traballadora, porque é de bo corazón, porque como digo sempre é o/a mellor xefe/a que tiven nunca….. e por moitas máis cualidades. Pero, hoxe sobre todo , acórdome dela, porque durante anos foi a Presidenta do Consello da Xuventude e Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas, e, agora con tan só trinta e un aniños vaise xubilar de ambos postos.
De ahí miña querida Loli o meu homenaxe particular, co video que che adico, en este momento tan especial, xa que creo que todos os que se xubilan ao principio o pasan moi mal… ( eso si, olvídate de que che regalemos o reloj que ese o temos gardado para quen ti xa sabes).
En fin, eu teño o presentimento dende o día que a coñecín de que vai chegar moi lonxe e espero que haxa a suficiente racionalidade en este “mundo” para que así sexa…Moitas apertas e ti vales moito nena!!!
P.A.M





0 Respuestas a “Homenaxe particular a Loli Rodríguez Amoroso”