
Onte pola tarde presentouse en Santiago o libro “Conversas con Emilio Pérez Touriño” de Manuel Lombao.
Pois ben, teño que confesarvos que lin un pouco e gustoume…, pensei que ía ser o típico libro tostón onde saen tantas siglas que ao final non ten enteras si o “prota” estaba metido en UPC, DCU, UDC, PSCL…ou en que clase de organización.
A presentación tamén estivo bastante ben, porque Manuel Lombao doulle un toque de: ” bueno, para que isto non sexa tan aburrido como soe ser habitualmente, voulle facer unhas preguntas ao Presidente que espero que conteste brevemente…”, e, Emilio Pérez, respostou dunha maneira bastante amena; porque aínda que él crea que non estiven atendendo, si o fixen, porque as mulleres temos a capacidade de facer duas ou incluso máis cousas a vez…Isto digoo porque cando saía dínxenlle ” está bastante ben o libro, eu xa lin case a metade”, e, él respostoume “eso que non é Domingo pola tarde” (xa que o autor había dito que era un libro que se podía ler nunha tarde chuviosa de Domingo).
Seguireivos contando…
P.A.C.T.A.A





Comentarios recientes