Archivos para Noviembre 2008

“GOSPEL 3″ Gracias a Ánxela e Carlos

Dende o Domingo pasado tiña moitas ganas de presentarvos a tres cantantes marabillosas, tratase de GOSPEL 3, de modo que,  pedinlle a Patricia, a rapaza que edita os vídeos no partido que me pasara o enlace do Acto “30 VOCES MASCULINAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”, pero o corte do vídeo chegou antes as mans de Blas, de modo que vai ser él, polo que me comentou o que faga un post  coa actuación do Domingo.

Por iso recoméndovos que non volo perdades cando o publique Blas, porque, realmente valen a pena!

Eu, déixovos un enlace ao que podedes acceder por si tendes curiosidade… e, aproveito para darlle as gracias a Anxeliña e Carlos que foron quen nolas recomendaron, xa que, actuaron na súa voda… GRACIAS

http://www.myspace.com/gospel3

O libro dos meus recordos

 

 

 

Con catorce anos un día na Biblioteca do Instituto, case sin querer, visualicei un libro, pequeno, gastadiño e ínfimo…pero cun título que me chamou moito a atención, era “Eva Luna” de Isabel Allende.

Collino, deixei os apuntes de Xeografía a un lado, e, xa nunca máis o deixei, está sempre nos meus recordos, por Eva Luna deixaba as horas libres na cafetería, co que molaba aquelo de estar cos amig@s tomando algo e charlando de “nada”, os recreos…, e, as horas de estudio. Ía para a biblioteca, pero, que pouquiño durou…porque o enganche fixo que o lera nunha semaniña escasa…

Despois deste libro, a pesar de que son consciente de que non é unha gran novela, nunca outro me emocionou tanto, quizais porque,  con catorce – quince anos hai esceas que se quedan para sempre na memoria.

Deixovos o incio e un pequeno fragmento que vos axudará a ver porque me enganchou este libro…

 ”Me llamo Eva, que quiere decir vida, según un libro que mi madre consultó para escoger mi nombre. Nací en el último cuarto de una casa sombría y crecí entre muebles antiguos, libros en latín y momias humanas, pero eso no logró hacerme melancólica, porque vine al mundo con un soplo de selva en la memoria. Mi padre, un indio de ojos amarillos, provenía del lugar donde se juntan cien ríos, olía a bosque y nunca miraba al cielo de frente, porque se había criado bajo la cúpula de los árboles y la luz le parecía indecente…”

…….El placer me erizó la piel y me endureció los senos.
Caí en cuenta que nunca había estado tan cerca de nadie y que llevaba siglos sin recibir una caricia. Tomé su cara, me aproximé con lentitud y lo besé en los labios largamente, aprendiendo la forma extraña de su boca, mientras un calor brutal me encendía los huesos, me estremecía el vientre.
Tal vez por un instante él luchó contra sus propios deseos, pero de inmediato se abandonó para seguirme en el juego y explorarme también, hasta que la tensión fue insoportable y nos apartamos para tomar aire.

-Nadie me había besado en la boca, murmuró él.
-Tampoco a mí.

Y lo tomé de la mano para conducirlo al dormitorio….

 P.A

Nacido cunha “flor no cu”

Dende que Mar Barcón se converteu na Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE levamos un periplo de xuntanzas con Agrupacións e Comarcas para coñecer de primeira man as súas inquedanzas.

Este Mércores estivemos na Agrupación Municipal de Miño, e alí, entre outras cousas falouse de algo que nos deixou perplexos a todos. Trátase do “macrosalario do Alcalde”, xa que o Edil deste pequeno concello  cobra a friolera de 60.000 € ao ano (que é o mesmo que cobra, por exemplo, o Alcalde de Ferrol). Pero,  que perciba esta cantidade non sería tan grave si se dedicase ao Concello alomenos  seis días a semana, oito horas o día, pero non, porque tan só está no seu posto, segundo nos contan os nosos compañeiros, uns tres días a semana, como moito, e, pode ser certo todo isto vendo a situación actual neste Concello.

E tod@s nos indignamos un pouco cando escoitamos este tipo de novas, pero, sexamos realistas, quen de nos non coñece a alguén que naceu como se soe dicir “cunha flor no cu” , que, a pesares de ser moi pouco válid@ e incluso preguiceir@ ou inútil cobra un gran salario, e, sen embargo, outras persoas realmente boas no seu posto cobran miserias, tod@ coñecemos casos, así que  ¿por que nos escandalizamos cando nos contan algo como o deste Alcalde?  ¿Por que?

En todos lados “se cocen fabas”.

P.A

Intento de secuestro de “El Jueves” pola Duquesa de Alba

 

 

Pobre “El Jueves” non da gañado para disgustos cos intententos continuos de secuestro, esta vez é a Duquesa de Alba a que o intenta, e non é para menos porque mira que sae mal a pobre, xa podían haber utilizado o photshop como fan con Ana Obregón e Isabel Preysler…

P.A

Sinto a reiteración “pero mira que é ignorante a tía…”

Deixovos as declaracións da Concejala de Santa Cruz en relación co video anterior…é como se soe decir ” non hai peor cego que o que non quere ver”…

http://wwww.eldia.es/2008-11-06/santacruz/santacruz3.htm

P.A

A “CONCANETACIÓN” da ignorancia – Ver video -

Déixovos un vídeo que non ten desperdicio.
 
Nel compróbase como unha Concejala de Santa Cruz non sabe o que é unha ONG.

Pero a súa peor ignorancia como persoa non é non saber que é unha ONG, si non, culpar as persoas que fixeron o informe da súa ineptitude…o que é, sen dúbida, moito máis grave.

Isto funciona así, si todo sae ben, son “marabillosa” pero si sae mal “os meus subordinados” que non teñen nin idea….que manía teñen algunhas persoas de culpar aos que lles fan o traballo da súas propias miserias…..

Ah, e non vos perdades a “concanetación do Alcalde”

P.A

Un negro na Casa Blanca, unha muller na Presidencia?

 

Esta madrugada escribiuse un “hito” na historia mundial e, sobre todo, en EEUU, o primeiro negro que chega á Casa Branca como presidente desta gran nación.

E que bonito sería poder soñar coa idea de que algún día unha muller ocupe a Presidencia da Xunta ou do Goberno de España……..pero, que triste é ter que soñalo……..posto que os soños non son realidade.

Loli (esto xa sabes porque o digo)

 P.A

O bonito da “nosa fala”

Eu con Alejandro Rodríjes

 

 

A semana pasada o meu Javiere, Blas e eu acudimos á Asemblea convocada en Vimianzo, un sitio, para aqueles que non o coñezades sito na Costa da Morte, na estrada de Cee á A Coruña.

Pois ben, cóntovos isto porque alí lidera o partido e o Concello o Alcalde, sen dúbida, máis peculiar que coñecín dende que estou no Partido, el é Alejandro Rodríguez (Alejandro Rodrijes) para os que somos de por alí. Ben, pois este edil é peculiar, entre outra moitas cousas, porque xa ten 70 anos e non cambiou nada dende que entrou na Alcaldía ata o día de hoxe, e fala o galego da zona, non tenta normalizar o vocabulario se non todo o contrario, algo que por un lado é moi de agradecer pero que por outro resulta moi chocante nun Alcalde destes tempos.

É desas persoas que usa palabras como Outamento (Concello), dinidade (dignidade)…. o cal me leva a pensar nos meus estimados veciños de Mazaricos, e en min mesma, e nese vocabulario tan peculiar que se utiliza en cada recuncho de Galicia e que en ocasións tanta gracia nos fai, así na miña terra vamos a “jilesia “ (Igrexa), facemos vaos de “colitro” (eucalipto) e na Pereira hai unha “rotonta” ou “rutonda” (rotonda), pagamos con “ouros” (euros) e tantas e tantas outras palabras que si nos paramos a pensar son boísimas…

E, para reivindicar a nosa lingua gustaríame que me contaredes expresións deste tipo que vos fagan especial gracia pola súa peculiaridade.

Este post vai dedicado a “queso” (queixo)

P. A


 

Noviembre 2008
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Páginas

FOTOS

Interparlamentaria cos Albertos

Con ZP

Xantar de Nadal

Xantar de Nadal

Rúa do Pino

More Photos