Archivos para Enero 2009

O “contravídeo” ao do BNG de pre-campaña

“Eu son… Espartaco? Anxo Quintana?”

Recoméndovos un  “contravídeo” ao que presentou o BNG para a súa “pre-campaña”;….fixádevos nos efectos especiais e nas voces, seguro que vos recordan a alguén.

P.A

Que movida…

 

 
Levo xa varios días sen escribir nada, e, que entre as eleccións e a gripe non tiven tempo de nada, pero agora vou tomar un respiro para contarvos os actos do fin de semana pasado.

O Sábado tivemos o Comité Nacional máis interesante que se pode ter, o Comité onde se aproban as listas para o Parlamento de Galicia, que divertidas son as horas anteriores a entrar no Salón Obradoiro 2 do Hotel, todo son confabulacións entre o común dos mortais mentres dende “arriba”  se toman decisións que van a cambiar a vida dalgunhas persoas…,pero, que sería da vida sen a intriga e o misterio. En canto a miña opinión sobre as listas…, parece que vai nevar non????

O Domingo fomos  a Coruña, a unha sectorial, nada que destacar salvo, que bonita é esa cidade…, Javier Losada tena empatenada…

Onte  Luns tivemos Sectorial de Sanidade, bueno que pasada, xuntáronse nunha soa sala uns 200 facultativos médicos…e,  cando baixaban un grupiño deles polas escaleiras, eu comenteilles: “bueno, hoxe pódenos dar un infarto tranquilos non?,  e dime un deles: e logo?  respostolle eu: home e que con tanto médico malo será que non nos reanimen, e, a súa resposta foi ” mellor que o infarto nos de a nos e nos reanimes ti…”, xa vos podedes imaxinar o meu careto…e o que pensei foi “hai que ver como está a sanidade”…

Hoxe vamos a Pontevedra a unha Sectorial de Pesca…

Seguimos falando….

P.A

De estómago e corazón

Como xa todos saberedes…¡ESTAMOS EN PRECAMPAÑA! que se diferencia da campaña basicamente en…..NADA, bueno si, en que na campaña pídese o voto e na precampaña dise que se vai a pedir, é cuestión do tempo dos verbos…

Pois ben, este fin de semana pasado estivemos en Vigo e logo fómonos para Ourense; que pracer é ir sempre a Ourense, hai unha xente marabillosa como son Osorio, Lalo, María, Bea, Conchi….que gusto da traballar con eles…bueno, e tamén saír de viños e pinchos, nos fixémolo un ratiño o Sábado pola noite, logo de visitar o Pavillón, facía un frío de mil demos, pero metémonos nunha tasca “O Perico” na que comemos moi ben e onde probei o mellor flan de queixo que xamais había comido…e, foi ahí onde  falamos dos blogs, Blas vai facer o diario de campaña e eu como sempre vou levar a parte “rosa” a que bautizamos como “estómago e corazón”.

Para o estómago recomendarvos o cocido de A Cañiza, boísimo, e para o corazón contarvos que ZP estaba guapísimo pero, iso si, non lle viña mal o cocido da Cañiza.

Seguiremos xuntos…e, por certo deíxovos o cartel que anunciaba o mitín…”precioso”

P.A

Pistoletazo de saída

SEÑORES E SEÑORAS, COMEZA O ESPECTÁCULO….

O VINDEIRO DOMINGO EN OURENSE MITIN CON ZP AS 12:00 H. NO PABELLÓN DOS REMEDIOS.


 

Enero 2009
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Páginas

FOTOS

Interparlamentaria cos Albertos

Con ZP

Xantar de Nadal

Xantar de Nadal

Rúa do Pino

More Photos