Seguindo coa costume habitual de escribir sobre historietas, hoxe vouvos a contar como descubrimos o “ingrediente secreto da Coca-Cola” dentro dunha botella de auga desta compañía, e, de paso espero que nos sirva para ver que non é ouro todo o que reluce e que as grandes compañías en realidade cometen os mesmos erros ou máis que calquera “champanillas”que andamos polo mundo.
Pois ben, hoxe fomos a comer a un dos sitios habituais os que vamos sempre, e co cal por certo estamos encantandos, sobre todo pola atención que nos presta sempre Jhony, o seu encargado, e Dieguiño e Blas pediron auga, que a quen se lle ocurre todo hai que dicilo, e cando xa o pobre Diego levaba media botella bebida. Blas decatouse de que había algo dentro da botella, tratábase dunha especie de alame enroscado. Eu pensei que Diego nos morría xa alí do asco, pero no, de momento sigue vivo e fornido como sempre, maña xa veremos.
P.A












Comentarios recientes