
Sábado 09 de Febreiro de 2009, 20:22 hora zulú.
Estamos en Ames en un mitín con Pepe Blanco, Mar, Xocas, Carlos Fernández e Méndez Romeu.
Este fin de semana foi movidito, o Sábado pola noite estivemos en Narón en un mitín decidicado as mulleres. Tralo mitin o noso gran amigo Iván invitounos a ir comer cocido ao restaurante do seus pais “O MUNDIAL”, e, o certo é que o sitio é mundial polo ben que se come…que marabilla (Delfín un saúdo…).
Hoxe a mediodía fomos a un xantar multitudinario a Boimorto con Pepe Blanco, Mar, Ricardo e Ignacio.
Quero falarvos de Ignacio, o gran Ignacio, un gran Alcalde e unha mellor persoa, contovos varias anécdotas desta gran persoa.
Cando chegamos él estaba ao mando das operacións, movendo a xente e dicíndolle a onde tiñan que ir cada un deles; entramos presentou ao resto dos oradores, dunha maneira sinxela e popular….comemos polbo, e, chegou para min o mellor momento do acto:
Ignacio non era afiliado ata fai pouco, pero aproveitando que chegou o seu carné así como o do Alcalde de Toques, Miguel Angel, quixeron facerlle unha entrega digamos que “especial” por medio de Mar e Ricardo, pois ben, eu falo con todos eles para que haxa un certo protocolo, unha certa orde…subirían Mar e Ricardo, Ricardo dáballe o carné a Ignacio e Mar a Miguel Angel. Xa estaba todo listo e, de repente, achégase un veciño a xunto Ignacio e entrégalle un papelito cunha matrícula e unha marca de coche…bueno, pois xa me vedes ao Alcalde en ese momento tan “solemne” dicindo : “ ATENCIÓN o condutor do Citroén Xara matrícula ————BW por favor que o retire que hai unha persoa enferma e non pode levarse o médico porque estorba este coche…”, xenial, xenial…
Tras isto conseguimos que Ricardo lle entregue o carné, e Ignacio,di unhas palabras que máis o menos son as seguintes:
“Eu son un virachaquetas….eu fun durante 12 anos Concelleiro do PP, pero e que calquera se equivoca, eu funo porque claro isto de que tes un tío na casa que che vai desindo o que tes que ser eee…..cando só vas aos actos duns non ves máis alá pero, cando eu empesei a coñecer o PSOE dixen eu son Socialista…”
Hoxe foi ben divertido…
Seguireivos contanto…
P.A.M





Sí,sí. Lo que tú quieras.
un V-I-R-A-C-H-A-Q-U-E-T-A-S
os outros cahamanlle:
un T-R-A-N-S-F-U-G-A
pero esta xente de tanta convicción e ideales son:
uns S-I-N-V-E-R-G-U-E-N-Z-A-S
Dende logo Ignacio pode haberse equivocado, ou non, pero o que non é e un tránsfuga, eu penso que todos na nosa vida pasamos por distintas etapas, pero o importante é ser boas persoas e traballar polos demais, e, dende logo Ignaicio é moi boa persoa e moi traballador, e, fixo moito por Boimorto e para min é o que vale.
eva, cosiderarás que la “evolución” es cuando menos sorprendente ¿o no?
Eso no quita lo que haya hecho por su pueblo y lo que haya trabajado pero no estamos hablando de trabajadores y buenas personas, hablamos de militancia y no dudo en absoluto de las virtudes de este hombre pero comprenderás que si lo haga de su “ideología” ¿no?
Ignacio é sobre todo unha boa persoa. Transfuga non, porque noblemente abandoou o PP e formou un partido independente moi participativo e transparente onde todo o mundo era benvido. Ese ano gañou as eleccións contra pronóstico, simplemente sendo honesto e nada pretencioso, que é o principal problema dos políticos neste país. Despois decidiron presentarse baixo a as siglas socialistas como independentes, e ahí as opinións son respetables. Tratándose dunha política local, o importante é o equipo, e funcionar funciona.
Outra cousa: EN BOIMORTO NON TEMOS SESEO NO MEDIO DAS PALABRAS! NON DECIMOS rapaz PERO SI rapás, E XAMAIS empesei OU desindo SENON empecei OU decindo