Archivos para Febrero 2009

Cando sea grande quero ser como Alfonso Guerra…

Como xa vos adiantei fai onte, o pasado Domingo tivemos un mitin con Alfonso Guerra en Arteixo.É unha persoa encantadora.

 Cando non estan nin Blas nin os de Madrid, son eu a que me encargo de levar aos intervintes a unha sala e explicarlles un pouquiño por onde imos entrar, a orden de intervencions, os tempos…e, polo tanto estiven charlando un ratiño co GRAN ALFONSO, comenteille ” Alfonso, podes falar o tempo que queiras, para min o mellor mitin que escoitei nunca foi o do ano pasado en Narón”, e él só me dixo: “Ah zi!!!”
Logo entramos e comezou o espectáculo; primeiro “hipnotizounos” coa súa sabiduría e didáctica e logo fíxonos rir, e, cando xa levaba 40 min. conseguiu o nunca visto ¡¡¡¡QUE A XENTE LLE PEDIRA MÁIS!!!, INCRIBLE.
Cando rematou dime: ” Que, te guztó maz que el de Narón?”, e eu só acertei a decirlle : “Alfonso eres un crak”.E, como hai xente que mo pediu, e, ademais, para min é un gran orgullo coñecelo deíxovos o vídeo para que pasedes un bo ratiño.

Hoxe tivemos comida con Chacón….xa vos contarei.

Falamos….

P.A.M

Preparando un regalo

Como sempre en estos días andamos de mitin en mitin,  de feito acabamos de chegar de Carballo con Mar, e, hoxe teño que felicitar moi especialmente a unha das persoas máis boas e entrañables que coñecin nunca, e a cal aprecio un montón,…trátase de Maria Torres (Tawers para os amigos), hoxe foi un gran día para ela, notoúselle, con só 25 aniños recén cumpridos é unha das candidatas ao Parlamento pola comarca de Bergantiños, e, ademais, unha gran loitadora e traballadora por Carballo.  Demostrou que non fai falla ser un “veterano” para conseguir a ovación da xente, senon que o mellor é  falar co corazón e o coñecemento…Meris un bico moi grande.

A parte das emocións de hoxe, eu, particularmente, vivín unha moi especial o Domingo, xa que, estivo Alfonso Guerra en Arteixo, para min unha das persoas máis interesantes que coñecín nunca, e, da que vos falarei mañan si non hai “novedá”, incruso vos vou deixar un regalo, pero eso terá que ser mañan porque agora acaba de chegar comida á sede do Pino…

Nos vemos…

P.A.M

Cando será 1 de Marzo

Estamos en un mitin en Santa Cruz (Oleiros), un dos sitios máis privilexiados que coñecín nunca, eu, de pequena pasaba moito tempo por esta zona, xa que, teño familia moi pretiño, teñen un magnífico restaurante, onde, por certo, se come o mellor salpicón de cigala e os mellores mexillóns, é o VILA DO COUTO, en Lorbé, por si vos apetece ir.

Levamos toda a semana dun lugar para outro, eu principalmente con Marquiños, que equivale na miña vida a Castiñeiras na de Blas, é unha das mellores persoas que coñecín nunca, e que, ten unha paciencia infinita comigo e co meu bule, bule…Gracias Marquetes. Nos ao igual que Blas e Casti tamén nos perdemos, pero ademais moito, moito, pero, ….eu creo que forma parte deste viaxar continuo.

Como exemplo direivos que onte de camiño a un mitin a Betanzos doume por parar nun centro comercial, eu toda convencida de que me ía dar tempo a cortar o pelo en 20 minutos, pero, ATENCIÓN, tocoume un peluquero arxentino,e, xa todos coñecemos a paciencia desta xentiña…vamos que casi non chegamos nin ao mitin de Betanzos nin ao de Arzúa que era a continuación, pero aí estaba Marquiños con toda a pasensia do mundo esperándome…

Hoxe tivemos mitin con ZP en Vigo, a verdade é que foi un gran acto.
Morocho pediume un favor: que ZP lle firmase un libro a unha rapaza da Susana, pois xa me vedes a min co libro debaixo do brazo falando coa seguridade de ZP para que me deixaran acercarme a el, e, conseguino!!!, cando saía e estando case sós díxenlle: Presidente por favor fírmame este libro para unha rapaza chamada Susana que é a túa fan Nº 1″ (bueno todo en castelán claro), e el moi amablemente díxome: “si claro” , escribiu unha dedicatoria e firmouno, eu mireino aos ollos e díxenlle gracias Presidente el miroume a min e dime a ti maja” (Blas ten a teoría para vacilarme que me dixo “baja” e non “maja”). A verdade é que da igual, eu só podía ver uns grandes ollos azuis e verdes que denotan a unha boa persoa.

Despois do mitin fun comer por fin as filloas da pedra…miña nai fai as mellores do mundo…QUE GRAN DÍA…
P.A.M

Estamos en “MACROCAMPAÑA”

entrevista-tourino-tv

Estamos no mitin de ZP en A Coruña, e dado que facía moito tempo que non vos contaba nada, obrigueime a min mesma a vir ata aquí a poñervos un pouquiño ao día do que vivimos ao longo desta semana.

Levamos toda a semana de mitin en mitin e de acto en acto, porque eu, ademais de estar co Presidente, tamén acompaño a Mar sempre que podo, de aí que moitas veces faga doblete, (por certo que marabillosa é Mar…), pero os actos destacables desta semana sen dúbida foron os de Leire en Ferrol, Pepe Blanco en A Coruña, Felipe en Vilagarcía, o de hoxe de A Coruña, e, como non o de INICIO DE CAMPAÑA do Xoves ás doce da noite…, este para min é especial xa que por fin estamos máis cerca da meta…

Levamos xa moitos días, que como di Anxeliña; no tenemos vida. E claro isto plantéxanos problemas tan importantes como que: “algun/has de nós non teñamos tempo nin de ¡r a peluquería”(que problemón, non me digades….) así que onte, entre un acto de cultura en Coruña, unha comida en Fene e un mitin en Miño, Ánxela, Marquiños e eu dedicámonos a buscar unha peluquería, …. pero sorprendentemente non atopamos ningunha aberta. O certo é que foi de coña … hai que ver a onde se chega en ocasións …

Con todo isto que vos conto vai ben, a tope…, voume que acobou ZP!!!!.

Volvo un momentiño para deixarvos unha foto miña con Emilio Pérez na que lle estamos a facer unha entrevista para a touriño.tv, a verdade é que neste curro chegas a facer cousas ben diferentes….
P.A.M

Ignacio, Alcalde de Boimorto, son a túa fan

ppb11

Sábado 09 de Febreiro de 2009, 20:22 hora zulú.

Estamos en Ames en un mitín con Pepe Blanco, Mar, Xocas, Carlos Fernández e Méndez Romeu.

Este fin de semana foi movidito, o Sábado pola noite estivemos en Narón en un mitín decidicado as mulleres. Tralo mitin o noso gran amigo Iván invitounos a ir comer cocido ao restaurante do seus pais “O MUNDIAL”, e, o certo é que o sitio é mundial polo ben que se come…que marabilla (Delfín un saúdo…).

Hoxe a mediodía fomos a un xantar multitudinario a Boimorto con Pepe Blanco, Mar, Ricardo e Ignacio.

Quero falarvos de Ignacio, o gran Ignacio, un gran Alcalde e unha mellor persoa, contovos varias anécdotas desta gran persoa.

Cando chegamos él estaba ao mando das operacións, movendo a xente e dicíndolle a onde tiñan que ir cada un deles; entramos presentou ao resto dos oradores, dunha maneira sinxela e popular….comemos polbo, e, chegou para min o mellor momento do acto:

Ignacio non era afiliado ata fai pouco, pero aproveitando que chegou o seu carné así como o do Alcalde de Toques, Miguel Angel, quixeron facerlle unha entrega digamos que “especial” por medio de Mar e Ricardo, pois ben, eu falo con todos eles para que haxa un certo protocolo, unha certa orde…subirían Mar e Ricardo, Ricardo dáballe o carné a Ignacio e Mar a Miguel Angel. Xa estaba todo listo e, de repente, achégase un veciño a xunto Ignacio e entrégalle un papelito cunha matrícula e unha marca de coche…bueno, pois xa me vedes ao Alcalde en ese momento tan “solemne” dicindo : “ ATENCIÓN o condutor do Citroén Xara matrícula ————BW por favor que o retire que hai unha persoa enferma e non pode levarse o médico porque estorba este coche…”, xenial, xenial…

Tras isto conseguimos que Ricardo lle entregue o carné, e Ignacio,di unhas palabras que máis o menos son as seguintes:

“Eu son un virachaquetas….eu fun durante 12 anos Concelleiro do PP, pero e que calquera se equivoca, eu funo porque claro isto de que tes un tío na casa que che vai desindo o que tes que ser eee…..cando só vas aos actos duns non ves máis alá pero, cando eu empesei a coñecer o PSOE dixen eu son Socialista…”

Hoxe foi ben divertido…

Seguireivos contanto…

P.A.M

O libro de Touriño

Onte pola tarde presentouse en Santiago o libro “Conversas con Emilio Pérez Touriño” de Manuel Lombao.

Pois ben, teño que confesarvos que lin un pouco e gustoume…, pensei que ía ser o típico libro tostón onde saen tantas siglas que ao final non ten enteras si o “prota” estaba metido en UPC, DCU, UDC, PSCL…ou en que clase de organización.

A presentación tamén estivo bastante ben, porque Manuel Lombao doulle un toque de: ” bueno, para que isto non sexa tan aburrido como soe ser habitualmente, voulle facer unhas preguntas ao Presidente que espero que conteste brevemente…”, e, Emilio Pérez, respostou dunha maneira bastante amena; porque aínda que él crea que non estiven atendendo, si o fixen, porque as mulleres temos a capacidade de facer duas ou incluso máis cousas a vez…Isto digoo porque cando saía dínxenlle ” está bastante ben o libro, eu xa lin case a metade”, e, él respostoume “eso que non é Domingo pola tarde” (xa que o autor había dito que era un libro que se podía ler nunha tarde chuviosa de Domingo).

Seguireivos contando…

P.A.C.T.A.A

Ola, ola…qué tal?

Xa levo moitos días sen entrar sequera no Blog, como vos podedes imaxinar non tiven nin un minuto para poder facelo.

Esta campaña está a ser dura e difícil porque hai que “lidar moitos toros”…pero só queda pensar positivo, cada acto é un día menos e polo tanto un pasiño menos para acadar a meta…

Onte estivemos pola manan na presentación da Candidatura en Pontevedra, en este acto estreouse en primicia a versión que fixo Xoel da “Pomba Dourada”, está bastante ben, admítense opinións… Xa pola noite fomos con Mar a unha homenaxe a Lestedo, había moita comida pero nada destacable a verdade….non vos recomendo o sitio porque non vale a pena.

E, hoxe Domingo, ala nos fomos a Lugo a un mitín con ZP, nada que reseñar ao respecto salvo que, estivo na liña dos últimos bah …ben…! E, tralo mitín ZP xunto con Touriño, Pepe Blanco e outras autoridades quedáronse a comer en Lugo, no sitio de sempre, o Hotel Jorge I, está ben, pero e que eu tampouco coñezo outro sitio en  Lugo para poder comparar. O mellor foi o menú, pulpo e carne o caldeiro…moi enxebre…

Como foi un día difícil gustaríame darlle as gracias moi especialmente a uns chicos e chicas que van na candidatura de Lugo porque con xente con eles é moito máis fácil facer o traballo.
Espero poder ter tempo e seguirvos contando…

P.A


 

Febrero 2009
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728  

Páginas

FOTOS

Interparlamentaria cos Albertos

Con ZP

Xantar de Nadal

Xantar de Nadal

Rúa do Pino

More Photos