Archivos para 21/02/09

Cando será 1 de Marzo

Estamos en un mitin en Santa Cruz (Oleiros), un dos sitios máis privilexiados que coñecín nunca, eu, de pequena pasaba moito tempo por esta zona, xa que, teño familia moi pretiño, teñen un magnífico restaurante, onde, por certo, se come o mellor salpicón de cigala e os mellores mexillóns, é o VILA DO COUTO, en Lorbé, por si vos apetece ir.

Levamos toda a semana dun lugar para outro, eu principalmente con Marquiños, que equivale na miña vida a Castiñeiras na de Blas, é unha das mellores persoas que coñecín nunca, e que, ten unha paciencia infinita comigo e co meu bule, bule…Gracias Marquetes. Nos ao igual que Blas e Casti tamén nos perdemos, pero ademais moito, moito, pero, ….eu creo que forma parte deste viaxar continuo.

Como exemplo direivos que onte de camiño a un mitin a Betanzos doume por parar nun centro comercial, eu toda convencida de que me ía dar tempo a cortar o pelo en 20 minutos, pero, ATENCIÓN, tocoume un peluquero arxentino,e, xa todos coñecemos a paciencia desta xentiña…vamos que casi non chegamos nin ao mitin de Betanzos nin ao de Arzúa que era a continuación, pero aí estaba Marquiños con toda a pasensia do mundo esperándome…

Hoxe tivemos mitin con ZP en Vigo, a verdade é que foi un gran acto.
Morocho pediume un favor: que ZP lle firmase un libro a unha rapaza da Susana, pois xa me vedes a min co libro debaixo do brazo falando coa seguridade de ZP para que me deixaran acercarme a el, e, conseguino!!!, cando saía e estando case sós díxenlle: Presidente por favor fírmame este libro para unha rapaza chamada Susana que é a túa fan Nº 1″ (bueno todo en castelán claro), e el moi amablemente díxome: “si claro” , escribiu unha dedicatoria e firmouno, eu mireino aos ollos e díxenlle gracias Presidente el miroume a min e dime a ti maja” (Blas ten a teoría para vacilarme que me dixo “baja” e non “maja”). A verdade é que da igual, eu só podía ver uns grandes ollos azuis e verdes que denotan a unha boa persoa.

Despois do mitin fun comer por fin as filloas da pedra…miña nai fai as mellores do mundo…QUE GRAN DÍA…
P.A.M


 

Febrero 2009
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728  

Páginas

FOTOS

Interparlamentaria cos Albertos

Con ZP

Xantar de Nadal

Xantar de Nadal

Rúa do Pino

More Photos