
Este é o meu primeiro post, e me gusta este día para inaugurar o blog, posto que, hoxe é o Día Internacional das Mulleres Rurais. Que raro soa verdade? “MULLERES RURAIS”, e isto porque sempre oímos falar da “MULLER COSMOPOLITA”, en fin, que distinción tan pouco afortunada dende o meu punto de vista.
Eu que nacín nun ámbito “rural”, nun sitio que se chama Cuiña, en Mazaricos, só coñecín un tipo de muller: a que se levantaba as 7 da mañá para muxir as vacas, que as 8 chegaba da cuadra para darlle o almorzo aos nenos para ir á escola, que volvía para as leiras a labrar a terra, e que nunha escapadiña viña facer o xantar, limpar a casa e lavar a roupa. Que pola tarde encendía a cociña de leña para que cando chegases da escola quentases os peíños, e pola noite facía a cea e aínda che contaba algún conto.
Esa muller que tiña que facer de pai e de nai porque o home estaba en Suiza, que ía comprar os zapatos aos nenos e o bandilón para ela, que che zurcía os calcetíns e che lavaba a cabeza con vinagre para que non tiveses piollos, e tiña trucos tan socorridos como meter uns carozos húmidos para ceder os zapatos…
Así que o meu primeiro pensamento escrito vai dedicado a miña nai, unha gran muller rural e a todas as que conseguiron sacar adiante as súas familias nun mundo moito máis difícil que o de agora.
P.A





Pensa rural, sempre¡¡
Noraboa polo teu baustismo blogueiro! Espero que nos adiques de cando en cando post tan interesantes coma este, gustoume.
Bicos
Non te pode simaxinar que alegría levo de verte xa por estes mundos.
Un biquiño moi grande para ti (e para o teu padriño Blas).
A ver como mantés o listón do blog, porque a primeira entrada é preciosa.
Yo he sido toda mi vida urbanita, viviendo en una gran ciudad de 200.000 habitantes, trabajando en otra de casi cuatro millones… hace un año vine a vivir a una aldea gallega, y ya siempre viviré en el rural. Lo tengo muy claro.
Benvida á blogosfera!
Non quero ser menos, nin máis, xa sabiamos que andabas pola rede a miúdo, agora tes un espazo propio. Benvida
Estes Días, e máis cando son Internacionais, danme pena. Xa que só se quedan neso, nun día.
De tódolos xeitos, aqueles que mamamos no rural, á primeira oportunidade que nos aparece recuncamos, e cando pasas por diante dunha casa á hora de facelo caldo, ¡cantas lembranzas!, e ao comer pan caseiro, uff. Daba traballo, sí!!, pero non había stress.
En fín e a fío do que dí José Luis Prieto, o que chega a coñecer o RURAL en toda a súa extensión, queda enganchado. É unha filosofía de vida.
E as mulleres son, sodes, o eixo.
Unha aperta.
Felicidades, Eva! eu son unha renegada do legón…que manía lle teño á recolleita de patacas e outras labores que fixen de nena…agora non hay pementos como os da leira de miñana. ¡unha que é contradictoria!
Saudos
Noraboa polo texto da muller rural, seguro que a túa nai está moi orgullosotis de tí. Nunca deixes de ser eviña, ainda que respires aire con pouco helio. bso.
Acabo de descubrir tu blog!!! agregada quedas!
muaaaak!
Se cando ti naciches tua nai non tiña nin vacas. E t. eu pai o unico que coñece de suiza, e o que lle contaban os demais.
É certo, nos nunca tivemos vacas e meu pai estivo en Barcelona e non en Suiza,pero eu neste post falo das mulleres en xeral, das mulleres rurais da miña zona e non só da miña familia.