Deixovos un vídeo que colgou Darío no Facebook e co que me partin de risa.
P.A.M
Deixovos un vídeo que colgou Darío no Facebook e co que me partin de risa.
P.A.M
Hoxe, mentras esperaba nunha consulta, lin un deses estudios dos que sempre pensas “pa que carallo vale esto…”.Pois ben, segundo a revista especializada Archives of Sexual Behaviour os “ homes poden namorarse en 8,2 segundos.” - Rápidos ehh!!-
Segundo esta publicación: “A primeira impresión é o que conta. A miúdo ouimos esta expresión, pero agora parece que a ciencia a sustenta. Canto máis mira un home a unha muller no momento de coñecerse máis interesado está nela. Se o cruzamento de miradas queda en 4 segundos, o máis probable é que non estea impresionado. Pero se supera a barreira dos 8,2 segundos, podería estar, sen sabelo, perdidamente namorado”. -Eu, en este punto teño que facer unha pequeniña puntualización ao magnífico estudio este-, xa que di que: canto máis che miran máis interesados están, pero claro, o que non din os ciéntificos é a onde che miran, porque, todas estaremos dacordo en que, case calquer home, é capaz de estar mirando para un escote máis de 8 segundos sen que iso signifique que está enamorado….,vamos digo eu, porque sinon por esa regla de tres todos os borrachos dos sábados estarían coladiños por nos.
Sen embargo, ao parecer, non ocorre o mesmo no caso das mulleres xa que nos mantemos a mirada tanto se os atopamos atractivos coma se non.
Así que agora queridas amigas, xa o sabedes, tende moito coidadiño cando vaíades ao Super, porque si o chico da charcutería che mira máis de 8 segundos significa que en breves che pedirá como mínimo unha cita ou matrimonio.
P.A.M

O Sábado celebrouse o primeiro Comité Nacional dende que se perderon as eleccións.
Comezou as 10:30 h. coas intervencións de Ricardo Varela e Pepe Blanco; as 11:15, aproximadamente, comenzarón as oitenta intervencións dos Delegados. Houbo de todo, pero case todas na mesma liña de : “CRÍTICA” e ” SEÑALAMENTO DE ERROS NO PACTO CO BNG. Para min, os mellores foron Quiroga e Vergara, porque son os que dixeron a verdade do que sentían, sin paños quentes…como ten que ser.
E logo está José Luis de Salvaterra de Miño, un gran descubrimento, digo isto porque eu non o coñecía personalmente, e, é a persoa que máis sinceramente oín falar en público dende que estou no partido,-un fenómeno-, o día do Comité pediu a palabra pero cansouse de esperar e retirou a petición, unha lástima. Pero eso sí, acercouse a nós e dinos: ” Arre carallo aquí ninguen asume a responsabilidade, que pena que retirei a palabra, si o sei, subo alí e digo que, a culpa de perder as eleccións foi de Blas e Eva, que os despidan xa…que os contrato eu”
Deixovos unha foto de José Luis despois de moitas horas de intervencións.
P.A.M



Hoxe non vou escribir de política. Hoxe vou eloxiar unha das cousas que mellor fai miña nai – as filloas da pedra-.
Seguramente moitos de vos non coñezades este plato típico, posto que, xa quedan poucos sitios onde se fai, e Mazaricos, é un deles.
Miña nai, unha gran nai, sabe que me chiflan as filloas, e eu creo que, para compensar o meu sufrimento, o pasado venres decidiu facermas.
Leva moito traballo, hai que ir a leña, quentar a pedra, facer o moado e logo ter a paciencia de ir pouquiño a pouco templando a masa na pedra. Pero, todo isto ven acompañado de algo que xamais se debería perder; as conversas a carón do lume, botar unhas risas coa xente que vai pasando pola lareira, falar de todo un pouco con meus pais, -incluso do triste que foi perder as eleccións-, e, namentres ir comendo nas filloas. Dos mellores remedios para os males da alma…
Deíxovos unhas fotos onde se aprecia máis ou menos como se fan estas delicias.
P.A.M

Levamos xa uns días asumindo a “deblacle” -como lle chaman algúns-. E, lóxicamente, despois do acontecido escoitas e lees moitas criticas, de modo que, acabas por comprender que a “crítica” dentro do respeto enseña moito.
Eu, como xa todos máis ou menos sabedes, son partidaria de non censurar absolutamente nada do que me escriben no blog, salvo que insulten ou menosprecien a outras persoas, porque, iso serveche para ver o que realmente opinan os demais de ti, o que axuda a que corrixas uns erros dos que ao mellor non eres consciente.
Por iso, aprendamos a escoitar, e ,deixemos que nos critiquen, a pesar de que a veces jode, porque é unha boa maneira de solucionar futuros problemas.
P.A.M

Hoxe podense utilizar moitos refráns: ” non querias caldo, pois toma duas cuncas”, ” o meu gozo nun pozo”. Así se pode resumir o meu sentimento hoxe.
Como xa saberedes Emilio Pérez Touriño, o Presidente, acaba de presentar a sua dimisión como Secretario Xeral, pois ben, nos que tiñamos pensado descansar dous días, temos que poñer a máquina a funcionar novamente, xa que, agora toca nomear Xestora, convocar ao Comité Nacional, celebrar Asembleas en todas as agrupacións para escoller aos/as delegados/as, e, OUTRO CONGRESO….ala….e, logo xa temos as eleccións Europeas…
Total, que traballo non ha de faltar…
Sigovos contando….
P.A.M
Despois de tanto traballo, esforzo e sacrificio a sensación de impotencia ante a derrota fai que te derrumbes con lágrimas.
Cando rematou a campaña, no acto de peche, tras marchar todo o mundo de Amio, Mar e eu, sentámonos nas escaleiras dun escenario baleiro e díxome: “Gracias Eviña por todo”, e eu, como son de lágrima fácil emocioneime e resposteille: ” só deseo que todo isto sirva para algo”, pero no, non serviu para nada…
Eu, a pena que sinto, é sobre todo polos compañeiros que se quedan no camiño e que non teñen culpa dos erros cometidos por outros, pola boa xente, pola xente traballadora e, por todos aqueles que senten dor pola nova situación.
En calquer caso a min só me queda dar as gracias a todos os que nos apoiastedes e, os que non, desexarlles moita saúde e sorte.
Unha grande aperta a todos e todas.
P.A.M.M

Esta é a miña segunda campaña. Foi unha campaña moi intensa e dura, e agora, dende o Hotel Puerta del Camino, só podo dicir que espero que todo o traballo e esforzo sirva para algo…
Outra cousa importante que deixan as campañas electorais son as experiencias. Danche a coñecer como é a xente que che rodea e acompaña. Por iso teño que darlle as gracias moi, moi especialmente a Marquiños, que me acompañou e axudou moito, a Gonzalo, ao que quero moito, moito, moito…a Blas, a Casti, a Palomi (o mellor descubrimento), e, como non á mellor xefa que se pode ter: Mar. E, tamén quero pedirlle perdón a Anxela (feliz cumpreanos, e un bico) polos meus malos momentos, a Dieguiño a Víctor….e, a todos os que en algún momento de tensión lles din unha mala contestación.
Teño que dicir que, esta é realmente a xente que vale a pena, a que está aí cando a necesitas e che bota unha man, María Bugallo, Tamara, Marí Torres, Angel Rivas, Alberto Rodríguez, Anxo…Eu nunca me esquecerei de que estabades aí cando vos chamei, así que moitas gracias, de verdade.
Ao longo do día espero ir contado máis cousas, pero tiña pendente dar as gracias, porque “de ben nacido é ser agradecido”…
A seguir loitando
P.A G.
Comentarios recientes