As filloas da pedra de miña nai

img00005

 

img00001

 

filloa

Hoxe non vou escribir de política. Hoxe vou eloxiar unha das cousas que mellor fai miña nai – as filloas da pedra-.

Seguramente moitos de vos non coñezades este plato típico, posto que, xa quedan poucos sitios onde se fai, e Mazaricos, é un deles.

Miña nai, unha gran nai, sabe que me chiflan as filloas, e eu creo que,  para compensar o meu sufrimento, o pasado venres decidiu facermas. 

Leva moito traballo,  hai que ir a leña, quentar a pedra, facer o moado e logo ter a paciencia de ir pouquiño a pouco templando a masa na pedra.  Pero,  todo isto ven acompañado de algo que xamais se debería perder;  as conversas a carón do lume, botar unhas risas coa xente que vai pasando pola lareira, falar de todo un pouco con meus pais, -incluso do triste que foi perder as eleccións-, e, namentres ir comendo nas filloas. Dos mellores remedios para os males da alma…

Deíxovos unhas fotos onde se aprecia máis ou menos como se fan estas delicias.

P.A.M

4 Respuestas a “As filloas da pedra de miña nai”


  1. 1 Freiman Marzo 10, 2009 a las 11:52 pm

    * Eu tamén comín filloas e orellas, fora da casa. Unha veciña trouxo unhas cantas filloas pra min e miña nai o vespera das eleccións. Pra ir a votar trouxen a casa a miña nai, xa que está nunha Residencia de Maiores. Denantes de ingresar en ela facía orellas, montos de orellas. Nembargantes, algunha vez trouxerónnos orellas e se votarón ó caldeiro ¡Non se comían!

  2. 2 militantedisoltodecambre Marzo 11, 2009 a las 6:56 pm

    BENQUERIDA EVA:
    xA QUE NON TE POS O TELEFONO (ESTAS SEMPRE TAN TAN OCUPADA) VOUME DIRIXIR A TI A TRAVES DESTE BLOG (O QUE POR CERTO DAREMOS UN 10 NO SEU DESEÑO)
    Fixestelo mal, moi mal (non digas que non cho dixen BILFORD), pasastes das e dos militantes do Psdeg-psoe de cambre, pasastes e fixestelo amplamente.
    Cada un elixe o seu camiño e ten que atenerse as pedras que atope nel e neste caso as pedras atopástelas vós. Nomeouse unha xestora ilegal (figuraban 3 militantes da agrupacion de cambre) e naquel momento non eran militantes porque a agrupación estaba disolta.
    Pedisteslle a xente que se volvera a apuntar e eles non se desapuntaran polo que o mais normal e que quen os borrou os volva a apuntar.
    Xa sei que non interesabamos, estabamos en contra de que se convertera o partido nun grupo de amiguetes e queriamos un partido serio, solvente, e sobre todo democrático con xente que pensara e xa se sabe…quen pensa remata por ter malas ideas (Celso Emilio Ferreiro).
    Non sei que dicirche EVA pero estou apesadumado, un sono estragado, (non sei se con razón ou sen ela) pero estragado.
    Coido que o PSdeG-PSOE necesita unha renovación total e que se vaian RICARDO VARELA, MOISES REY. MAR BARCON, ROMEU e toda esa xente que converteron a miña vida nun pesadelo
    Espero unha resposta ¿Por que non se afiliou a xente de CAMBRE que solicitou a afiliación no mes de febreiro?
    Un saúdo, desexarte toda a sorte do mundo
    MILITANTE DISOLTO DE CAMBRE

  3. 3 blas Marzo 13, 2009 a las 10:34 pm

    Eva, eu sobre as filloas á pedra de túa nai, que é do que trata este post, e non doutras cousas que algúns escriben aquí, das filloas direiche que están moi boas.

    Eu nunca as vira, e a verdade non sabía nin que existían, só coñecías as filloas tradicionais.

  4. 4 geli Marzo 16, 2009 a las 12:56 pm

    Qué pinta tienen esas filloas…!!!! a mí, creo que ya lo sabes, me encantan las filloas. Y la verdad es que mi abuela, como tenía lareira, siempre las hizo en la sartén… pero qué mano tenía!!

    De todas formas, espero que un día me invites a Mazaricos a tomar unas filloas y hablemos, en vez de pegadas al radiador de la oficina, “al calor del hogar”…

    Así saíches de ben criada!!


Escribe un comentario




 

Marzo 2009
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Páginas

FOTOS

Interparlamentaria cos Albertos

Con ZP

Xantar de Nadal

Xantar de Nadal

Rúa do Pino

More Photos