Archivos para 1/02/09

Ola, ola…qué tal?

Xa levo moitos días sen entrar sequera no Blog, como vos podedes imaxinar non tiven nin un minuto para poder facelo.

Esta campaña está a ser dura e difícil porque hai que “lidar moitos toros”…pero só queda pensar positivo, cada acto é un día menos e polo tanto un pasiño menos para acadar a meta…

Onte estivemos pola manan na presentación da Candidatura en Pontevedra, en este acto estreouse en primicia a versión que fixo Xoel da “Pomba Dourada”, está bastante ben, admítense opinións… Xa pola noite fomos con Mar a unha homenaxe a Lestedo, había moita comida pero nada destacable a verdade….non vos recomendo o sitio porque non vale a pena.

E, hoxe Domingo, ala nos fomos a Lugo a un mitín con ZP, nada que reseñar ao respecto salvo que, estivo na liña dos últimos bah …ben…! E, tralo mitín ZP xunto con Touriño, Pepe Blanco e outras autoridades quedáronse a comer en Lugo, no sitio de sempre, o Hotel Jorge I, está ben, pero e que eu tampouco coñezo outro sitio en  Lugo para poder comparar. O mellor foi o menú, pulpo e carne o caldeiro…moi enxebre…

Como foi un día difícil gustaríame darlle as gracias moi especialmente a uns chicos e chicas que van na candidatura de Lugo porque con xente con eles é moito máis fácil facer o traballo.
Espero poder ter tempo e seguirvos contando…

P.A


 

Febrero 2009
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728  

Páginas

FOTOS

Interparlamentaria cos Albertos

Con ZP

Xantar de Nadal

Xantar de Nadal

Rúa do Pino

More Photos